Inocencio II, papa

papa entre 1130 e 1143
(Redirección desde «Inocencio II»)

Inocencio II, nado en Roma e finado o 24 de setembro de 1143, foi o Papa nº 166 da Igrexa católica.

Infotaula de personaInocencio II, papa

(século XII, basílica de Santa María en Trastevere) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Innocentius PP. II Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XI Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Morte24 de setembro de 1143 Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturabasílica de Santa María en Trastevere (1308–) Editar o valor em Wikidata
164º Papa
21 de febreiro de 1130 – 24 de setembro de 1143 (Gregoriano)
← Honorio IICelestino II → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico (1130 (Gregoriano)–), escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónGiovanni (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
14 de febreiro de 1130Eleição papal de 1130 (pt) Traducir
12 de decembro de 11241124 papal election (en) Traducir
29 de xaneiro de 11191119 papal election (en) Traducir
21 de xaneiro de 11181118 papal election (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsPietro Papareschi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Chamábase Gregorio Papareschi. Foi cardeal diácono de Sant'Angelo desde 1116, tras ser nomeado polo papa Pascual II. Acompañou ó sucesor deste, Xelasio II, ó seu exilio francés para posteriormente actuar, no pontificado de Calisto II, como legado durante as negociacións que culminaron na firma do concordato de Worms.

Ó igual que ocorrera coa elección de Honorio II, tralo falecemento deste tivo lugar unha dupla elección papal. A maioría dos cardeais, apoiados polos Pierleoni, elixiron o cardeal Pietro Pierleoni, que adoptou o nome de Anacleto II; pero a familia Frangipani, cunha minoría de cardeais, decantouse por Gregorio Papareschi.

O antipapa Anacleto, apoiado polos normandos de Roxerio II de Sicilia e pola maior parte do pobo romano, foi coroado pontífice na Basílica de San Pedro, mentres que Inocencio II, sen sequera o apoio dos Frangipiani, só puido ser consagrado na igrexa de Santa María Nuova, para a continuación verse obrigado a fuxir de Roma e refuxiarse en Francia.

Desde o exilio, Inocencio comezou a afianzar a súa posición, logrando en primeiro lugar o apoio do rei francés Luis VI, mercede á influencia que sobre este tiñan Bernard de Claraval e o abade Suger de Saint-Denis. Celebráronse tres concilios, en Estampes, Cluny e Clermont, nos que Inocencio logrou que os bispos reunidos lle xurasen lealdade.

Posteriormente logrou o apoio do rei alemán Lotario II nun sínodo celebrado en Würz, e o do rei inglés Henrique I e o de Castela, Afonso VII nun sínodo celebrado en Reims.

Con estes poderosos aliados, Inocencio puido regresar a Roma en 1133, onde coroou emperador a Lotario na Basilica de San Xoán de Letrán por encontrarse a Basílica de San Pedro en mans dos partidarios do antipapa Anacleto. Trala coroación, Lotario volveu a Alemaña, o que obrigou a Inocencio a abandonar novamente Roma, que seguía dominada por Anacleto, para refuxiarse en Pisa, onde celebrou un sínodo no que excomungou ó seu rival e onde permaneceu ata que Lotario volveu a Italia en 1137 e o conduciu novamente a Roma, aínda que esta seguía dominada polo antipapa co apoio normando.

O emperador dirixiuse entón contra os normandos, pero faleceu durante a campaña militar, provocando unha incómoda situación en Roma, onde volvían convivir os dous papas. O conflito solucionouse en 1138 ó falecer Anacleto II. Malia que foi sucedido por outro antipapa, Víctor IV, que renunciou dous meses despois.

O cisma finalizara, e para refrendalo, Inocencio II convocou en 1139 o Segundo Concilio Lateranense, onde coa participación de máis de mil asistentes, declaráronse nulos os decretos de Anacleto II e depuxéronse os bispos ordenados por el. O sínodo pechouse coa excomuñón de Roxerio II por apoiar ó antipapa Víctor IV.

A última etapa do seu pontificado viuse inmersa na sublevación do Senado romano que, instigado por Arnaldo de Brescia, promovía a transformación de Roma nun estado republicano independente da autoridade dos papas e que azotaría Italia durante as seguintes décadas.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.