Catarina de Siena
Catarina de Siena, nada o 25 de marzo de 1347 e finada o 29 de abril de 1380, foi unha doutora da Igrexa católica.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (it) Caterina da Siena ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Caterina di Jacopo di Benincasa ![]() 25 de marzo de 1347 ![]() Siena (República de Siena) ![]() |
Morte | 29 de abril de 1380 ![]() Roma (Estados Pontificios) ![]() |
Causa da morte | ictus ![]() |
Lugar de sepultura | Santa Maria sopra Minerva (pt) ![]() Basílica de São Domingos (pt) ![]() Saint Catherine of Siena tomb (en) ![]() ![]() |
Embaixador | |
![]() | |
Datos persoais | |
Residencia | Siena ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | relixiosa católica, diplomática, memorialista, filósofa, política, escritora ![]() |
Alumnos | Stefano Maconi (en) ![]() ![]() |
Orde relixiosa | Third Order of Saint Dominic (en) ![]() ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 29 de abril 29 de abril ![]() |
Patrón de | Italia, Europa, Nobile Contrada dell'Oca (en) ![]() ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFilla número 24 de Jacobo de Benincasa, un tintoreiro de peles. Segundo o cronista Raimundo de Capua, dende nena xa tivo as súas primeiras experiencias místicas non exentas de alucinacións. Aos 12 anos a súa familia decidiu entregala en matrimonio, ao que ela manifestou unha radical oposición. Como desafío á autoridade dos seus pais, curtouse os cabelos e negouse a acicalarse. Foi por iso maltratada, todo o cal provocoulle un estado de anorexia crónica. Illouse e comezou unha vida de penitencia e oración. Neste estado, unha enfermidade infecciosa desfiguroulle o rostro.
En 1363, fascinada pola figura de Domingos de Guzmán, entra como terciaria na orde dominica, aínda que inicialmente non foi aceptada debido á súa xuventude e ás súas excentricidades. Unha vez admitida, acudía ao hospital de Scala e á leprosería de san Lázaro a coidar enfermos. Continuou sufrindo éxtases e esmorecementos, o que lle causou incomprensións e marxinacións entre as irmás da súa orde. A curiosidade popular comezou a centrarse nela, o que lle permitiu dar testemuña da súa fe e ir congregando -contra a súa vontade- a un grupo cada vez máis numeroso de seguidores entre os que se encontraba o seu retratista o pintor Andrea Vanni.
Isto deulle azos para saír á vida pública onde comezou un labor de reconciliación de inimizades domésticas como a da poderosa familia de Rocca d´Orcia, para moi logo mediar en conflitos políticos e, finalmente, entre cidades como Florencia ou Pisa e os Estados Pontificios. Acompañou tamén a condenados á morte no seu derradeiro tránsito. Desta época quedan testemuñas epistolares onde se ve a Catarina de Siena censurando ao propio Papa.
Alarmada a súa orde, o 21 de maio de 1374, un Capítulo Xeral sométea a un proceso inquisitorial. Non se consegue demostrar a súa suposta herexía pero asígnanlle un director espiritual: Raimundo de Capua, que se converterá no seu biógrafo e discípulo.
Tamén en 1374, acudiu a Pisa, onde se desatara unha peste, para axudar aos infectados. Ela mesma contaxiouse da enfermidade.
A partir de 1376, incide directamente sobre o papa Gregorio XI; esíxelle unha reforma da Igrexa, a súa independencia fronte aos poderes políticos franceses e, como paso imprescindible para iso, a súa volta a Roma para cumprir cos seus deberes de bispo. Os Papas levaban setenta anos fóra da sé de Pedro residindo en Aviñón. O 17 de xaneiro de 1377, o Papa volveu a Roma.
Posteriormente fundou o convento de dominicas de Santa María dos Anxos na fortaleza de Belcaro. A súa mediación foi determinante para que se asinara a paz entre Florencia e o novo papa Urbano VI.
O 20 de setembro de 1378 Francia propicia a coroación dun Papa en Aviñón (Roberto de Xenebra, co nome de Clemente VII). Catarina de Siena defende os dereitos de Urbano VI e concita o apoio de estados italianos coma Nápoles. En 1380, Roma é liberada e Urbano VI entra descalzo nela inspirado por Catarina. Ese ano esta sofre un ataque de apoplexía e morre na cidade papal.
O seu corpo, moi mutilado polos cazadores de reliquias, está en Santa María de Minerva en Roma. A súa cabeza estivo ata 1998 na igrexa de Santo Domingo de Siena pero agora está tamén en Roma.
Pensamento
editarCatarina de Siena non desenvolveu un pensamento estruturado. Este dedúcese dos seus testemuños de carácter espiritual e das súas cartas (máis de 380). Transmite unha combinación entre unha mística esencial onde no máis íntimo do ser (a cela interior) únese o fondo do humano co abismo divino, e unha mística nupcial onde non se trata de acadar a unidade do ser senón a comuñón no amor. O autocoñecemento agroma da relación. As súas alucinacións describen isto literalmente.
Somos unha árbore creada por amor, e non podemos senón amar, vivir abertos en relación, en comuñón con un tiCarta 94
Na túa natureza, deidade eterna, coñecerei a miña. E ¿cal é a miña natureza, Amor inestimable? É lume, porque ti non es outra cousa que lume de amor. A todas as cousas e criaturas, creáchelas por amorCarta 49
Para Catarina de Siena a persoa está dotada dunha dignidade excelsa:
¿Que cousa ou quen foi o motivo de que estableceras ao home en tal alta dignidade? Certamente nada que non fora o amor inextinguible co que contemplaches a túa criatura en ti mesmo e te deixaches engaiolar de amor por ela. Por amor creáchela, por amor dícheslle un ser capaz de gustar o ben eternoDiálogo
Sobre o sentido da vida, está impregnada dun cego providencialismo:
Todo procede do amor, todo está ordenado á salvación do home, Deus non fai nada que non sexa con ese finDiálogos
O deber ético está por riba das convencións; criticada por ser indecoroso e impropio dunha muller despoxarse do manto para darllo a un marxinado, responde: Prefiro que me encontren sen manto que sen amor.
Ese pulo ético levouna á crítica aberta ás autoridades eclesiásticas, mesmo chegando a unha claridade e a unha dureza inequívocas:
¡Oh homes, e non xa homes, senón máis ben diaños visibles, canto vos cega a apetencia que tendes á podredume do corpo, ás delicias e os esplendores do mundo!Carta 315
Obra literaria
editarAínda que os seus biógrafos sostiveron que lía con dificultade e non sabía escribir por si mesma, deixou unha obra fundamental para a literatura en toscano. Foi, xa que logo, unha das primeiras escritoras espirituais que abandonou o latín pola súa lingua vernácula.
- Diálogos ou Tratado da Divina Providencia
- Oracións
- Cartas
Significación
editarFoi canonizada por Pío II en 1461. Pío IX proclamouna patroa de Roma e Pío XII fíxoa patroa de Italia. Paulo VI proclamouna doutora da Igrexa universal. Xoán Paulo II declarouna copatroa de Europa por representar a síntese entre contemplación espiritual e acción social.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catarina de Siena |
Bibliografía
editar- Catalina de Siena (2002). Obras de Santa Catalina de Siena. El diálogo. Oraciones y Soliloquios. Madrid: Editorial BAC. ISBN 978-84-7914-024-3.
- Salvador y Conde, Joaquín (Ed.) (1982). Epistolario de Santa Catalina de Siena. Salamanca: Editorial San Esteban. ISBN 84-85045-52-1.
Ligazóns externas
editar- Biografía e descrición espiritual de Catalina de SienaArquivado 28 de agosto de 2012 en Wayback Machine. en Dominicos.org.
- Libro della divina dottrina
- Páxina web dos caterinati
- Páxina web da Orde Dominicana