Batalla de Luchana
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Coordenadas: 43°17′35″N 2°58′17″O / 43.2931, -2.97139
A batalla de Luchana (Lutxana en éuscaro) acaeceu en Bilbao e arredores o 23 e 24 de decembro de 1836, na zona limítrofe do actual concello de Bilbao co de Erandio, tras uns prolegómenos que se prepararon durante todo o mes. Foi unha das batallas máis decisivas da Primeira guerra carlista pois puxo remata ao segundo asedio de Bilbao
Batalla de Luchana | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Primeira guerra carlista | |||||||
Ataque á ponte de Luchana. Gravado de 1849. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Carlistas partidarios de Carlos Luís de Borbón |
Isabelinos partidarios de Isabel II de España | ||||||
Líderes | |||||||
Xeneral Villarreal | Xeneral Espartero |
Forma parte da Primeira guerra carlista e, polo tanto, os bandos belixerantes eran os seguidores do carlismo, que defendían os dereitos á coroa de Carlos María Isidro de Borbón e os liberais (tamén chamados cristinos ou isabelinos) que apoiaban os dereitos da futura Isabel II, que aínda menor de idade, tiña como rexente á súa nai María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias (muller do defunto Fernando VII).
Cronoloxía
editarO campo de batalla situouse no límite da antiga igrexa de Deusto e o municipio de Desierto-Erandio, nas beiras do río Asúa, que desemboca no Nervión á altura de Luchana-Erandio, fronte a Luchana-Barakaldo, na confluencia co tamén río Cadagua.
Os carlistas de Bilbao, sitos na beira esquerda do río Asúa, encontrábanse fortificados sobre o monte Enekuri; os seus contrafortes estaban no coñecido como monte Cabras, dominando desde esta altura o leito da ría e a chegada dos reforzos liberais desde o leito baixo do Nervión, desde Portugalete e a zona das Encartaciones, por onde chegaran a Biscaia desde Castela tras tomar Medina e Villarcayo, na provincia de Burgos. Por mor desa posición estratéxica, o control desta altura era vital no avance terrestre e fluvial até Bilbao.
Os liberais triunfaron sobre os carlistas e liberaron Bilbao.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lázaro Torres, Rosa María (1993). El poder de los carlistas. Evolución y declive de un Estado. 1833-1839. (en castelán). Autoedición. ISBN 84-604-6471-7.
- Segundo Flórez, José (1845). Espartero. Historia de su vida militar y de los grandes sucesos contemporáneos (en castelán). Madrid: Sociedad Literaria.