Praza de María Pita

praza na Coruña

A praza de María Pita é o centro neurálxico da cidade da Coruña, e nela atópase a casa do concello no palacio de María Pita.[1]

Praza de María Pita

Tipopraza Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°22′N 8°24′O / 43.37, -8.4
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloA Coruña Editar o valor en Wikidata
Código postal15001 Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1877 Editar o valor en Wikidata
Transporte
Dimensións
Anchura120 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude99,5 m Editar o valor en Wikidata
Superficie11.144 m² Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia

editar

A praza foi proxectada polo arquitecto Juan de Ciórraga en 1877[2] tralo derrubamento da muralla, a fin de resolver o paso da cidade vella para a Pescadería. O recinto foi pavimentado en 1936 e asfaltado na década de 1950 durante o mandato como alcalde de Alfonso Molina. Na década seguinte permitiuse o estacionamento, que non se suprimiu ata 1987, coa construción do aparcadoiro subterráneo e o túnel que implicou a peonalización.[3][4]

Inicialmente a praza recibiu o nome de xeneral Alesón, capitán xeneral de Galicia cando se creou o espazo.[5]

Descrición

editar

A praza forma un gran rectángulo de máis de 10 000 . Nunha das súas frontes atópase o palacio do concello, rodeado polas outras tres partes por edificios porticados e culminados nunhas espléndidas galerías, típicas da arquitectura galega.

A contorna complétase coa estatua de María Pita, que preside a praza mirando para a casa do concello. A súa realización e colocación na praza tivo lugar en 1998.[6]

Baixo os soportais dos edificios atópanse diferentes locais de hostalería como bares, cafeterías e restaurantes. No exterior destes soportais existen dende 2002[7] unhas terrazas pechadas e envidradas para a utilización destes locais, que suscitaron moita polémica na súa colocación, polo impacto estético que supón a súa presenza para a contorna monumental da praza.[8]

Galería

editar
  1. "Praza de M.ª Pita". Concello da Coruña. 
  2. Navascues Palacio, Pedro (1984). "La arquitectura gallega del siglo XIX" (PDF). Obradoiro (5): 5–36. 
  3. Rubén Ventureira (11 de abril de 2008). "La plaza de María Pita afrontará su quinta transformación desde 1987". La Voz de Galicia. 
  4. Arturo Maneiro (5 de xuño de 1987). "Realizaciones municipales polémicas en La Coruña, criticadas por la izquierda". ABC. p. 33. 
  5. José Manuel Gutiérrez (2 de agosto de 2009). "General Alesón: El primer nombre de la gran plaza". La Opinión de A Coruña. 
  6. Dolores Vázquez (21 de maio de 2009). "«Volvería a hacer la estatua de María Pita con el mismo estilo»". La Voz de Galicia. 
  7. "Patrimonio otorga autonomía al Concello para instalar las terrazas en María Pita". La Voz de Galicia. 31 de xaneiro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 29 de agosto de 2015. 
  8. María Pita, heroína coruñesa
  9. "Vázquez marca el meridiano". La Opinión de A Coruña (en castelán). 16 de marzo de 2014. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar