Rúa de San Andrés (A Coruña)
A rúa de Santo André[1] ou de San Andrés[2] é unha rúa da Coruña situada no barrio da Pescaría[3].
Rúa de San Andrés | |
---|---|
Igrexa Castrense de Santo André | |
Tipoloxía | rúa |
Dimensións | |
Lonxitude | 0,63 km |
Localización | |
Inicio | Rúa Estreita de San Andrés |
Fin | Praza de Pontevedra |
Localidade | A Coruña |
Como chegar | |
Bus | |
Circulación | |
Tránsito | Peonil e rodado |
Confluencias principais
|
Está situada entre a rúa Estreita de San Andrés e a praza de Pontevedra e foi unha das principais vías de comunicación entre a Cidade Vella e as zonas novas de expansión da cidade.[1]
Historia
editarA rúa de San Andrés recibe o seu nome do antigo Hospital de San Andrés, propiedade do gremio de mareantes. O hospital, situado onde se atopa a igrexa de Santo André, tiña unha igrexa anexa, e ambos os edificios foron destruídos durante o asedio de Drake en 1589.[4] O pórtico da igrexa foi instalado na muralla do Parrote, preto do Arquivo do Reino de Galicia.
A rúa aparece xa coa súa planta actual no plano de Juan Vergel de 1735. Porén, nesa época case non había edificacións e a rúa estaba máis próxima ao mar.
Entre 1840 e 1875 foi chamada rúa de Espoz y Mina e entre 1931 e 1936 rúa do Capitán García Hernández.
O 13 de outubro de 1900 foron asasinados no número 152 desta rúa un mozo de almacén e a súa esposa, crime que quedou sen resolver.[5][6]
Institucións e comercios
editarA rúa, situada no centro da cidade, tivo un uso principalmente comercial.[7] Ademais foi sede de varias empresas e institucións, como a sede central da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de La Coruña, que estivo situada nun edificio da rúa, demolido en 1969 para construír a actual oficina de Abanca.[8] Tampouco existe o edificio no que se instalou en 1895 a Real Unión Recreativa e Instructiva del Circo de Artesanos, ao trasladarse da rúa de Juana de Vega.
No número 9 estaba o estudio fotográfico do pioneiro do cinema José Sellier,[9] que dá nome a unha praza próxima,[10] e no 113 segue a existir a primeira tenda de comestibles aberta na cidade pola familia San Martín, unha das tendas máis antigas da cidade.[11]
No número 81 estivo ata 1963 o Hotel Europa, considerado un dos máis elegantes da cidade.[12]
Arquitectura
editarNa rúa de San Andrés consérvanse algúns edificios destacados:[13]
- Nº 7, de Julio Galán Carvajal (1908)
- Nº 53, de Faustino Domínguez Domínguez (1883)
- Nº 61, de Juan de Ciórraga (1890)
- Nº 67, de Faustino Domínguez Domínguez (1881)
- Nº 69-71, de Antonio López Hernández (1912), edificio modernista con galerías.
- Nº 101, sede de Telefónica, de José María de la Vega Samper (1928-1930), construído no soar onde estivera a Real Fábrica de Mantelería de La Coruña.
- Nº 151, Casas Formoso e Cés, de Santiago Rey Pedreira e Pedro Mariño (1930-1932), racionalista.[14][15]
- Nº 155, de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1931)
- Nº 14-16, de Bouza y Tredis (1863)
- Nº 18, de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1917)
- A igrexa de Santo André, de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1881-1884), templo neorrománico, construído por iniciativa de Eusebio da Guarda, enterrado aló coa súa dona Modesta Goicouría.[16] Diante da igrexa hai un cruceiro.[17]
- Nº 38, de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1944)
- Nº 68, de Ricardo Boán Callejas (1914)
- Nº 84, de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1930)
- Nº 100, Casa Solla, de Ricardo Boán Callejas (1912-1914), edificio modernista.
- Nº 118, edificio La Llave, de Antonio López Hernández (1910-1911), modernista.[18]
- Nº 120, de Julio Galán Carvajal (1908), coa fachada moi reformada.
- Nº 124, de Xosé Caridad Mateo (1935)
- Nº 140, de Juan de Ciórraga (1869)
- Nº 158-160, de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1930)
Na praza de Santa Catarina atópase unha fonte dedicada ao deus Neptuno, a máis antiga da cidade.[19][20]
Outras rúas
editarO nome de San Andrés aparece noutras rúas próximas:
- Boquete de San Andrés
Situada detrás da igrexa, nela atopáronse restos dun cemiterio.[21]
- Rúa Estreita de San Andrés
Foi chamada tamén Angosta de San Andrés e Pozo. No número 11 existe un edificio de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1885) e no número 2 situábase a Casa Palacio da Cooperativa Cívica Militar, do século XVIII.[22]
- Pórtico de San Andrés
Coñecida simplemente como rúa do Pórtico.
- Praza de San Andrés
Coñecida anteriormente como praza da Fonte de San Andrés e praza do Xeneral Mola.[23]
Pechando a praza está a Casa Cabanela, edificio de Julio Galán Carvajal (1910-1911), inspirado pola obra dos arquitectos austríacos Gangl e Stigler e do belga Paul Hankar.[24][25] No centro localízase a fonte da Fama ou do Anxo, deseñada por Fernando Domínguez Romay en 1791 e cunha estatua de Antonio Pernas que representa a deusa Fortuna.[20] Orixinariamente estaba situada nunha praza na confluencia de Rego de Auga e a Mariña, de onde foi trasladada en 1882, e dá nome á rúa da Fama.[26]
- Travesía de San Andrés
Coñecida tamén como Travesía do Patín.
Galería de imaxes
editar-
Nº 7
-
Nº 53
-
Nº 69-71
-
Edificio da Telefónica (Nº 101)
-
Fonte de Neptuno
-
Nº 18
-
Nº 38
-
Nº 68
-
Casa Solla (Nº 100)
-
Edificio La Llave (Nº 118)
-
Nº 120
-
Nº 124
-
Nº 158-160
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 A Coruña 1891-1895
- ↑ Igrexa Castrense de San Andrés
- ↑ Cultura Coruña
- ↑ "De capilla para pescadores a templo de los militares". La Voz de Galicia. 29 de novembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ El crimen de la calle San Andrés Arquivado 31 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Crímenes que dejaron huella (en castelán)
- ↑ Uno de cada cinco locales de las principales calles comerciales está vacío
- ↑ "Las luces y las sombras de la caja de ahorros". El Ideal Gallego (en castelán). 31 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ Castro de Paz, José Luis; Folgar, José María. "José Sellier, pionero cineasta gallego". Cervantes Virtual (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ "El Concello dedica una plaza al cineasta José Sellier". La Opinión de A Coruña (en castelán). 24 de xullo de 2013. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ Lorenzo, Ana (7 de febreiro de 2016). "Os sobreviventes do comercio coruñés". La Voz de Galicia. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ González Catoyra, Alfonso (1994). Cronología coruñesa 1901-1993 (en castelán). p. 414.
- ↑ "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ Do.Co.Mo.Mo. Ibérico
- ↑ Meijide Quintillán, Iria (2015). "La construcción del espacio racionalista de A Coruña" (PDF). Tracería (1). Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ Igrexa Castrense de Santo André
- ↑ Cruceiro da rúa de San Andrés en Turgalicia
- ↑ Silveira, E. (16 de xullo de 2006). "La policía precinta el edificio La Llave tras caer cascotes de su fachada". La Voz de Galicia A Coruña (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 14 de febreiro de 2016.
- ↑ Fonte de Neptuno en Turgalicia
- ↑ 20,0 20,1 Las fuentes coruñesas con más solera
- ↑ Confirman que parte de los restos hallados en San Andrés son humanos
- ↑ "La Casa Palacio de la Cooperativa, un edificio emblemático desaparecido". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2018. Consultado o 01 de maio de 2018.
- ↑ "Hoxe mudamos as cores sinistras pola policromía coruñesa que representa Álvaro Cebreiro"
- ↑ Una fotografía cargada de recuerdos
- ↑ El edificio de Labase en San Andrés se quedará vacío
- ↑ Calle de la Fama, la cuna de la Fuente de San Andrés
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
editar- García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4.
- Iglesias Martelo, Vicente (2008). La calle de San Andrés (en castelán). Librería Arenas. ISBN 978-8495100580.
Ligazóns externas
editar- Historia de la Zona Obelisco Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Pousa, Luís (7 de xuño de 2014). "San Andrés es Nueva York". La Voz de Galicia. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- La San Andrés que perdura en la memoria (en castelán)