Rúa Rego de Auga

Rúa da Coruña

Coordenadas: 43°22′14″N 8°23′50″O / 43.370599304891, -8.3971398705266

A rúa Rego de Auga[1] é unha rúa da Coruña situada no barrio da Pescaría da cidade. Dende 1998 é unha rúa peonil.[2]

Rúa Rego de Auga
Teatro Rosalía de Castro
Tipoloxíarúa
Dimensións
Lonxitude0,22 km
Formatopeonil
Localización
InicioPraza de María Pita
FinRúa Real

Historia editar

 
Vista nocturna

O nome da rúa indica que nela se recollían as augas da zona. A partir do século XVIII aparece castelanizada como “Riego de Agua”.[3]

Foi coñecida tamén como Luchana (nome que pasou a unha rúa perpendicular) e, entre 1926 e 1931, como Alcalde Manuel Casás. Ademais, na zona ocupada polo teatro Rosalía localizábanse a praza de San Xurxo (diante da parroquia homónima) e a praza da Verdura, empregada como praza de abastos.

No número 38 da rúa fundáronse en 1916 as Irmandades da Fala.[4][5]

Na rúa Rego de Auga estivo situada ata 1882 a fonte da Fama, logo trasladada á praza de Santo André. Deixou o seu nome á rúa da Fama.[6]

Veciños e negocios editar

En 1888 instalouse no número 6 a primeira central telefónica da cidade.

A existencia de negocios tradicionais fai que estean protexidos dous rótulos da rúa, o do Hotel Alborán e o da confeitería La Gran Antilla.[7] En 1926 fundouse La Fe Coruñesa, unha das tendas máis antigas da cidade.[8]

Arquitectura editar

Na rúa Rego de Auga existen varios edificios destacados:[9]

  • Os edificios que teñen a súa fachada principal nos números 3 ao 31 da rúa Rego de Auga e mais o número 1 da rúa Luchana constitúen o conxunto arquitectónico con galerías na fachada que dá á avenida da Mariña.
  • N.º 2, de estilo ecléctico
  • N.os 4, 6, 10, 14, 18-28, 34-50, 54, de arquitectura tradicional
  • N.º 12, de Juan de Ciórraga (1897)
  • N.º 16, edificio ecléctico da segunda metade do século XIX.
  • N.º 58, edificio de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés

Outro edificio salientable na rúa é o teatro Rosalía de Castro, sede tamén da biblioteca da deputación provincial da Coruña.

Galería editar

Notas editar

  1. Concello da Coruña
  2. "Asociación Zona Obelisco". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2016. Consultado o 07 de xullo de 2018. 
  3. García López 2009
  4. "Flores e memoria no espazo en que hai cen anos naceron as Irmandades da Fala". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2018. Consultado o 07 de xullo de 2018. 
  5. "Irmandades da Fala nos fondos da Academia". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2018. Consultado o 07 de xullo de 2018. 
  6. Fonte da Fama en Patrimonio Galego
  7. Solo 19 rótulos comerciales están considerados “elementos de interés”
  8. Traspaso de poderes para revivir un comercio
  9. "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar