Julio Galán Carvajal
Julio Galán y González Carvajal, nado en Avilés (Asturias) o 22 de decembro de 1875 e finado en Oviedo en decembro de 1939 foi un arquitecto que realizou a maior parte da súa obra en Galicia e Asturias.
Julio Galán Carvajal | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1875 |
Lugar de nacemento | Avilés |
Falecemento | decembro de 1939 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | arquitecto |
Fillos | Julio Galán Gómez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou arquitectura en Madrid onde se graduou en 1900. O seu primeiro traballo foi como arquitecto municipal en Trujillo, pero ao quedar libre a praza de arquitecto provincial da Coruña trala morte de Faustino Domínguez Coumes-Gay gañou a praza en 1901. Tamén foi arquitecto diocesano de Santiago de Compostela. Na Coruña naceu o seu fillo, o tamén arquitecto Julio Galán Gómez.
En 1911 foi nomeado arquitecto municipal de Oviedo, cargo que ocupou ata 1921. Seguiu residindo na cidade de Oviedo ata a súa morte.
En 1991 o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia creou o Premio de Arquitectura Julio Galán Carvajal.[1]
ObraEditar
Galán Carvajal é considerado un dos introdutores do modernismo en Galicia, realizando obras como a Casa Rey e o Pazo de Xustiza da Coruña (sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia). Foi o autor das Casas do Concello de Carballo e Ribeira, derrubadas ambas as dúas na década de 1970. En Asturias deseñou o Círculo Mercantil ou a colonia do Marqués de San Feliz.
GaleríaEditar
Casa Rey na avenida da Mariña (A Coruña)
Casa Viturro na praza de Lugo (A Coruña)
Edificio na rúa de Juana de Vega (A Coruña)
Casa Cabanela, na praza de Santo André (A Coruña)
NotasEditar
- ↑ COAG, ed. (24 de maio de 1991). "I Premio Julio Galán Carvajal. Acta del jurado" (PDF) (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2014.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- González Fernández, José David. Dos obras perdidas del arquitecto Julio Galán.
- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.
Ligazóns externasEditar
- Rubiera, P. (23 de decembro de 2012). La Nueva España, ed. "Dos maestros arquitectos" (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2014.
- Suárez, Salomé (20 de abril de 2008). La Nueva España, ed. "El arte del buen construir" (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2014.
- Turismo Coruña (ed.). "A arquitectura modernista". Consultado o 1 de novembro de 2014.