Praza das Bárbaras
Coordenadas: 43°22′15″N 08°23′30″O / 43.37083, -8.39167
A praza das Bárbaras é unha praciña situada na Cidade Vella da Coruña na que se atopa un convento das clarisas. Confórmana dous muros exteriores do convento das Madres Clarisas, está adornada con acacias e conta cun cruceiro no centro. Foi declarada conxunto histórico-artístico o 11 de marzo de 1971.[1]
HistoriaEditar
O convento construíuse sobre unha capela do século XV e foi reformado en 1613. Sobre a porta de entrada colocouse un relevo que puido pertencer a un baldaquino ou a un sartego gótico do século XIV que representa a peregrinación como unha das vías penitenciais para a salvación. Mostra o Xuízo Final e está presidido pola Trindade; o Pai Eterno sostén o Cristo crucificado, acompañado pola lúa e o sol. Á esquerda, o arcanxo san Miguel pesa as almas de peregrinos e monxes que van chegando pola dereita, entre árbores. Á dereita aparecen san Miguel e un dragón. No interior, outro relevo (pertencente talvez á capela primitiva) mostra a santa Catarina e a santa Bárbara.
NotasEditar
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |