Avenida da Mariña
Coordenadas: 43°22′11″N 8°23′58″O / 43.369665287833, -8.3995234377198
A avenida da Mariña[1][2][3] é unha rúa da Coruña situada no barrio da Pescaría da cidade.
Avenida da Mariña | |
---|---|
Tipoloxía | avenida |
Localización | |
Inicio | rúa de Luchana |
Fin | Cantón Grande |
Localidade | A Coruña |
É habitual denominar avenida da Mariña a toda rúa entre a Porta Real e o Obelisco, aínda que o tramo entre a Porta Real e a rúa Luchana recibe o nome de avenida de Montoto, en honra a Lorenzo Montoto, un dos comandantes que defenderon a cidade fronte ao ataque de Drake en 1588.[4]
A avenida dá nome á dársena da Mariña[5] e á travesía da Mariña, que une a avenida coa rúa Real.
Historia
editarA avenida da Mariña ten a súa orixe no recheo que se fixo en 1858 para ampliar o porto coruñés. Ata ese momento o mar e os barcos chegaban case ata os edificios, o que podería dar o nome á rúa.
En 1922 denominouse avenida de Afonso XIII e entre 1931 e 1936 pasou a ser a avenida da República. En 1937 aprobouse unificar a avenida da Mariña coa de Montoto, mais o proxecto non se levou á práctica.
Durante o franquismo intentouse identificar o nome da avenida co da Mariña Española, polo que se colocou un monólito ao comezo da avenida.[6]
Dende 2006 existiron proxectos de peonalización, levando o tráfico por un túnel.[7][8] A remodelación finalmente rematou en 2016[9] e no proceso foi derrubado o edificio de Sanidade.[10]
Arquitectura
editarNa área da avenida da Mariña sitúanse as casas con galerías máis coñecidas da Coruña. O conxunto, que deu á cidade o seu sobrenome de “Cidade de Cristal” construíuse en dúas fases, entre 1870 e 1876 e entre 1879 e 1884, e as súas fachadas principais están na rúa Rego de Auga e na praza de María Pita.[11] O deseño dos soportais débese ao arquitecto municipal Juan de Ciórraga.[12]
Entre estes edificios destacan as galerías deseñadas por Gabriel Vitini e a Casa Rey, obra modernista de Julio Galán Carvajal.[13]
Na avenida da Mariña consérvanse outros edificios destacados:[14]
- Dente de ouro, de Leoncio Bescansa (1926-1927), denominado así porque brillaba en medio das galerías brancas.[15]
- Teatro Rosalía de Castro, do século XIX
- Casas de Paredes, de Pedro Martín Cermeño (1778)
- Edificio da antiga Aduana (1779, reformado en 1846 por Faustino Domínguez Domínguez), actual sede da Subdelegación do Goberno.
- Casa Obanza, de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1884).[16]
- Casa López Abente (n.º 28), de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1927-1932)
- Edificio Martín Villardefrancos (n.º 73), de Andrés Fernández-Albalat (1961)
- Edificio do Casino e Banco Central, de Andrés Fernández-Albalat e Luis de Sala (1969)
- Sede de Correos, edificio art déco de Joaquín Otamendi e Luis Lozano (1930)[17]
- O Teatro Colón, de Jacobo Rodríguez-Losada Trulock (1945).
Ata principios do século XX estivo na avenida a fonte da Fama, actualmente na praza de Santo André. Outros edificios desaparecidos da avenida foron o Teatro Circo Coruñés (1885-1901), no que tivo lugar a primeira proxección de cinema en Galicia, e o Teatro Circo Emilia Pardo Bazán (1903-1915).
Galería de imaxes
editar-
Casa Rey, de Julio Galán Carvajal
-
Galería de Gabriel Vitini Alonso
-
Teatro Rosalía de Castro dende a Mariña
-
Autoridade portuaria
-
Teatro Colón
-
Casa da Aduana, sede da subdelegación do goberno
Notas
editar- ↑ O Goberno local establece mañá…
- ↑ O concello renovará o pavimento da avenida da Mariña
- ↑ Compañía de Tranvías
- ↑ Avenida de Montoto: El capitán del que nadie se acuerda
- ↑ O goberno local propón a instalación dun banco corrido na dársena da Mariña
- ↑ La marina: La calle más fotografiada
- ↑ La peatonalización quedó pendiente
- ↑ La peatonalización total de la Marina está a la espera del túnel de O Parrote
- ↑ "El centro de A Coruña vuelve a ser de los peatones tras diez años de espera". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2017. Consultado o 02 de setembro de 2017.
- ↑ El presidente de los arquitectos censura el derribo del edificio en Sanidad de la Marina
- ↑ Turismo Coruña
- ↑ La luminosa fachada de la “Ciudad de cristal”
- ↑ Arquitectura modernista
- ↑ "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ A arquitectura modernista
- ↑ "La huella de un ecléctico". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2015. Consultado o 02 de setembro de 2017.
- ↑ Arquitectura postal. A Coruña
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
editar- García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4.
- Padín Panizo, Ángel (1997). La Coruña: sus barrios y sus calles (en castelán). Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-29-3.
Ligazóns externas
editar- Historia de la Zona Obelisco Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.