Odón IV de Borgoña
Odón IV de Borgoña-ducado e Odón I de Borgoña-condado, nado en 1295 e finado en Sens en 1350, foi duque de Borgoña (1315 - 1349) por dereito propio e conde de Borgoña e Artois (1330 - 1347) por dereito da súa muller.
Odón IV de Borgoña | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1295 |
Falecemento | 3 de abril de 1350 |
Lugar de falecemento | Sens |
Causa | peste |
Soterrado | Abadia de Cister |
Ocupación | aristócrata |
Pai | Roberto II de Borgoña |
Nai | Inés de Francia, duquesa de Borgoña |
Cónxuxe | Xoana III de Borgoña |
Fillos | Filipe de Borgoña |
Irmáns | Margarida de Borgoña, Xoana de Borgoña, Branca de Borgoña e de Francia, Luís de Borgoña, Hugo V de Borgoña e Marie de Borgoña |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Orixes familiares Editar
Fillo do duque Roberto II de Borgoña e Inés de Francia, por liña paterna era neto de Hugo IV de Borgoña e Iolanda de Dreux, e por liña materna de Luís IX de Francia e Margarida de Provenza. Era irmán do duque Hugo V de Borgoña, ao que sucedeu.
Matrimonios e descendencia Editar
Casou o 18 de xuño de 1318 en Nogent-sur-Seine coa condesa Xoana III de Borgoña, filla do rei Filipe V de Francia e da súa muller Xoana II de Borgoña. Desta unión naceron:
- un fillo morto (1322).
- o infante Filipe de Borgoña (1323 - 1346), pai do duque Filipe I de Borgoña.
- o infante Xoán de Borgoña (1325 - 1328).
- un fillo morto (1327).
- un fillo morto (1330).
- un fillo morto (1335).
Ducado de Borgoña Editar
A morte do seu irmán máis vello en 1315 fíxoo herdeiro do Ducado de Borgoña.
Á morte do rei Luís X de Francia e do seu sucesor, Xoán I de Francia, apoiou as reivindicacións da filla do rei, Xoana de Francia, e sobriña do propio Odón IV, ao trono francés. Despois retirou o apoio á súa sobriña para poder casar coa filla do rei francés.
En xullo de 1346 puxo a Jean de Vienne e Enguerrand de Beaulo ao mando de Calais, ata que o 14 de agosto chegou Jean de Fosseux para asumir o mando da cidadela[1], que finalmente caeu en mans inglesas o 3 de agosto de 1347.
Morte Editar
Odón IV de Borgoña faleceu en Sens o 3 de abril de 1350 e foi enterrado en Cîteaux. Debido á prematura morte do seu fillo, Filipe de Borgoña, sucedeuno o seu neto Filipe I de Borgoña.
Notas Editar
- ↑ (en inglés) Jonathan Sumption, The Hundred Years War: Trial by battle, p.537
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Odón IV de Borgoña |