Hugo III de Borgoña

Hugo III de Borgoña, nado en 1148 e finado en Acre en 1192, foi duque de Borgoña (1162 - 1192).

Hugo III de Borgoña
Hugh III.jpg
Nacemento1148
 valor descoñecido
Falecemento25 de agosto de 1192
 Acre
SoterradoAbadia de Cister
Ocupaciónaristócrata
PaiEudo II, Duque da Borgonha
NaiMaria de Champanhe
CónxuxeAlice de Lorena e Béatrice d'Albon
FillosEudo III, Duque da Borgonha, Guigues VI de Viennois, Anne de Bourgogne, Alexander of Burgundy, Douce de Bourgogne, Alix de Bourgogne e Mahaut de Bourgogne
IrmánsMatilde de Borgonha e Alix de Bourgogne
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Orixes familiaresEditar

Naceu en 1142 e era fillo do duque Odón II de Borgoña e de María de Blois. Era neto por liña paterna de Hugo II de Borgoña e Matilda de Mayenne e por liña materna de Teobaldo II de Champaña e Matilda de Carintia.

Matrimonio e descendentesEditar

Casou en 1165 con Alicia de Lorena, filla de Mateo I de Lorena e Berta de Suabia. Desta unión naceron:

En 1183, repudiou a Alicia de Lorena e casou, por segunda ese mesmo ano, en St-Gilles-en-Languedoc, coa condesa Beatriz de Albon, filla de Guigón V de Albon e Beatriz de Montferrato. Desta unión naceron:

Ducado de BorgoñaEditar

O reinado de Hugo III marcou o final do período de relativa calma e paz no Ducado de Borgoña. Hugo III foi un duque belixerante e pronto entrou en conflito co rei Luís VII de Francia polas fronteiras entre os dous dominios. A morte do rei e o ascenso do seu fillo Filipe II de Francia fixeron que Hugo III obrigase a moitos señores feudais a romper a súa vasalaxe co rei francés, polo que o rei francés ocupou o ducado. O seu fillo foi feito prisioneiro, polo que tivo que pagar un rescate elevado e tivo que renunciar ás súas pretensións sobre Francia.

En 1187 Hugo III mudou a capital do Ducado de Borgoña a Dijon.

Aliouse con Ricardo Corazón de León e emprendeu a Terceira Cruzada con el contra Saladino. Hugo III tivo unha importancia vital na captura da cidade de Acre, onde morreu un ano despois, o 25 de agosto de 1192, e na batalla de Arsuf, na que comandou os francos[1].

NotasEditar

Véxase taménEditar