Odón IV de Borgoña

(Redirixido desde "Eudes IV de Borgoña")

Odón IV de Borgoña-ducado e Odón I de Borgoña-condado, nado en 1295 e finado en Sens en 1350, foi duque de Borgoña (1315 - 1349) por dereito propio e conde de Borgoña e Artois (1330 - 1347) por dereito da súa muller.

Odón IV de Borgoña
Odo4.jpg
Nacemento1295
Falecemento3 de abril de 1350
 Sens
Causapeste
SoterradoAbadia de Cister
Ocupaciónaristócrata
PaiRoberto II de Borgoña
NaiInés de Francia, duquesa de Borgoña
CónxuxeXoana III de Borgoña
FillosFilipe de Borgoña
IrmánsMargarida de Borgoña, Xoana de Borgoña, Branca de Borgoña e de Francia, Luís de Borgoña, Hugo V de Borgoña e Marie de Borgoña
editar datos en Wikidata ]
Escudo de Odón IV de Borgoña, usando as armas do seu tío Odón de Nevers.

TraxectoriaEditar

Orixes familiaresEditar

Fillo do duque Roberto II de Borgoña e Inés de Francia, por liña paterna era neto de Hugo IV de Borgoña e Iolanda de Dreux, e por liña materna de Luís IX de Francia e Margarida de Provenza. Era irmán do duque Hugo V de Borgoña, ao que sucedeu.

Matrimonios e descendenciaEditar

Casou o 18 de xuño de 1318 en Nogent-sur-Seine coa condesa Xoana III de Borgoña, filla do rei Filipe V de Francia e da súa muller Xoana II de Borgoña. Desta unión naceron:

Ducado de BorgoñaEditar

A morte do seu irmán maior en 1315 fíxoo herdeiro do Ducado de Borgoña.

Á morte do rei Luís X de Francia e do seu sucesor, Xoán I de Francia, apoiou as reivindicacións da filla do rei, Xoana de Francia, e sobriña do propio Odón IV, ao trono francés. Despois retirou o apoio á súa sobriña para poder casar coa filla do rei francés.

En xullo de 1346 puxo a Jean de Vienne e Enguerrand de Beaulo ao mando de Calais, ata que o 14 de agosto chegou Jean de Fosseux para asumir o mando da cidadela[1], que finalmente caeu en mans inglesas o 3 de agosto de 1347.

MorteEditar

Odón IV de Borgoña faleceu en Sens o 3 de abril de 1350 e foi enterrado en Cîteaux. Debido á prematura morte do seu fillo, Filipe de Borgoña, sucedeuno o seu neto Filipe I de Borgoña.

NotasEditar

  1. (en inglés) Jonathan Sumption, The Hundred Years War: Trial by battle, p.537

Véxase taménEditar