Hugo V de Borgoña
Hugo V de Borgoña, nado en 1294 e finado en Argilly en 1315, foi duque de Borgoña entre 1306 e 1315.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1294 ![]() |
Morte | 9 de maio de 1315 ![]() Argilly, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Abadia de Cister (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata ![]() |
Outro | |
Título | Duque ![]() |
Familia | Casa de Borgoña ![]() |
Pais | Roberto II de Borgoña ![]() ![]() |
Irmáns | Margarida de Borgoña Xoana de Borgoña Branca de Borgoña e de Francia Eudes IV de Borgoña Lois de Borgoña Marie de Borgoña ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarOrixes familiares
editarFillo do duque Roberto II de Borgoña e Inés de Francia, por liña paterna era neto de Hugo IV de Borgoña e Iolanda de Dreux e por liña materna de Lois IX de Francia e Margarida da Provenza. Era irmán do tamén duque Odón IV de Borgoña.
Promesa
editarPrometeuse en 1302 con Catarina II de Valois-Courtenay, filla do duque Carlos I de Valois e da emperatriz Catarina I de Courtenay. Pero á morte de Catarina I, en 1307, Carlos de Valois nomeouna herdeira do título imperial da súa nai e rompeu a promesa con Hugo V.
Con esta ruptura, Hugo V de Borgoña esixiu unha indemnización. Aínda que inicialmente estivo prometido con Xoana de Francia, filla do rei Lois X de Francia, finalmente foi recompensado coas terras dos Courtenay así como co matrimonio da súa irmá Xoana de Borgoña co príncipe, e futuro rei, Filipe VI de Francia.
Sucedeuno o seu irmán Odon IV de Borgoña.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hugo V de Borgoña |