Malaquías O'Morgoir

(Redirección desde «San Malaquías»)

San Malaquías é o nome galego do irlandés Malachia O'Morgoir, nado posiblemente en Armagh (Irlanda do Norte) cara 1094 e finado na Abadía de Claraval (Aube, Francia) o 2 de novembro de 1148.

San Malaquías
St. Malachy.jpg
Arcebispo
Biografía
Nacemento1094 en Armagh
Pasamento2 de novembro de 1148 en Clairvaux
Proceso de canonización
Canonización6 de xullo de 1199 por Clemente III
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Festividade3 de novembro
Patrón/a deArquidiócese de Armagh

Membro dunha familia nobre, foi bautizado como Maelmhaedhoc (máis tarde latinizado como Malachia); foi abade do mosteiro de Bangor, bispo de Connor e primado de Irlanda, como arcebispo de Armagh, durante varios anos. Amigo de san Bernardo de Claraval, foi canonizado o 6 de xullo de 1199 polo papa Inocencio III. A súa festa conmemórase o 3 de novembro.

Atribúeselle a autoría da Profecía dos papas, manuscrito que revela por medio dunha frase latina unha indicación sobre cada papa desde Celestino II, mais este documento é tachado, a miúdo, por moitos estudosos, como un escrito apócrifo do século XVI.

Non debe ser confundido, por outra parte, co bíblico Malaquías.

Véxase taménEditar