Faustino Domínguez Coumes-Gay
Faustino Domínguez Coumes-Gay, nado na Coruña o 31 de agosto de 1845 e finado na mesma cidade o 17 de xullo de 1900 foi un arquitecto galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1845 A Coruña, España |
Morte | 17 de xullo de 1900 (54 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Familia | |
Pai | Faustino Domínguez Domínguez |
Traxectoria
editarFillo do arquitecto Faustino Domínguez Domínguez e de María Luisa Coumes-Gay, en 1861 ingresou na escola de Arquitectura de Madrid, obtendo o título de arquitecto en 1867.[1] Entre 1868 e 1870 foi arquitecto municipal de Ferrol, antes de volver a Madrid. Casou na Coruña con Sabina de la Cámara Bayou.[1]
En 1879 volveu definitivamente a Galicia, ocupando o posto de arquitecto municipal de Compostela (1879-1887) e provincial da Coruña. En 1890 substituíu o seu pai como presidente da Real Academia Galega de Belas Artes.
Obras
editarA súa obra responde aos estilos historicista e ecléctico. Destacan o instituto[2] e as Escolas da Guarda (1891), a reconstrución do Teatro Rosalía de Castro, as casas de esquina que creou na Coruña, Compostela e Ferrol, e o mercado municipal de Padrón.
Deseñou tamén a fachada que durante cen anos se empregou nos fogos do Apóstolo e a igrexa de Santo André da Coruña (1890), considerado o mellor templo neorrománico de Galicia.[3]
Galería
editar-
Instituto Eusebio da Guarda, A Coruña.
-
Pórtico do cemiterio británico de santo Amaro
-
Igrexa de santo André (1884-1890)
-
Casas no Ensanche da Coruña (1889)
-
Escolas da Garda (1891)
-
Teatro Jofre (1892)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Fernández Fernández, Xosé. Miscelánea coruñesa (en castelán). Librería Arenas. p. 133.
- ↑ "42 km, 42 edificios". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 11 de agosto de 2015.
- ↑ Navascués Palacio, Pedro; Gutiérrez Robledo, José Luis (setembro de 1990). Medievalismo y neomedievalismo en la arquitectura española. Ávila: Universidad de Salamanca.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alonso Torreiro, J. Luis. Los edificios de viviendas en la obra de Faustino Domínguez Coumes-Gay (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2015.
- Fernández, Carlos (27 de xullo de 2004). "La huella de un ecléctico" (en castelán). La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 11 de agosto de 2015.