Teatro Rosalía de Castro

institución cultural na Coruña

O Teatro Rosalía de Castro é unha institución cultural da cidade da Coruña, de titularidade municipal, xestionada polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) do Concello da Coruña e dirixido por Javier Sabadie Iglesias. Trátase dun centro de representación escénica situado no centro da cidade herculina, en plena Rúa Real e moi próximo á Praza de María Pita. Nas súas dependencias atópase tamén dende o 20 de maio de 1994, a Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña.

Teatro Rosalía de Castro
Localización de Teatro Rosalía de Castro en Galicia
Teatro Rosalía de Castro
Localización en Galiza
Enderezorúa Rego de Auga 37, 15003 A Coruña
CidadeA Coruña
PaísEspaña
Propiedade deConcello da Coruña
Capacidadede 628 a 712
Inauguraciónséculo XIX
Uso actualRepresentacións teatrais
Concertos
Na rede
https://www.coruna.gal/cultura/es/espacios/detalle-para-entidad/teatro-rosalia-castro/entidad/1150819583294?argIdioma=es
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

O edificio é un teatro do século XIX de estilo ecléctico. Dispón dun escenario de 150 metros cadrados e dunha capacidade de entre 628 e 712 localidades repartidas entre o patio de butacas e catro niveis, e que se encontran acondicionadas para albergar distintos tipos de espectáculos artísticos (música, danza, teatro etc).

Historia

editar
 
Acceso ao teatro.

A historia do emblemático edificio que alberga o Teatro Rosalía Castro, na céntrica rúa Rego de Auga (no número 37) remóntase ao ano 1838, cando o Concello da Coruña adquiriu o terreo edificable da antiga igrexa de San Xurxo para construír o teatro e emitiu unha subscrición pública de accións para realizar a devandita construción. As obras de construción do novo teatro finalizalo en 1841, ano no que se inaugurou o Teatro Nuevo ou Principal. En 1851 debutou no teatro o violinista Pablo Sarasate. En 1867 o teatro foi destruído por un incendio, sendo reconstruído en 1868.

O nome actual do teatro data de 1909, e en 1910 adaptouse para realizar proxeccións cinematográficas. En xuño de 1931 tivo lugar no teatro a Asemblea Rexional que se reuniu para aprobar o primeiro proxecto de estatuto de Galicia[1] e o 8 de decembro de 1935 acolleu un mitin organizado pola Confederación Rexional Galaica da CNT no que participaron Federica Montseny, Manuel Amil Barcia e Claro José Sendón.

O 20 de maio de 1994 instalouse nas súas dependencias a Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña.

  1. Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos (en castelán). A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar