Xoana I de Nápoles
Xoana I de Nápoles, nada en Nápoles en 1326 e finada en 1382, foi raíña de Nápoles, condesa de Provenza e princesa de Acaia.
Xoana I de Nápoles | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1326 |
Lugar de nacemento | Nápoles |
Falecemento | 27 de xullo de 1382 e 22 de maio de 1382 |
Lugar de falecemento | Muro Lucano |
Causa | asfíxia |
Soterrada | Basílica de Santa Clara |
Etnia | Pobo francés |
Ocupación | política |
Pai | Carlos de Calabria |
Nai | María de Valois |
Cónxuxe | Jacques IV de Majorque, André, Duque da Calábria, Louis, Prince of Taranto e Otto, Duke of Brunswick-Grubenhagen |
Fillos | Catherine of Naples, Frances of Naples e Charles Martel, Duke of Calabria |
Irmáns | María de Calabria e Charles Martel |
Premios | Rosa de Ouro |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Orixes familiares editar
Filla de Carlos de Calabria, duque de Calabria, e da súa segunda esposa María de Valois. Era neto por liña paterna do rei Roberto I de Nápoles e Violante de Aragón, e por liña materna do duque Carlos I de Valois e da condesa Margarida de Anjou.
Nupcias editar
Para tentar asegurar a sucesión da coroa casou catro veces, pero sen obter descendencia de ningún deles:
- O 26 de setembro de 1343 xunto ao seu curmán, o príncipe André de Hungría, fillo do rei Carlos I Roberto de Hungría.
- O 20 de agosto de 1346 en Roma co seu curmán Luís I de Taranto.
- O 14 de decembro de 1362 co rei Xaime IV de Mallorca.
- O 28 de marzo de 1376 en Nápoles co duque Otón IV de Brunswick.
Ascenso ao trono editar
En 1328 o seu pai Carlos de Calabria morreu prematuramente. Como resultado deste feito, foi nomeada sucesora do Reino de Nápoles e en 1343, con só 17 anos, foi coroada raíña. Pola súa mocidade contou co apoio do papa Clemente VI, que mandou o cardeal Americo de Saint Martin que a coroase raíña en agosto de 1344 en Roma.
Conflito con Hungría editar
O asasinato do primeiro marido André de Hungría en 1345, probabelmente baixo as súas propias ordes, provocoulle a inimizade dos anxevinos do Reino de Hungría, que intentaron invadir o Reino de Nápoles e tivo que negociar a paz co Reino de Sicilia tras a invasión de Ramón de Peralta.[1] Só o seu segundo marido, Luís I de Taranto, conseguiu facerse coroar como rei consorte en 1353.
Cisma de Occidente editar
Durante o Cisma de Occidente, Xoana I apoiou o papado de Aviñón, e aliñouse co Reino de Francia adoptando como fillo e sucesor o Conde de Anjou Luís I de Anjou, fillo do rei Xoán II de Francia. Como resultado, o papa romano Urbano VI excomungou e retirou os reinos a Xoana, que orixinalmente foron concedidos á Primeira Dinastía Capetiana de Anjou-Sicilia e concedeullos a Carlos, duque de Durazzo.[2] Co apoio húngaro, Carlos de Durazzo invadiu o Reino de Nápoles e en 1381 capturou a raíña Xoana I.
Morte e guerra de sucesión no Reino de Nápoles editar
Despois de ser encarcerada, Xoana morreu esganada no castelo de San Fele o 22 de maio de 1382. Estalou unha guerra de sucesión entre o invasor Carlos, duque de Durazzo e o fillo do rei Luís I de Anjou, a quen Xoana adoptara anteriormente.
Notas editar
- ↑ "Ramon de Peralta". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ The Shorter Cambridge Medieval History (en anglès).
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoana I de Nápoles |