Pedro Mariño

arquitecto español

Pedro Mariño y Ortega, nado en Benavente en 1865 e finado en 1931 na Coruña, foi un arquitecto residente en Galicia encadrado no eclecticismo, autor do Pazo Municipal da cidade da Coruña.

Pedro Mariño
Nacemento1865
Lugar de nacementoBenavente
Falecemento1931
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
Coñecido porPalacio de María Pita
editar datos en Wikidata ]
Pazo Municipal da Coruña na praza de María Pita, de Pedro Mariño.

Traxectoria editar

Estudou arquitectura en Madrid, carreira que rematou en 1892.[1] Dous anos despois instalouse na Coruña como arquitecto municipal, cargo que ocupou o resto da súa vida.[1] Foi considerado coruñés de adopción por traballar nesa cidade gran parte da súa vida. Nesa cidade casou con Isabel Caruncho.[1]

Realizou numerosas obras na cidade herculina desde finais do século XIX. Aínda que o carácter da maioría das súas edificacións adscríbenno ao eclecticismo, proxectou algunhas construcións de estilo modernista. Foi o caso das Escolas Municipais "Curros Enríquez" e "Concepción Arenal", na década de 1910, que non chegarían a edificarse.

 
Casa do Sol, na Coruña.

A súa obra máis importante foi o proxecto do Pazo Municipal da Coruña (1901), que preside a praza de María Pita, construído entre 1904 e 1912. Porén, tratouse dun proxecto que sufriu diversos cambios respecto ao orixinal. A planificación adoptada en principio mantívose, pois conserváronse as tres plantas coroadas por un ático central. Este, xunto cunha torre na mesma vertical do ático relativamente elevada, máis o estiramento en altura que imprimiu á cúpula na solución final, serviron de eixo focal onde converxe a atención de quen o observa. A acumulación decorativa nesa mesma zona contribuíu aínda máis a salientar o mesmo efecto.

 
Casa Jesús Fernández, na Coruña.

Cando en 1910, o arquitecto Julio Galán Carvajal obtivo un posto oficial no municipio de Oviedo e abandonou A Coruña, Mariño viuse na obriga de continuar a denominada "Casa Rey", que ficara inconclusa, para o que respectou escrupulosamente os proxectos.

Entre 1913 e 1920, concluído o Pazo Municipal, Mariño apenas edificou. Dedicouse a atender as crecentes obras de infraestrutura da cidade e ao mantemento dos predios de propiedade municipal. Foi tamén un dos organizadores do Congreso de Arquitectura en Galicia en 1928.[1]

Obras destacadas editar

 
Antigas escolas municipais da Coruña.

Estilo ecléctico editar

Estilo modernista editar

  • Escolas municipais, rúa do Orzán, nº 21 (1906).

Outras editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Barreiro Rey, Ramón ; Varasa Sobrino, Luís, La Coruña y su arte: desarrollo urbano y su manisfestación artística. A Coruña. 1989
  • Fernández Ferreiro, Xosé, O arquitecto Pedro Mariño Ortega (1865-1931). Vigo. 1996.
  • Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9. 
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 237.