Gregorio XI, papa

(Redirección desde «Gregorio XI»)

Gregorio XI, nado coma Pierre Roger de Beaufort en Rosiers-d'Égletons cara a 1336 e finado en Roma o 27 de marzo de 1378, foi o 201º Papa da Igrexa católica entre 1370 e 1378, e sétimo e último Papa do pontificado de Avignon.

Gregorio XI, papa
Nome de nacementoPierre Roger de Beaufort
Nacemento1329, 1330 e 1331
Lugar de nacementoRosiers-d'Égletons
Falecemento27 de marzo de 1378
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de Santa Francesca Romana
NacionalidadeFrancia
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Perugia
Ocupaciónsacerdote católico
PaiGuillaume II Roger
NaiMarie de Chambon
Período1370 a 1378
Coñecido porser o papa n° 201 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
Find a Grave: 13547841 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Gregorio XI

Traxectoria editar

Era fillo de Guillaume Roger, conde de Beaufort, e de Marie de Chambon, e sobriño de Clemente VI. Estudou en Perugia, doutorándose en Dereito e Teoloxía. O 28 de maio de 1348, con tan só 18 anos, foi nomeado Cardenal diácono polo seu tío Clemente VI.

Foi elixido Papa por unanimidade o 30 de decembro de 1370, se ben a súa consagración tivo que atrasarse até o 5 de xaneiro do ano seguinte, pois ao non ser sacerdote tivo que tomar as ordes previamente.

No eido político fracasou no intento de reconciliar a Francia e Inglaterra, inmersas na Guerra dos Cen Anos. Pola contra, evitou que Henrique II de Castela, Pedro IV de Aragón e Carlos II de Navarra chegasen ás armas nas súas desputas territoriais mediante varios matrimonios concertados.

Seguindo a mesma política eclesial que os seus antecesores, colocou bispos franceses á fronte das dioceses italianas, provocando o rexeitamento popular, o que foi aproveitado por Bernabó Visconti para apoderarse, en 1371, de Reggio e doutros territorios pontificios. Gregorio XI respondeu enviando unha bula de excomuñón a Bernabó, que fixo comer aos legados que lla comunican o pergameo sobre a que está escrita.

O Papa declaroulle entón a guerra en 1372, que foi favorable a Bernabó até que Gregorio logrou o apoio do emperador, da raíña de Nápoles, do rei de Hungría e de John Hawkwood, xefe dos mercenarios ingleses que combatían na Guerra dos Cen Anos.

Esta coalición de forzas obrigou a Bernabó a establecer conversas de paz, logrando en 1374 a firma dun acordo moi favorable mediante o suborno dos legados pontificios.

A crise en Italia non se solucionou, xa que Gregorio mantivo os bispos franceses en territorio italiano, e os florentinos, temerosos de que isto aumentase o influxo papal na súa zona de influencia, aliáronse con Bernabó Visconti en 1375, provocando innumerables insurreccións nos territorios pontificios.

O Papa respondeu poñendo Florencia baixo un interdito, excomungando os seus habitantes e declarando ilegais as súas posesións. As perdas económicas dos florentinos fan que busquen a intermediación de Catarina de Siena, que viaxou a Avignon para entrevistarse con Gregorio.

Catalina non logrou reconciliar os florentinos co Papa, pero conseguiu convencer a Gregorio XI para que regresase a Roma e fixase alí novamente a sée pontificia.

O 17 de xaneiro de 1377 Gregorio XI regresou a Roma, retorno que non puxo fin ás hostilidades. Pola contra, agraváronse debido aos sucesos de Cesena, nos que o cardeal, e futuro antipapa Clemente VII, ordenou masacrar a poboación soliviantando de tal modo ao pobo romano que o Papa se viu novamente obrigado a saír de Roma e volver a Avignon a finais de maio de 1377.

Volveu nueovamente a Roma o 7 de novembro, aínda que só a súa morte, o 26 de marzo de 1378, lle impediu o desexado retorno a Avignon, ao sentirse ameazado no seu propio pazo.

Gregorio XI foi o último Papa do período de Avignon, e até a actualidade o último papa de nacionalidad francesa.

Condenou as doutrinas do reformador inglés John Wycliff.

As profecías de san Malaquías refírense a este papa como Novus de virgine forti (O novo de virxe forte), facendo referencia ao seu título nobiliario de conde de Beaufort e a que foi cardeal de St. Marie la Neuve antes de ser elixido pontífice.