Juan de Ciórraga
Juan de Ciórraga y Fernández de la Bastida, nado en Vitoria o 30 de marzo de 1836 e finado na Coruña o 8 de xuño de 1891[1] foi un arquitecto español.
Juan de Ciórraga | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1836 |
Lugar de nacemento | Vitoria |
Falecemento | 8 de xuño de 1931 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Soterrado | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | arquitecto |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Ciórraga foi arquitecto municipal da Coruña desde 1864 ata a súa renuncia en 1890.[1] Durante ese tempo construíuse a praza de María Pita na que introduciu modificacións no deseño dos edificios.
En 1876 conseguiu a aprobación da primeira normativa sobre a construción das galerías, introducindo este elemento no Ensanche coruñés.[2]
Obras editar
Ademais do deseño do Ensanche e da praza de María Pita, Ciórraga creou, entre outras, a nova fachada da Colexiata de Santa María do Campo, na que eliminou engadidos doutras épocas e trasladou a portada á nova fachada,[3] a escalinata da igrexa de Santiago[4] e a fachada posterior do pazo do Marqués de San Martín de Ombreiro,[2] as tres na Cidade Vella coruñesa.
Galería editar
-
Fachada da Colexiata de Santa María.
-
Fachada posterior da Casa Ozores.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Fernández Caamaño, José M. Vision Net, ed. La Coruña vista desde sus libros de actas (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 Garrido Moreno, Antonio (1998). Anuario Brigantino, ed. La galería gallega: Una tipología en permanente evolución (PDF) (en castelán).
- ↑ Navascués Palacio, Pedro; Gutiérrez Robledo, José Luis. Universidad de Salamanca, ed. Medievalismo y neomedievalismo en la arquitectura española (en castelán).
- ↑ Salgado Seijas, Martín. "Iglesia de Santiago".
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Navascués Palacio, Pedro. La arquitectura gallega del siglo XIX (PDF) (en castelán).