Palacio de María Pita

edificio sede do Concello da Coruña

O palacio de María Pita, ou tamén pazo de María Pita,[1] é un edificio de estilo ecléctico que ocupa a fronte norte da praza de María Pita, na cidade da Coruña. Proxectouno o arquitecto Pedro Mariño e construíuse entre os anos 1904 e 1912. Atópanse nel diversas dependencias administrativas do Concello, o Salón de plenos, os despachos do Alcalde e dos concelleiros e o Museo do Reloxo. Tamén é chamado Palacio Municipal.

Palacio de María Pita
Fachada do palacio municipal.
Tipopalacio e casa do concello Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura ecléctica Editar o valor en Wikidata
Uso(s)Sede do concello
Localización
Mapa
 43°22′N 8°24′O / 43.37, -8.4
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloA Coruña Editar o valor en Wikidata
Rúapraza de María Pita Editar o valor en Wikidata
Código postal15001 Editar o valor en Wikidata
EnderezoPraza de María Pita, 1,
15001, A Coruña
Datas
Inicio construción1904
Remate construción1912
Fundación1912 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
PropietarioConcello da Coruña Editar o valor en Wikidata
ArquitectoPedro Mariño Editar o valor en Wikidata
OcupanteConcello da Coruña Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Sobre a súa arcada ten escrito en castelán:

Casas consistoriales de la muy noble y muy leal ciudad de La Coruña, cabeza, guarda y llave, fuerza y antemural del Reino de Galicia.[2]

Descrición

editar

O palacio é un edificio de estilo ecléctico, inspirado no neoclasicismo e na ampliación do palacio do Louvre de Napoleón III.[3] Os soportais dan acceso a un amplo vestíbulo con dúas escaleiras. As torres están recubertas de cinc e baixo a torre do reloxo atópase o escudo da cidade e catro cariátides que representan as provincias galegas.[4]

Historia

editar

Dende o século XVI a sede do concello da Coruña estaba situada nunha casa da praza da Fariña, mais en febreiro de 1837 trasladouse ao número 23 da rúa da Franxa, abandonando a Cidade Vella. Non obstante o 9 de marzo dese mesmo ano, unha real orde propiciou o traslado ao que fora convento de Santo Agostiño, acaroado á igrexa de San Xurxo, do que tomaron posesión o 13 de decembro de 1838.[3]

Tralo decreto que permitía o derrubamento das murallas, o arquitecto Faustino Domínguez Domínguez deseñou unha praza na que destacaba o edificio que serviría de sede ao consistorio. Finalmente as obras do palacio non se iniciaron ata o comezo do século XX, xa segundo o proxecto de Pedro Mariño.[3]

Galería de imaxes

editar
  1. "María Pita acolleu a primeira reunión Ferreiro-Caballero". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2018. Consultado o 29 de novembro de 2018. 
  2. En galego, "Casas consistoriais da moi nobre e moi leal cidade da Coruña, cabeza, garda e chave, forza e antemural do Reino de Galicia".
  3. 3,0 3,1 3,2 Fernández Fernández, Xosé. El ayuntamiento y la plaza de María Pita de La Coruña. Recortables de La Coruña. 
  4. Ficha en Turgalicia.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Fernández Fernández, Xosé. Historia del Ayuntamiento de La Coruña. Biblioteca Coruñesa (en castelán). Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-36-6.