Sant Lluís é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 34,75 km² onde no ano 2020 vivían 6 735 habitantes. A vila diferénciase do resto de poboacións menorquinas en que foi fundada polos franceses, durante o seu breve dominio da illa, no século XVIII.

Modelo:Xeografía políticaSant Lluís
Imaxe

Nomeado en referencia aLois IX de Francia Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°50′58″N 4°15′29″L / 39.849444444444, 4.2580555555556Coordenadas: 39°50′58″N 4°15′29″L / 39.849444444444, 4.2580555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Baleares
Provincia históricaprovincia de Baleares
IllaMenorca Editar o valor em Wikidata
CapitalSant Lluís (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación7.019 (2023) Editar o valor em Wikidata (201,99 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie34,75 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude60 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal07710 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE07052 Editar o valor em Wikidata

Sitio webajsantlluis.org Editar o valor em Wikidata

Etimoloxía editar

O nome do concello púxose en honra do rei Lois XV de Francia, que reinaba na época da súa fundación.

Historia editar

Fundación editar

Sant Lluís é unha das vilas máis novas da illa. Foi fundada durante a breve estancia dos franceses en Menorca durante o século XVIII na zona antes coñecida como Garriga de Binifadet, ao sueste da illa. En honra ao rei francés Lois XV (e para deixar constancia da súa dominación) fundouse a vila. O 18 de abril de 1756, Domingo de Resurrección, na praia de Santandria desembarcaron doce mil soldados franceses ao servizo do mariscal de Francia Duque de Richelieu, transportado nunha frota polo Almirante Galissonère. A expedición militar finalizou co asentamento do castelo de San Filipe e a rendición dos británicos. A idea de crear unha nova vila veu de agrupar os casaríos que se atopaban esparexidos pola zona sueste da xeografía menorquina, despois dos seus intentos errados doutros proxectos como o castelo de San Filipe de Maó.

O inicio das obras da vila deuse coa construción da igrexa no centro en 1761 con protestas dos propietarios das terras da Garriga, que reclamaban os seus dereitos como propietarios aos capataces franceses. Construíuse a igrexa en honra ao rei francés Lois IX. Ao ano seguinte, a corte francesa autorizou ao gobernador da illa, o conde de Lannion, a parcelación dos terreos adxacentes á igrexa para a construción de vivendas. A vila construíuse ao estilo neoclásico da épico, un trazado ortogonal, incluíndo os nomes das rúas (actualmente os nomes consérvanse en lembranza da fundación francesa).

Os franceses non puideron ver acabada a súa obra, xa que polo Tratado de París de 1763 tiveron que entregar a illa aos británicos, que volveron a a dominala.[1] No século XIX, Menorca volveu formar parte de España polo Tratado de Amiens de 1802, polo que os británicos devolvían a illa á coroa española. Sant Lluís estivo unido administrativamente a Maó, agás en períodos constitucionais do século XIX. Foi o 7 de xuño de 1904 cando pasou a ser un municipio de seu.

Primeira metade do século XX editar

Durante a primeira metade do século XX, Menorca estivo á marxe dos acontecementos mundiais, así como da primeira guerra mundial e a segunda guerra mundial. Pero a guerra civil española afectou a toda Menorca, que se mantivo fiel á República e recibiu bombardeos das forzas italianas. Sant Lluís non estivo á marxe de tood isto. Moitas persoas que viviron a época lembran con medo aqueles anos, sobre todo pola represión durante toda a ditadura. Durante aos anos seguintes, así como ocorreu en toda España, Sant Lluís tivo grandes problemas para subsistir. No período anterior á guerra civil, así como nos anos posteriores a esta, a principal actividade económica era o campo. A agricultura e a gandaría foron as principais actividades da vila e os seus arredores, sobre todo para o consumo local.

Democracia e actualidade editar

Coa instauración da democracia en España, Menorca tivo un gran pulo económico coa entrada do turismo á illa. Ata daquela, a diferenza das outras illas do arquipélago balear, Menorca por ser un lugar estratéxico militar, tíñao prohibido durante a ditadura. Sant Lluís beneficiouse moito disto. A expansión das urbanizacións como Punta Prima, S'Algar, Binibèquer Vell e Binissafúller, así como as vilas pesqueiras xa existentes como Alcalfar durante os últimos anos do franquismo e os anos seguintes, fixeron da vila e os seus arredores un punto turístico moi importante e cun gran potencial. Hoxe en día Sant Lluís está en constante crecemento demográfico e estrutural. A súa oferta turística e cultural é moi ampla.

Demografía editar

Evolución da poboación de Sant Lluís dende a década dos 50 ata agora:

Poboación por núcleos editar

Núcleos Habitantes (2006)[2]
Alcalfar 130
S'Algar 356
Biniancolla 83
Binibèquer Nou 369
Binibèquer Vell 281
Binissafúller-Platja 169
Binissafúller Roters 104
Cap d'en Font 114
Pou Nou-Consell 265
Punta Prima 316
Sant Lluís 3 133
Son Remei-Son Ganxo 187
Torret 204
S'Ullastrar 154

Goberno e administración editar

O pleno do concello está constituído por 13 concelleiros e está presidido pola alcaldesa Carolina Marquès Portella do PSOE (4 concelleiros). O resto de concellarías ocúpanas Volem Sant Lluís (3), o PP (4), Proposta per les Illes (1) e Cidadáns-Partido da Cidadanía (1).[3]

Notas editar

  1. Història de sant Lluís Ajuntament de Sant Lluís
  2. idescat.cat
  3. "Perfil i trajectòria professional dels responsables dels diferents òrgans". ajsantlluis.org. Consultado o 25 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar