Filipe I de Tarento

Filipe I de Tarento (en italiano: Filippo I di Taranto, francés: Philippe Iº de Tarente, grego: Φίλιππος Α' του Τάραντα), nado en Nápoles o 10 de novembro de 1278 e finado o 26 de decembro de 1332, foi príncipe de Tarento, déspota de Epiro, rei de Albania, príncipe de Acaia e emperador titular latino de Constantinopla. Pertencente á casa de Anjou, foi fillo do rei Carlos II de Nápoles e Sicilia e María de Hungría, filla do rei Estevo V. O 4 de febreiro de 1294 recibiu o título de príncipe de Tarento en Aix-en-Provence. Este nomeamento formou parte do plan do seu pai para lle conceder un imperio oriental no mar Adriático, de feito, en agosto dese mesmo ano contraeu matrimonio con Tamar Anxelina Comnena e recibiu do seu pai o Reino de Albania, a soberanía do Principado de Acaia e todos os seus dereitos no Imperio Latino e o Señorío de Vlaquia.

Infotaula de personaFilipe I de Tarento

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de novembro de 1278 Editar o valor em Wikidata
Nápoles Editar o valor em Wikidata
Morte26 de decembro de 1331 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Nápoles Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja de São Domingos Maior (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
King of Albania (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Anjou-Sicilia Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCatarina de Valois-Courtenay (1313 (Gregoriano)–)
Thamar Angelina Komnene (en) Traducir (1294 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosLouis, Prince of Taranto (en) Traducir
 () Catarina de Valois-Courtenay
Margaret of Taranto (en) Traducir
 () Catarina de Valois-Courtenay
Carlos de Tarento (pt) Traducir
 () Thamar Angelina Komnene (en) Traducir
Peter of Taranto (en) Traducir
 () Thamar Angelina Komnene (en) Traducir
Blanche of Taranto (en) Traducir
 () Thamar Angelina Komnene (en) Traducir
Filipe (pt) Traducir
 () Thamar Angelina Komnene (en) Traducir
Filipe II de Tarento
 () Catarina de Valois-Courtenay
Joan of Anjou, Queen of Armenia (en) Traducir
 () Thamar Angelina Komnene (en) Traducir
Roberto de Tarento
 () Catarina de Valois-Courtenay
Margaret of Taranto (en) Traducir
 () Thamar Angelina Komnene (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCarlos II de Anjou Editar o valor em Wikidata  e Maria da Hungria, Rainha de Nápoles (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLeonor de Anjou, Branca de Anjou (pt) Traducir, Maria de Anjou (pt) Traducir, Margarida de Anjou-Sicília (pt) Traducir, Luís de Toulouse (pt) Traducir, Roberto I de Nápoles, Carlos Martel de Anjou, Raimundo Berengar de Andria (pt) Traducir, Peter Tempesta (pt) Traducir e João de Gravina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: D'Anjou-143

Á morte do seu sogro Nicéforo asumiu tamén o título de «déspota de Romania». A revolta contra os anxevinos en Sicilia conduciu á guerra das Vésperas sicilianas, na que Filipe foi derrotado en 1299 por Frederico II de Sicilia, quen o mantivo prisioneiro até 1302. Co fin de adquirir novos territorios, en 1309 repudiou á súa esposa por cargos de adulterio e casou con Catarina de Valois-Courtenay, emperatriz titular latina, aínda que estaba comprometida con Hugo V de Borgoña, rei titular de Tesalónica. Á súa morte en 1332 todos os seus títulos pasaron a Roberto de Tarento, o fillo máis vello do seu segundo matrimonio.

Traxectoria editar

Príncipe de Tarento editar

 
Selo de Filipe I de Tarento

Filipe naceu en Nápoles, fillo máis novo de Carlos II de Nápoles e María de Hungría, filla do rei Estevo V de Hungría.[1] O 4 de febreiro de 1294, o seu pai nomeouno príncipe de Tarento en Aix-en-Provence, e o 12 de xullo de 1294 foi ascendido a Vigairo Xeral do Reino de Sicilia.[1] Estas honras foron o preludio do plan de Carlos para crear un suposto imperio no Adriático para Filipe. O día en que foi investido como Vigairo Xeral, casou por poder con Tamar Anxelina Comnena, filla de Nicéforo I Comneno Ducas, déspota de Epiro[2]. Ameazado polo Imperio bizantino, Nicéforo decidira buscar a protección dos anxevinos, e acordou o matrimonio entre Tamar e Filipe. Os dous casaron o 13 de agosto de 1294 en L'Aquila. Despois do seu matrimonio, Carlos cedeu a Filipe a soberanía sobre Acaia e o Reino de Albania, así como todos os seus dereitos ao Imperio latino e o Señorío de Vlaquia[3]. Pola súa banda, Nicéforo cedeu como dote da súa filla as fortalezas de Vonitsa, Vrachova, Gjirokastra e Naupacto, situadas en Etolia, ademais de aceptar a sucesión deste por enriba do lexítimo herdeiro, o seu fillo Tomé. Á morte de Nicéforo (c. 1297), Filipe tomou o título de «déspota de Romania», reclamando Epiro, Etolia, Acarnania, e Vlaquia[4]. Con todo, a viúva de Nicéforo, Ana Cantacucena, proclamou ao seu fillo Tomé como lexítimo déspota de Epiro e asumiu a rexencia.

Guerra de Sicilia editar

Como Vigairo Xeral do Reino de Sicilia, preparou a invasión da illa en novembro de 1299. Cun exército formado por cincuenta galeras, numerosas tropas e nobres, cercou Trapani[5]. Frederico II, rei de Sicilia da casa de Aragón, reuniu as súas tropas en Castrogiovanni e marchou para levantar o sitio de Trapani, atopándose co exército de Filipe en Falconara. Na batalla de Falconara, Frederico II e os comandantes Blasco de Alagón o Vello, Ramón III de Moncada, cos almogávares de Berenguer de Entenza e de Montcada, derrotaron a Filipe e fixérono prisioneiro. Non foi liberado até 1302, cando se asinou o Tratado de Caltabellotta.

Príncipe de Acaia editar

En 1306, Filipe de Savoia e Isabel de Villehardouin, o príncipe e a princesa de Acaia, visitaron a corte de Carlos en Nápoles. Filipe de Savoia foi acusado de deslealdade e falta de apoio a Carlos nunha campaña contra Epiro[6]. Xa que Isabel non solicitara o consentimento do seu señor feudal antes de casar con el, Carlos desposuíunos do Principado de Acaia e outorgouno directamente a Filipe de Tarento o 5 de maio de 1306[7]. Filipe fixo unha única visita persoal a Acaia pouco despois de aceptar a homenaxe dos seus vasalos en Glarentza e emprender unha campaña sen éxito contra o Despotado de Epiro. Deixou a Guido II de la Roche, duque de Atenas, como o seu bailío en Acaia[8]. Pola súa banda, o 11 de maio de 1307, Filipe de Piemonte renunciou formalmente ás súas pretensións sobre o territorio.

Emperador titular latino de Constantinopla editar

 
Selo de Filipe I de Tarento como emperador titular latino de Constantinopla.
 
Escudo de armas de Filipe I de Tarento como emperador titular de Constantinopla.

En 1309, acusou de adulterio a Tamar, o que probabelmente foi unha acusación falsa. Isto liberouno para tomar parte nun complexo pacto matrimonial[9]. Catarina de Valois-Courtenay, que retiña os dereitos sobre o derrocado Imperio latino estaba comprometida con Hugo V de Borgoña, que retiña os dereitos do Reino de Tesalónica.[10]. Este compromiso rompeu, e Catarina casou con Filipe en Fontainebleau o 29 de xullo de 1313[11]. A cambio, as súas terras maternas en Courtenay e outras propiedades no continente foron cedidas a Xoana de Borgoña, a irmá de Hugo V, que casou co medio irmán de Catarina, Filipe de Valois. Hugo V comprometeuse con Xoana de Francia, despois condesa de Borgoña e Artois. Filipe de Tarento cedeu o Principado de Acaia a Matilde de Hainaut, que casou co irmán de Hugo V de Borgoña, Lois, o 29 de xullo de 1313[12]. Esta doazón, con todo, foi restrinxida: se a parella morría sen herdeiros, o principado tería que volver á Casa de Borgoña mentres que Matilde gozaría do usufructo polo resto da súa vida, sempre que non volvese a casar novamente sen o permiso do seu señor Filipe. Para completar a separación de dereitos entre Oriente e Occidente, Hugo V de Borgoña cedeu os seus dereitos no Reino de Tesalónica en favor do seu irmán Lois, mentres que este renunciaba aos seus dereitos sobre a herdanza dos seus pais en favor do seu irmán Hugo. O compromiso do fillo máis vello de Filipe de Tarento, Carlos, con Matilde de Hainaut rompeu e comprometeuse con Xoana de Valois-Courtenay, a irmá máis nova de Catarina[13]. Filipe tamén cedeu ao seu fillo Carlos o título de déspota de Romania e outros dereitos.

Guerra entre güelfos e xibelinos editar

En 1315, Filipe foi enviado polo seu irmán Roberto I de Nápoles para comandar un exército que auxiliase aos florentinos, que estaban a ser ameazados polos pisanos de Uguccione della Faggiola[14]. O exército florentino-napolitano foi derrotado seriamente na batalla de Montecatini o 29 de agosto de 1315. O irmán máis novo de Filipe, Pedro de Gravina, e o seu fillo Carlos de Tarento, foron asasinados.

Últimos anos editar

A morte sen herdeiros de Lois de Borgoña en 1316 alterou os plans anxevinos para Acaia[15]. Roberto de Nápoles persuadiu a Matilde para casar con Xoán de Gravina, o seu irmán e tamén irmán de Filipe, pero cando Matilde se negou, foi secuestrada e levada a Nápoles[16]. Tras longas persuasións e ameazas, foi obrigada en 1318 a dar o seu consentimento para o matrimonio mentres que Federico Trogisio foi enviado a Acaia como novo bailío do principado[17].

En 1320, Odón IV de Borgoña, despois de varias protestas, aceptou vender os seus dereitos sobre o Principado de Acaia e o Reino de Tesalónica a Lois de Clermont por 40 000 libras[18]. Con todo, Filipe, financiado por Filipe V de Francia, comprou os dereitos sobre Acaia pola mesma suma en 1321[19]. Mentres tanto, Matilde de Hainaut protestou ante a corte papal en Aviñón, onde revelou que casara en segredo co cabaleiro borgoñés Hugo de La Palice[20]. Como resultado diso, o seu matrimonio con Xoán de Gravina foi anulado, pero de paso daba a outra serie de argumentos aos anxevinos para a confiscación do Principado de Acaia[21]. Esta, por suposto, foi concedida directamente a Xoán de Gravina, a cambio de 40 000 libras, o prezo pago ao duque de Borgoña, mentres que Matilde pasou o resto dos seus días encarcerada en Aversa para evitar novas reclamacións[22][23].

Consolidado o Principado de Acaia en mans do seu irmán máis novo, Filipe de Tarento continuou planeando a recuperación do Imperio latino.[24] En 1318 fixo unha alianza co seu sobriño Carlos I de Hungría, pero en 1330 o último dos fillos do seu primeiro matrimonio, Carlos de Tarento, morreu sen descendencia, devolvéndolle o título de déspota de Romania.[24] Todos os seus dereitos e títulos pasaron á súa morte, dous anos despois, ao fillo máis vello do seu segundo matrimonio, Roberto de Tarento.

Descendencia editar

Os fillos do seu primeiro matrimonio (1296), con Tamar Anxelina Comnena, que terminou cun divorcio (1309):

Os fillos do seu segundo matrimonio (1313), con Catarina de Valois-Courtenay:

  • Roberto (1319-1364), príncipe de Tarento, emperador titular de Constantinopla (como Roberto II).
  • Lois (1320-1362), príncipe de Tarento e rei de Nápoles por dereito da súa esposa.
  • Margarida (aprox. 1325-1380), casada primeiro con Eduardo de Balliol, rei de Escocia, e logo con Francisco de Baux, duque de Andria. Deste último foi a nai de Jaime de Baux, príncipe de Acaia e emperador titular de Constantinopla.
  • María (1327 -?, morreu mozo).
  • Filipe II (1329-1374), príncipe de Tarento e Acaia, emperador titular de Constantinopla (como Filipe III).

Devanceiros editar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Filipe II de Francia
 
 
 
 
 
 
 
8. Lois VIII de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Isabel de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
4. Carlos I de Nápoles
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Afonso VIII de Castela
 
 
 
 
 
 
 
9. Branca de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Leonor Plantagenet
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlos II de Nápoles
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Afonso II da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
10. Ramón Berenguer V da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Xersenda de Sabran
 
 
 
 
 
 
 
5. Beatriz I da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Tomé I de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
11. Beatriz de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Margarida de Xenebra
 
 
 
 
 
 
 
1. Filipe I de Tarento
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. André II de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
12. Bela IV de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Xertrude de Merania
 
 
 
 
 
 
 
6. Estevo V de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Teodoro I Láscaris
 
 
 
 
 
 
 
13. María Láscarina
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Ana Comnena Anxelina
 
 
 
 
 
 
 
3. María de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Suthoi de Cumania
 
 
 
 
 
 
 
14. Köten de Cumania
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Isabel a Cumana
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "SICILY". fmg.ac. Consultado o 2019-02-13. 
  2. Kerrebrouck 2000, p. 283
  3. Setton 1975, p. 106
  4. Sturdza 1999
  5. Setton 1976, p. 152
  6. Setton 1975, p. 107
  7. Fine 1994, p. 219
  8. Finlay 2009, p. 165
  9. Sturdza 1999, p. 499
  10. RHGF XX, Continuatio Chronici Guillelmi de Nangiaco, p. 607.
  11. Finlay 2009, p. 254
  12. Sturdza 1999, p. 498
  13. Miller 1908, p. 251
  14. Annales Senenses MGH SS XIX, p. 232.
  15. Miller 1908, p. 256
  16. Fine 1994, p. 241
  17. Setton 1975, p. 115
  18. RHGF XX, Continuatio Chronici Guillelmi de Nangiaco, p. 613.
  19. Setton 1975
  20. Finlay 2009, p. 257
  21. Finlay 2009, p. 258
  22. Setton 1975, p. 116
  23. Setton 1975, p. 117
  24. 24,0 24,1 Setton 1975, p. 47

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fine, John Van Antwerp (1994). The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest (en inglés). University of Michigan Press. ISBN 978-0472082605. 
  • Finlay, George (2009) [1851]. The history of Greece from its conquest by the Crusaders to its conquest by the Turks, and of the empire of Trebizond, 1204-1461 (en inglés). University of Michigan Press. ISBN 1150606843. 
  • Kerrebrouck, Patrick van (2000). Les Capétiens, 987-1328 (en francés). Villeneuve d'Asq. ISBN 2950150942. 
  • Miller, W. (1908). The Latins in the Levant. A History of Frankish Greece (1204-1566) (en inglés). 
  • Setton, Kenneth M. (1975). A History of the Crusades: Volumen III — The Fourteenth and Fifteenth Centuries (en inglés). Madison: University of Wisconsin Press. 
  • Setton, Kenneth M. (1976). The Papacy and the Levant (1204-1571), Volume I: The Thirteenth and Fourteenth Centuries (en inglés). The American Philosophical Society. ISBN 0-87169-114-0. 
  • Sturdza, M. D. (1999). Dictionnaire Historique et Généalogique des Grandes Familles de Grèce, d'Albanie et de Constantinople (en francés) (2 ed.). París.