Hugo IV de Borgoña
Hugo IV de Borgoña, nado o 9 de marzo de 1213 e finado en Villaines-en-Duesmois en 1271, foi duque de Borgoña entre 1218 e 1271.
Hugo IV de Borgoña | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de marzo de 1213 |
Lugar de nacemento | Villaines-en-Duesmois |
Falecemento | 27 de outubro de 1272 e 30 de outubro de 1272 |
Lugar de falecemento | Villaines-en-Duesmois |
Soterrado | Abadia de Cister |
Nacionalidade | Reino de Francia |
Ocupación | político |
Pai | Eudo III, Duque da Borgonha |
Nai | Alix de Vergy |
Cónxuxe | Iolanda de Dreux, Duquesa da Borgonha e Beatriz de Navarra |
Fillos | Eudo de Borgonha, Conde de Nevers, João de Borgonha, Conde de Charolais, Adelaide de Borgonha, Roberto II de Borgoña, Isabel de Borgonha, Margarida da Borgonha, Beatriz de Borgonha, Marguerite de Bourgogne, Jeanne de Bourgogne e Hugh of Burgundy |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Orixes familiaresEditar
Naceu o 9 de marzo de 1213, sendo o único fillo varón do duque Odón III de Borgoña e da súa segunda muller, Alicia de Vergy. Ela era neta por liña paterna de Hugo III de Borgoña e Alicia de Lorena.
Matrimonios e descendentesEditar
Casou por primeira vez en 1229 con Iolanda de Dreux, filla do conde Roberto III de Dreux e Leonor de Saint-Valery. Desta unión naceron:
- a infanta Margarida de Borgoña (1229 - 1277).
- o infante Odón de Borgoña (1230 - 1266), conde iure uxori de Nevers, Tonnerre e Auxerre.
- o infante Xoán de Borgoña (1231 - 1268), casado con Inés de Borbón-Dampierre e pais de Beatriz de Borgoña.
- a infanta Alicia de Borgoña (1233 - 1273), casada con Henrique III de Brabante.
- o infante Roberto II de Borgoña (1248 - 1306), duque de Borgoña.
En novembro de 1258 casou, en segundas nupcias, con Beatriz de Navarra, filla do rei Teobaldo I de Navarra e Margarida de Borbón-Dampierre. Desta unión naceron:
- o infante Hugo de Borgoña (1260 - 1288).
- A infanta Beatriz de Borgoña (c. 1260 - 1329), casada con Hugo XIII da Marca.
- A infanta Isabel de Borgoña (1270 - 1323), casada co emperador Rodolfo I de Habsburgo.
Ducado de BorgoñaEditar
Acompañou a San Luís á Sétima Cruzada e fixérono prisioneiro de Mansourah. En 1266 Balduíno II de Courtenay, emperador derrocado de Constantinopla, cedeulle o reino de Tesalónica pola axuda que recibira na reconquista de Constantinopla.
Baixo o reinado de Hugo IV de Borgoña, o Ducado de Borgoña expandiuse grazas á incorporación dos condados de Chalon e Auxone.