Pierre Abélard
Pierre Abélard, nado en Pallet en 1079 e finado en 1142, foi un filósofo escolástico francés, pai do método escolástico con Alexandre de Hales. A historia dos seus amores con Heloísa convertéronse en lendarios.
Pierre Abélard | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Pierre Abélard |
Nacemento | 1079 |
Lugar de nacemento | Le Pallet |
Falecemento | 21 de abril de 1142 e 1142 |
Lugar de falecemento | Chalon-sur-Saône |
Soterrado | Héloïse and Abélard's tomb, Abbaye Saint-Marcel-lès-Chalon, Abadia do Paracleto, Église Saint-Laurent de Nogent-sur-Seine e Museum of French Monuments |
Nacionalidade | Reino de Francia e Francia |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | École cathédrale de Paris |
Ocupación | teólogo, filósofo, compositor, lingüista, poeta, autobiógrafo, lóxico, escritor e relixioso |
Cónxuxe | Heloísa do Paracleto |
Coñecido por | Sic et non e Dialectica |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria editar
Naceu no seo dunha familia nobre. En 1099 marcha a París para estudar, converténdose en discípulo de Guillaume de Champeaux en Notre-Dame de París, contra o 1102, abre unha escola propia en Melun, nos arredores de París, aquí ensina retórica e filosofía escolástica, propagando as súas ideas nas escolas de Melun, Corbeil e París. É un mestre brillante con grande éxito, permitíndose mesmo atacar as ideas da doutrina do realismo ensinado polo seu mestre, Guillaume de Champeaux.
Relación con Heloísa editar
Elixido cóengo de Notre-Dame en 1115, nesta época namorouse de Heloísa, de 17 anos, sobriña do cóengo Fulbert, da que Abelard era o preceptor. Fulbert quixo separar os amantes, estes foxen á Bretaña ao se decatar de que ela estaba preñada, alí tiveron o fillo. Cando Heloísa volveu co seu tío non quixo revelar a súa voda para non prexudicar a vida eclesiástica de Abelardo, e ingresou no mosteiro de Argenteuil. Fulbert, para se vingar, mandou castrar a Abelard (1118) que ingresou no mosteiro de San Dionisio (1119). Posteriormente reabriu unha escola en Maisoncelle.
Os dous esposos estableceron correspondencia, o que os fixo universalmente coñecidos pola fermosura e platonismo das súas cartas, publicadas cara a 1130: Lettres d'Abélard et d'Héloïse.
Foi condenado por herexe no sínodo provincial de Soissons (1121) a instancias de Bernaldo de Claraval. Anos despois, en 1140, foi outra vez condenado en Sens. Ratificada a condena polo Papa Inocencio II, Abelard quixo ir a Roma para defenderse, pero enfermou no camiño e morreu no mosteiro de San Marcelo, preto de Chalon-sur-Saône.
Heloísa morreu 22 anos despois. Desde 1817 os dous corpos descansan na mesma tumba no cemiterio parisiense de Père-Lachaise.
Obras editar
- De Unitate et Trinitate divina.
- Sic et non.
- Scito te ipsum seu Ethica. ( "Coñécete a ti mesmo ou Ética")
- Dialéctica.
- Historia calamitatum.
- Ethica ou Scito te ipsum.
- Theologia christiana (foi o primeiro en empregar o termo teoloxía).
- Introductio ad Theologiam.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006.