Celestino II, papa

Celestino II, nado en Citá di Castello e finado en Roma o 8 de marzo de 1144, foi o Papa nº 167 da Igrexa católica.

Celestino II, papa
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoCittà di Castello
Falecemento8 de marzo de 1144
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Xoán de Latrán
NacionalidadeEstados Pontificios
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico e escritor
Período1143 a 1144
Coñecido porser o papa n° 167 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

De nome Guido di Castello, foi nomeado cardeal de San Marcos por Honorio II en 1128. En 1140 foi elixido legado pontificio de Inocencio II en Francia, o que lle permitiu coñecer a Pedro Abelardo e converterse en alumno seu e condiscípulo de Arnaldo de Brescia. Esta relación enfrontou ó futuro papa con Bernaldo de Claraval, que lle reprochaba a protección que brindou a Arnaldo.

O acto máis significativo do seu breve pontificado foi a anulación, mercede á intercesión de Bernado de Claraval, da excomuñón que sobre o rei francés Lois VII ordenara Inocencio II.

San Malaquías editar

Celestino II foi o primeiro papa en aparecer nas profecías de San Malaquías, ó que se refire como "Ex castro Tiberis" (Do castelo do Tíber), cita que fai referencia ó seu lugar de nacemento.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.