Faustino Domínguez Domínguez

arquitecto español

Faustino Domínguez Domínguez nado en 1811 en Villamañán (León) e finado na Coruña en 1890, foi un arquitecto que viviu e desenvolveu a meirande parte dos seus proxectos na Coruña.

Modelo:BiografíaFaustino Domínguez Domínguez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1811 Editar o valor en Wikidata
Villamañán, España Editar o valor en Wikidata
Morte1890 Editar o valor en Wikidata (78/79 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosFaustino Domínguez Coumes-Gay Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou arquitectura na Academia de Belas Artes de San Fernando, sendo educado no clasicismo academicista. A finais dos anos trinta estableceuse na Coruña, onde casou en 1843 con María Luísa Coumes-Gay Pulleyro e coa que tivo dous fillos: José e Faustino.

En 1846 foi nomeado arquitecto provincial interino da Coruña.[1] Un dos seus primeiros e máis importantes traballos como arquitecto provincial foi a elaboración dos planos e os orzamentos dos cárceres públicos de varias vilas galegas. Algúns destes proxectos non chegaron a realizarse como o de Betanzos, mentres outros si se fixeron realidade como os de Carballo, Ortigueira ou Pontedeume. En 1859 foi nomeado arquitecto titular, posto que ocupou ata a súa morte.[1]

É de destacar tamén a autoría do chamado Pazo Provincial na coruñesa rúa Rego de Auga, que foi ata finais do século XX sede da Deputación Provincial da Coruña. Recibiu varios galardóns polos seus proxectos arquitectónicos na Exposición Rexional de 1858 e na de 1875, celebradas en Santiago de Compostela,

Asumiu a presidencia da Real Academia Galega de Belas Artes en 1879. O seu sucesor á fronte desta institución foi o seu fillo Faustino Domínguez Coumes-Gay, que foi un dos máis importantes arquitectos galegos do século XIX.

Galería

editar
  1. 1,0 1,1 Fernández Fernández, Xosé. Miscelánea coruñesa (en castelán). Librería Arenas. p. 134. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Caínzos, Alexandre (1995). "O cárcere do partido xudicial de Pontedeume". Cátedra (2). ISSN 1133-9608.