Abrir o menú principal

Nazario Eguía, I Conde de Casa-Eguía, nado en Durango o 27 de xullo de 1777 e finado en Tolosa en 1865 foi un militar e político español.

Nazario Eguía
Eguía - Magués.jpg
Nacemento27 de xullo de 1777
 Durango
Falecemento1865
 Tolosa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e militar
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Sobriño do militar Francisco de Eguía, foi partidario do absolutismo. En 1797 ingresou na Escola de Enxeñeiros Militares de Zamora, saíndo subtenente dos anos despois. Combateu na Guerra da Independencia española. Chamado á illa de León pola Xunta Suprema, dirixiu as obras de fortificación da illa e de Cádiz. Fernando VII promoveuno a Mariscal de Campo. Participou en diversas accións contra o réxime liberal de 1820 a 1823. Foi nomeado Capitán Xeneral de Galicia o 29 de outubro de 1824 e dedicouse á persecución dos liberais, que chegaron a atentar contra a súa vida o 29 de outubro de 1829, atentado no que perdeu unha man e dous dedos da outra. Cesou como Capitán Xeneral de Galicia o 7 de outubro de 1832.

Morto Fernando VII, foi partidario do pretendente Don Carlos, ao que serviu no seu Cuartel Xeral. Durante a guerra carlista foi Xeneral en Xefe do Exército do Norte de 1835 a 1837. Foi nomeado vicerrei de Navarra o 8 de outubro de 1835. Dirixiu o chamado terceiro sitio de Bilbao e en 1836 foi premiado por Don Carlos coa gran Cruz de Carlos III. Aínda que nun principio era partidario das teses máis reaccionarias, uniuse ao Convenio de Vergara firmado por Maroto e Espartero, mantendo o seu grao e distincións como Tenente Xeneral. Pouco antes do Bienio Progresista foi elixido Senador Real.

Recibiu o título de Conde de Casa-Eguía en 1830.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Baquerizo, Chamorro e Pirala y Criado, Antonio. Estado Mayor del Ejército español. Madrid, 1849-1851.

Ligazóns externasEditar