Pablo Morillo
Pablo Morillo, conde de Cartaxena de Indias e marqués de la Puerta, nado en Fuentesecas (provincia de Zamora) o 5 de maio de 1775 e finado en Barèges (Occitania) o 27 de xullo de 1837, foi un destacado militar español, que loitou na guerra da Independencia española (1808-1814) e, posteriormente, en Latinoamérica, defendendo o dominio colonial español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pablo Morillo y Morillo 5 de maio de 1775 Fuentesecas, España (pt) |
Morte | 27 de xullo de 1837 (62 anos) Barèges, Francia |
Capitán xeneral de Galicia | |
17 de outubro de 1832 – 7 de decembro de 1836 ← Nazario Eguía – Mariano Ricafort Palacín y Abarca (en) → | |
Capitán xeneral de Galicia | |
28 de agosto de 1823 – 28 de outubro de 1823 ← Antonio Quiroga – Juan Senen Contreras (en) → | |
Datos persoais | |
Outros nomes | El Pacificador |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Período de actividade | 19 de marzo de 1791 - 27 de xullo de 1837 |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército de Terra de España e Armada Española |
Rango militar | mariscal de campo (1808–1809) Capitan (en) (1808–1808) subtenente (pt) (1797–1808) Sarxento (1791–1797) |
Conflito | Guerras napoleónicas Guerra da Independencia española Guerras da Revolución Francesa Independencia de Colombia Venezuelan War of Independence (en) primeira guerra carlista |
Outro | |
Título | Conde |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarEn 1787 ingresou no corpo de Infantaría de Mariña, actuando, aínda ben novo, en Tolón, Francia, e na Batalla de Trafalgar (1805), sendo ascendido a sarxento. No inicio da guerra da Independencia, Morillo estaría presente na batalla de Bailén, valéndolle a súa actuación o ascenso a capitán. Foi logo enviado a Galicia, pola Xunta Suprema Central.
En Galicia
editar- Véxase tamén: Reconquista de Vigo e Batalla de Ponte Sampaio.
Morillo, como militar, actúa nas comarcas miñotas da actual provincia de Pontevedra, onde se incorpora as guerrillas alí combatentes, con mandos como Cachamuíña, chegando a obter o grao de coronel. Participa logo no cerco de Vigo, cidade que é reconquistada o 28 de marzo de 1809. Despois acode ao cerco de Tui, e máis tarde ao de Santiago de Compostela, que se toma en maio dese mesmo ano. Apenas dous meses logo Morillo dirixe a vitoria de Ponte Sampaio, do 7 ao 8 de xuño de 1809, na que cae derrotado o xeneral Ney.
Coas tropas napoleónicas xa en franca retirada de Galicia, Morillo sae para Castela. En 1813 participa na batalla de Vitoria.
En América
editarVolto a España Fernando VII, Morillo, xa xeneral, é destinado a Hispanoamérica en 1814. O seu comportamento alí é cualificado de duro e brutal. Morillo toma Cartaxena de Indias e Santa Fe, obtendo vitorias sobre Simón Bolívar e Nariño, sendo quen de recuperar o dominio español sobre o antigo vicerreinado de Nova Granada. Porén foi derrotado por Bolívar en Boyacá. Ante o cariz adverso que tomaban os acontecementos, Morillo recibe instrucións desde España para que entre en negociacións cos insurrectos. As conversas rematan co Armisticio de Trujillo (1820). Nese mesmo ano regresa a España, onde o rei Fernando VII, o recompensará outorgándolle os títulos de conde de Cartaxena de Indias e marqués de la Puerta.
Últimos anos
editarO pronunciamento de Rafael del Riego, que instaura o liberalismo (Trienio liberal), parece decantar a Morillo do lado liberal, mais a entrada do duque de Angulema e os "Cen mil fillos de San Luís" mostra un Morillo colaborador cos absolutistas, perseguindo os liberais: vitorias de Compostela e Ponte Sampaio, toma da Coruña e Vigo. Porén ao retomar Fernando VII o poder absoluto, Morillo termina por exiliarse en Francia. En 1832, con todo, Morillo é nomeado capitán xeneral de Galicia, posto desde o cal emprenderá a represión contra o carlismo. Así e todo en 1836, pasa de novo a Francia, por motivos de saúde.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pablo Morillo |
Bibliografía
editar- Baso Andreu, Antonio. "Semblanzas de don Pablo Morillo en la poesía gallega" (PDF). Pontenova. Revista de novos investigadores (en castelán) (Deputación de Pontevedra) (8): 159–169. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de maio de 2012. Consultado o 20 de maio de 2012.
- González López, E. (1980). "Conquista de Vigo por las milicias paramilitares gallegas: El ascenso de Pablo Morillo a Coronel". Historia de Galicia. Biblioteca Gallega (Serie Nova) (en castelán). La Voz de Galicia. p. 564. ISBN 84-85287-22-3.
- Mercado, Jorge (2015). Campaña de Invasión del Teniente General don Pablo Morillo 1815-1816: El régimen del terror. Ediciones LAVP.
- Prado González, Manuel-Gonzalo (2003). "La Reconquista de Vigo y Pablo Morillo: el héroe que no fue" (PDF). Nalgures (en castelán) (ACEHG) IX: 233–280.
- Rodríguez Villa, Antonio (1908). Pablo Morillo, Conde de Cartaxena pp 456–481. Boletín de la Real Academia de la Historia.
- Santiago y Gadea, Augusto C. de (1911). El general Don Pablo Morillo: apuntes históricos acerca de sus hechos militares. Madrid: Imp. de los Sucesores de Hernando.