Aviñón
Coordenadas: 43°57′N 4°49′L / 43.950, -4.817
Aviñón[1][2][3] (en francés: Avignon, en occitano: Avinhon ou Avignoun) é unha cidade do sueste de Francia, situada no departamento de Vaucluse, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul. En 2006 tiña unha poboación de 94.787 habitantes.
Aviñón | ||
---|---|---|
Avignon Avinhon | ||
![]() | ||
Palacio dos Papas | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Rexión | Provenza-Alpes-Costa Azul | |
Departamento | Vaucluse | |
Distrito | Distrito de Aviñón | |
Comuna | Comuna de Aviñón | |
Xeografía | ||
Altitude | 10–122 msnm | |
Superficie | 64,78 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 94.787 hab. (2006) | |
Densidade | 1.500 hab/km² | |
Outros datos | ||
Código postal | 84000 | |
Alcalde | Marie-Josée Roig (2008-2014) | |
Páxina oficial da Valeta |
Centro Histórico de Aviñón: Palacio Papal, Conxunto Episcopal e Ponte de Aviñón | |
---|---|
![]() Vista aérea de Aviñon | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | FRA |
Localización | 43°57′N 4°49′L / 43.95, 4.81 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, IV |
Inscrición | 1995 (19º sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 228 |
HistoriaEditar
Aviñón foi residencia dos papas entre 1309 e 1377, cando a cidade atopábase baixo o goberno dos reis de Sicilia pertencentes á Casa de Anjou. En 1348, o papa Clemente VI comprou unha residencia á raíña Xoana I de Sicilia. Ese período, no que residiron na cidade os papas Clemente V, Xoán XXII, Bieito XII, Clemente VI, Inocencio VI, Urbano V e Gregorio XI, é coñecido como Papado de Aviñón. Despois dese período, en 1378, produciuse o Gran Cisma de Occidente que non se resolveu ata 1417.
Os antipapas Clemente VII e Bieito XIII continuaron residindo na cidade aínda despois de que os papas regresasen a Roma en 1377. Clemente VII permaneceu en Aviñón durante todo o seu pontificado (1378-1394) mentres que Bieito XIII viviu en Aviñón ata que fuxiu cara a Aragón, fixando a súa residencia finalmente en Peníscola, onde morreu aos 96 anos en 1423.
Aviñón fora sede episcopal desde o ano 70 dC, e foi convertida en Arcebispado en 1476. Nel celebráronse varios sínodos de menor importancia. A súa universidade foi fundada polo papa Bonifacio VIII en 1303 e, debido á súa reputación polos seus estudos en leis, tivo grande importancia ata a Revolución francesa.
XeografíaEditar
Está situada na marxe esquerda do río Ródano, no sueste do país. Está preto da costa, a 80 km ao noroeste de Marsella e a 650 km de París. O seu clima é mediterráneo, con invernos frescos e veráns cálidos.
Lugares de intereseEditar
Aviñón é unha vila de rico patrimonio protexido e o seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1995. Entre os seus lugares de interese destacan:
- Pazo dos Papas
- Conxunto episcopal
- Ponte de Aviñón
- Murallas
- Basílica de San Pedro
- Hôtel de Ville, casa do concello.
NotasEditar
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Aviñón (Francia)
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aviñón |
Ligazóns externasEditar
Predecesor: Weimar |
Capital Europea da cultura xunto con Praga Bergen Boloña Bruxelas Cracovia Helsinqui Reiquiavik Santiago de Compostela 2000 |
Sucesor: Rotterdam Porto |