Filipe V de Francia
Filipe V de Francia e II de Navarra o Longo (en francés Philippe V de France, Philippe II de Navarre ou Philippe V le Long), nado en 1293 e finado na Abadía de Longchamp o 3 de xaneiro de 1322, foi conde de Borgoña (1315-1322); rexente de Francia e Navarra (1316) e rei de Francia e Navarra (1316-1322).
Filipe V de Francia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1293 |
Lugar de nacemento | Vincennes |
Falecemento | 3 de xaneiro de 1322 |
Lugar de falecemento | Abbey of Longchamp |
Causa | infección |
Soterrado | Basílica de Saint-Denis |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | gobernante |
Pai | Filipe IV de Francia |
Nai | Xoana I de Navarra |
Cónxuxe | Joana II, Condessa da Borgonha |
Fillos | Xoana III de Borgoña, Margarida I de Borgoña, Blanche van Frankrijk e Isabella of France, Dauphine of Viennois |
Irmáns | Sabela de Francia, Carlos IV de Francia e Luís X de Francia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Orixes familiaresEditar
Nado en 1293, era o cuarto fillo do rei Filipe IV de Francia e da raíña Xoana I de Navarra[1].
Era neto por liña paterna de Filipe III de Francia e da princesa Isabel de Hungría, e por liña materna de Henrique I de Navarra e Branca de Artois. Era irmán dos reis Luís X e Carlos IV.
Matrimonios e descendenciaEditar
Casou en xaneiro de 1307 coa condesa Xoana II de Borgoña, condesa de Artois e condesa de Borgoña, filla de Otón IV de Borgoña e Matilda de Artois. Desta unión naceron:
- a princesa Xoana III de Borgoña (1308-1347), condesa de Borgoña, casou en 1318 con Eudes IV de Borgoña, duque de Borgoña.
- A princesa Margarida I de Borgoña (1309-1382), condesa de Borgoña, casou en 1320 con Luís I de Flandres.
- a princesa Isabel de Francia (1312-1348).
- Príncipe Filipe de Francia (1313-1321).
- A princesa Branca de Francia (1314-1358), relixiosa.
- Príncipe Luís de Francia (1315-1317).
Ascenso ao tronoEditar
En 1316 á morte do rei Luís X de Francia, o irmán máis vello de Filipe, houbo serias disputas pola sucesión ao trono. Luís deixara unha filla, Xoana de Navarra, e un fillo que aínda non nacera. Á espera de descubrir o sexo do neno, Filipe V converteuse en rexedor do reino durante os cinco meses de embarazo da raíña viúva. Cando naceu un fillo varón, Xoán I de Francia, inmediatamente foi proclamado rei e sucesor de Luís X, co seu tío Filipe na rexencia. Por desgraza, o neno morreu cinco días despois de nacer. Xoana de Navarra reivindicou os seus dereitos, pero a Lei Sálica impediulle que reinase en Francia, pero non no Reino de Navarra, pero as súas demandas foron ignoradas e Filipe V foi nomeado rei.
Filipe V foi un gobernador enérxico, decidido e intelixente. Así loitou por abolir os privilexios da nobreza, terminando así progresivamente co sistema feudal da época e acadando un poder real centralizado. Durante o seu reino promulgou, redactou e asinou un gran número de ordenanzas reais, edictos e disposicións. Comezou a existencia da Cámara de Contas, o que permitiría sanear a administración pública. Continuou a Guerra de Flandres, iniciada polo seu pai, e en 1320 adquiriu varios territorios flamengos unha vez rematada esta. A continuación da política de seu pai impuxo altos impostos aos xudeus.
Morreu o 3 de xaneiro de 1322 na cidade de Longchamps e foi enterrado na catedral de Saint-Dennis. Pola morte dos seus fillos varóns, a coroa pasou ao seu irmán máis novo.
NotasEditar
- ↑ France Capetian kings (en inglés)