Carlos Luís de Borbón

Carlos Luís de Borbón, nado en 1818 e finado en 1861, fillo de Carlos María Isidro de Borbón e María Francisca de Braganza foi pretendente carlista ao trono de España co nome de Carlos VI, coñecido tamén como conde de Montemolín.[1]

Carlos Luís de Borbón
Infante Carlos, Count of Montemolin.jpg
Nome completoCarlos Luis de Borbón y Braganza
Nacemento31 de xaneiro de 1818
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento13 de xaneiro de 1861
Lugar de falecementoTrieste
SoterradoTrieste Cathedral
NacionalidadeEspaña
PaiCarlos María Isidro de Borbón
NaiMaría Francisca de Braganza
CónxuxeMaria Carolina de Bourbon-Duas Sicílias
IrmánsXoán, conde de Montizón e Fernando de Bourbon e Bragança
PremiosCabaleiro da orden do Espírito Santo, Cabaleiro da Orden de San Miguel, Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro e Gran Cruz da Orden de Carlos lll
Na rede
WikiTree: Bourbon-257
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en Madrid e pasou a adolescencia e mocidade no exilio en Portugal e Gran Bretaña. Durante a Primeira Guerra Carlista estivo na fronte do norte acompañando ao seu pai, e tras a fin da guerra estableceuse en Francia co seu pai. Pretendente carlista tras a abdicación do seu pai o 18 de maio de 1845, que pretendía con esta medida facilitar un posible matrimonio entre Carlos Luís e Isabel, que non se produciu e Isabel casou en 1846 con Francisco de Asís e a fins de 1846 Carlos Luís publicou un manifesto onde chamaba á loita armada, fuxiu de Francia para establecerse en Londres e pouco despois comezou a Segunda Guerra Carlista ou guerra dos Matiners. En abril tentou entrar en España pero foi detido na fronteira francesa e regresou a Londres.[1]

En 1850 casou con María Carolina de Borbón e estableceuse en Nápoles. En 1855 mantivo contactos con Francisco de Asís para chegar a unha reconciliación das dúas dinastías borbónicas, pero fracasou e en maio produciuse unha nova insurrección carlista en España, que non tivo transcendencia.

En marzo de 1860 dirixiuse a Baleares para tentar outra insurrección dende Baleares co apoio do capitán xeneral das Baleares, Jaime Ortega, o 1 de abril eles dous á fronte de 4.000 homes, que descoñecían as súas intencións, dirixíronse cara Sant Carles de la Rápita, tras desembarcar dirixíronse a Amposta para pasar a noite, pero a tropa sublevouse ao sospeitar das intencións dos mandos e o pretendente cos líderes da insurrección fuxiron. O 21 de abril o exército detívoo xunto ao seu irmán Fernando e levounos a Tortosa, o 23 de abril abdicou dos seus dereitos ao trono ao igual que o seu irmán. Liberados polo goberno español dirixíronse a Trieste e o 15 de xuño declaraban nulas as abdicacións realizadas mentres estaban detidos, pero o outro irmán, Xoán, considerou válidas as abdicacións e asumiu os dereitos ao trono que ata entón lle correspondían a Carlos Luís, a morte deste en xaneiro de 1861, pouco despois que a de Fernando, deixou a Xoán como o herdeiro da dinastía carlista co nome de Xoán III.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Carlos Luis de Borbón". Biografías y Vidas (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2017.