Peníscola
Peníscola (forma oficial en valenciano, conxuntamente coa forma castelá Peñíscola) é un municipio da Comunidade Valenciana, situado na costa norte da provincia de Castelló, na comarca do Baix Maestrat. Conta cunha poboación de 7.560 habitantes (INE 2008).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Castelló | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Baix Maestrat | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.449 (2023) (106,95 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 79 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 46 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | século VI | ||||
Evento clave | |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Antón Abade | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Andrés Martínez Castellá | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 12598 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 12089 | ||||
Código ARGOS de concellos | 12089 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | peniscola.org |
Xeografía
editarA cidade sitúase nunha península rochosa, en orixe unida a terra soamente por un istmo de area, que facía fácil a súa defensa e, que en tempos antigos, unha semana ao ano se alagaba e o istmo quedaba sepultado baixo a auga do mar. Actualmente, debido á construción do porto e dos edificios no istmo, este feito desapareceu. Sobre a pena levántase a súa zona vella, da que sobresae o castelo do Papa Luna, dividindo a costa de Peníscola en dúas metades absolutamente diferentes. Dispón de amplas praias tanto ao norte como ao sur da península do castelo e conta tamén con lugares para practicar submarinismo, destacando Torre Badum, lugar no que emerxen do fondo do mar numerosos mananciais de auga doce.
Localidades limítrofes
editarPeníscola limita cos municipios de Benicarló, Càlig, Cervera del Maestre, Santa Magdalena de Pulpis e Alcalà de Xivert.
Demografía
editarPeníscola ten 7.560 habitantes (INE 2008).
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 | 2007 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 2.506 | 2.916 | 3.142 | 3.384 | 2.975 | 3.027 | 2.925 | 2.737 | 2.530 | 2.724 | 3.077 | 3.677 | 3.821 | 4.822 | 6.432 | 6.884 |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peníscola |