Principado de Acaia

estado vasalo do Imperio Latino no seculo XIII

O Principado de Acaia, tamén chamado Principado de Morea, foi un do tres estados vasalos do Imperio Latino que substituíron o Imperio Bizantino tras a conquista de Constantinopla polos cruzados durante a Cuarta Cruzada. Converteuse en vasalo do reino de Tesalónica, xunto co Ducado de Atenas, ata que Tesalónica foi capturada por Teodoro Comneno Ducas, o déspota de Epiro, en 1224. Logo disto, Acaia converteuse durante algún tempo nun polo de poder de Grecia, e a mediados do século XIII a corte de Andravida era considerada o mellor expoñente da cabalaría polos europeos occidentais.

Modelo:Xeografía políticaPrincipado de Acaia

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
CapitalAndravida (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa Ortodoxa Grega Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1205 Editar o valor en Wikidata
Disolución1430
1432 Editar o valor en Wikidata

Grecia en 1201.

Fundación

editar

Acaia foi fundada en 1205 por Guillerme de Champlitte e Geoffroi I de Villehardouin, que emprenderon a conquista do Peloponeso en nome de Bonifacio de Montferrato, rei de Tesalónica. Cunha forza de non máis de 100 cabaleiros e 500 infantes, tomaron Acaia e Élide, e despois de derrotar aos gregos locais na Batalla do Oliveiral de Kunduros, fixéronse donos de Morea. A vitoria foi decisiva, e despois da batalla toda resistencia dos locais limitouse a uns poucos fortes, que continuaron mantendo. A fortaleza de Araklovon en Elis, foi defendida por Doxapatres Boutsaras, que soportou os ataques até 1213, cando a gornición finalmente se rendeu. O forte de Monemvasia, e os castelos de Argos, Nauplia e Corinto baixo León Sgouros resistiron até o seu suicidio en 1208. para 1212, estes tamén foran conquistados, e organizados como o señorío de Argos e Nauplia, e só Monemvasia continuou resistindo até 1248. Guillerme de Champlitte gobernou Acaia ata que partiu a Francia para asumir unha herdanza, pero morreu no camiño en 1209. Foi sucedido por Geoffroi I de Villehardouin, que gobernou até a súa morte en 1219.

Organización do Principado

editar

Organización territorial

editar

Acaia era bastante pequena: consistía na península do Peloponeso (entón coñecida como Morea), pero era bastante rica, exportando viño, pasas, cera, mel, aceite e seda. A capital do Principado estaba orixinalmente en Andravida. Limitaba ao norte con Epiro e o Ducado de Atenas e rodeado polos territorios venecianos ocupados no mar Exeo, incluíndo as fortalezas de Modona e Coroni no Peloponeso.

Geoffroi I dividiu o territorio do seu novo dominio entre os seus seguidores. O Principado foi dividido en 12 baronías, cada unha consistente en varios feudos máis pequenos, que foron unidades territoriais e financeiras, cada un correspondente a un ingreso de 1000 hyperpyra. Estes foron: a baronía de Akova (Matagrifon) situado en Arcadia con 24 feudos, de Skorta (en Karitena) con 22 feudos, de Nikli e Geraki con 6 feudos, de Kalavrita con 12 feudos, de Vostitza con 8 feudos, de Veligosti, Gritzena, Passavant (en Laconia) e Chalandritsa con 4 feudos, mentres que a baronía de Kalamata foi conservada como un feudo persoal polos Villehardouins. Tamén houbo sete baronías clericais, dirixidas polo bispo de Patras. Tamén se lles concedeu propiedades extensas ás ordes militares dos Templarios, os Hospitalarios e os Cabaleiros Teutónicos.

Goberno e administración

editar

Os máis importantes señores seculares e eclesiásticos participaban no consello da «Gran Corte», que era presidida polo Príncipe. O consello tiña unha grande autoridade, e as súas decisións eran vinculantes para o Príncipe. As maiores autoridades do Principado eran o chanceler, o primeiro ministro do príncipe, o bailío, o condestábel, o tesoureiro, o protovestiarios, a cargo do tesouro persoal do príncipe, e o pourveur des chastiaux, quen era responsábel do abastecemento dos castelos.

O Principado tamén produciu un único conxunto de leis, o «Assize de Romania», que combinaba aspectos do dereito bizantino e francés, e converteuse en base para as leis dos outros estados cruzados. Varios títulos bizantinos, como logoteta e protovestarios continuaron en uso, aínda que estes títulos foron adaptándose ás concepcións do feudalismo occidental. O sistema bizantino de pronoia tamén foi adaptado para encaixar no feudalismo occidental, os campesiños (paroikoi) posuían tecnicamente a propiedade das súas terras, pero os deberes militares e os impostos que non foran obxecto baixo o sistema de pronoia fóronlles impostas polos seus novos amos franceses.

Os baróns francos estaban sometidos a pesadas obrigacións militares. Tiñan que servir catro meses ao ano co exército do Principado e catro meses máis de garda en varios castelos. Non podían abandonar o Principado, excepto co permiso do Príncipe, e aínda así tiñan que regresar dentro de dous anos e dous días ou confiscaban os seus bens.

O Principado no século XIII

editar

Godofredo I foi sucedido polo seu fillo Godofredo II, que gobernou até a súa morte en 1245. Mediante a confiscación dos impostos eclesiásticos, nos anos 1221-1223 construíu un poderoso castelo en Chlemoutsi, preto da actual Kastro-Kyllini, que utilizou como a súa residencia principal. Debido a isto, entrou en conflito coa Igrexa católica, e foi brevemente excomungado polo Papa. Cando Xoán III de Nicea cercou Constantinopla en 1236, Godofredo II acudiu en axuda do Imperio latino con 100 cabaleiros, 800 porteiros e 6 barcos.

Baixo o seu irmán e sucesor, o príncipe Guillerme II de Villehardouin, o Principado alcanzou o seu apoxeo. Guillerme era un poeta e trobador, e a súa corte tivo a súa propia ceca en Glarenza, e unha próspera cultura literaria, utilizando unha forma distinta de fala francesa. En 1249, Guillerme II trasladou a capital de Acaia á recentemente construída fortaleza de Mistrá, preto da antiga Esparta. En 1255 viuse envolvido na Guerra de Sucesión eubeota, e en 1259 aliouse con Miguel II, déspota de Epiro, contra Miguel VIII Paleólogo de Nicea. Con todo, Miguel II despois desertou para unirse ao bando niceno, e Guillerme foi feito prisioneiro na batalla de Pelagonia. Despois que Constantinopla foi reconquistada por Miguel en 1261, Guillerme foi liberado en 1262 a cambio de Mistra e o resto de Laconia, que se converteu nun despotado bizantino, así como dun xuramento de lealdade ao emperador.

Con todo, pouco despois da súa liberación, Guillerme rompeu o seu xuramento de fidelidade, e comezou a buscar alianzas e axuda de varias nacións occidentais. Informado o gobernador local bizantino das accións de Guillerme, Miguel VIII enviou un exército baixo o mando do seu medio irmán, Constantino, contra Guillerme, pero a expedición non tivo éxito, os bizantinos foron primeiro derrotados na Batalla de Prinitza en 1263 e logo, despois do regreso de Constantino a Constantinopla, sufriron unha dura derrota na batalla de Makryplagi en 1264.

Despois de Guillerme, o Principado pasou a Carlos de Anjou. No Tratado de Viterbo (1267), Carlos recibiu Acaia do exiliado Balduíno II de Constantinopla, que esperaba que Carlos puidese axudalo a restaurar o Imperio Latino. Carlos e os seus descendentes non gobernaron en Acaia persoalmente, senón a través dunha serie de alguacís designados. Eles fixeron con todo enviar diñeiro e soldados para axudar a defender o principado contra a invasión bizantina.

O conflito feudal de Morea (1307-1383)

editar

Para este período o Principado estaba baixo un conflito de sucesión violenta, que foi orixinado polo deposto emperador latino Balduíno II que deu o señorío de Acaia como agasallo a Carlos I de Sicilia a cambio de apoio no seu intento de reconquistar o trono de Constantinopla, unha acción que ignorou os dereitos dos Príncipes de Villehardouin de Acaia. Os reis anxevinos de Nápoles posteriormente deron Acaia como o seu feudo a unha serie dos seus propios familiares, que loitaron contra a princesa Margarida de Villehardouin e os seus herdeiros.

Carlos II de Nápoles nun primeiro momento concedeu o feudo de Morea ou Acaia á princesa Isabela de Villehardouin (da dinastía de Villehardouin), pero a depuxo en 1307 e outorgoullo ao seu fillo Filipe I de Tarento, quen en 1313 transferiuno a Matilda (ou Mafalda, ou Maud) de Hainaut, a herdeira de Isabela de Villehardouin, que casou con Loi de Borgoña, rei titular de Tesalónica. Pero Margarida, a filla máis nova de Guillerme II Villehardouin, reclamou os seus dereitos a partir de 1307. En 1313 ela reclamounos novamente sen éxito e logo os seus dereitos foron transferidos á súa filla Isabel de Sabran, esposa de Fernando de Mallorca. O fillo de Fernando e Isabel, coñecido como Xaime o Temerario, foi proclamado príncipe de Morea en 1315 baixo a rexencia do seu pai, que conquistou o principado entre 1315 e 1316 pero Fernando foi derrotado e executado por Lois de Borgoña e Matilda en 1316. En 1316, Lois de Borgoña morreu e o rei Roberto de Nápoles depuxo a Matilda e deu o principado ao seu irmán Xoán de Durazzo, con quen Matilda casou brevemente pola forza antes de ser encarcerada.

Desde 1331 os señores feudais comezaron a recoñecer os dereitos de Xaime, e en 1333 o recoñecemento foi total. Entón Xoán transferiu os seus dereitos á súa cuñada, Catarina de Valois, titular emperatriz de Constantinopla, a esposa de Filipe I de Tarento, cuxo fillastro Roberto reclamou os seus dereitos até 1346 cando ela morreu. Daquela a reclamación foi emitida polo fillo de Filipe e Catarina, Filipe II de Tarento. En 1349 Xaime foi sucedido polo seu fillo Xaime IV (II de Morea). En 1364 Roberto de Tarento, o fillastro de Catarina e fillo máis vello de Filipe I de Tarento, morreu. En 1373 Filipe II transferiu os seus dereitos á súa curmá e antiga cuñada Xoana I de Nápoles, xunto co seu terceiro marido Xaime IV de Mallorca, cando morreu en 1375, deixou a súa propia demanda do Principado, no punto en que ela se converteu máis ou menos na indiscutíbel princesa de Acaia. Con todo, cando Xoana foi encarcerada en Nápoles en 1381, Xaime de Baux, neto de Catalina e sobriño de Filipe II, que en 1374 se converteu en emperador titular de Constantinopla, aproveitou a oportunidade e tomou Acaia. En 1383, Acaia foi anexada por Carlos III de Nápoles, o sucesor e asasino da raíña Xoana de Nápoles, que era o neto de Xoán de Durazzo, e Xaime de Baux foi expulsado. En 1383 o empezou o goberno vigairo, durando até 1396, baixo os reis de Nápoles.

En 1404, Ladislau, rei de Nápoles, instalou a Centurión II Zaccaria, o señor de Arcadia (actual Kyparissia), como príncipe. Centurione seguiu mantendo o posto até 1430, cando as invasións de Tomé Paleólogo, o déspota de Morea, o obrigaron a se retirar ao seu ancestral castelo de Mesenia. Posteriormente casou á súa filla e herdeira, Catarina, con Tomé, e así á súa morte en 1432, o principado fusionouse co Despotado de Morea. En 1450, o seu fillo ilexítimo, Xoán Asen, era o foco de rebelións contra o déspota Constantino Dragases. Con todo, a reconquista bizantina tivo curta duración, xa que en 1460 os otománs conquistaron o Despotado.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • A Crónica de Morea
  • Finley Jr, John H. «Corinto durante a Idade Media». Speculum, vol. 7, n.º 4 (oct., 1932), pp. 477–499.
  • Tozer, H. F. «Os francos no Peloponeso». The Journal of Hellenic Studies, vol. 4 (1883), pp. 165–236.

Ligazóns externas

editar