Roberto III de Dreux

aristócrata francés

Roberto III de Dreux (chamado "Gasteblé"), nado en 1185 e finado en Braine o 3 de marzo de 1234, foi conde de Dreux e Braine. Era fillo de Roberto II, conde de Dreux, e de Iolanda de Coucy.

Roberto III de Dreux
Robert 3 count of dreux.jpg
Nacemento1185
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento3 de marzo de 1234
Lugar de falecementoBraine
SoterradoSaint-Yved de Braine
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónaristócrata
PaiRoberto II de Dreux
NaiIolanda de Coucy
CónxuxeAénor de Saint-Valéry
FillosXoán I de Dreux, Iolanda de Dreux, Duquesa da Borgonha e Roberto I de Beu
IrmánsPedro I, Duque da Bretanha e Henri de Dreux
Na rede
WikiTree: Dreux-32 Find a Grave: 91657636 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1212, loitou co seu irmán Pedro Mauclerc, baixo as ordes de Luís de Francia, fillo de Filipe II de Francia contra os ingleses. Defendeu a cidade de Nantes, pero foi feito prisioneiro durante unha saída. Despois da batalla de Bouvines, foi trocado polo conde de Salisbury. Participou na cruzada albixense e cercou Aviñón en 1226. Despois da morte de Luís VIII, foi un dos partidarios da rexente Branca de Castela.

Casou en 1210 con Leonor de Saint-Valery, señora de Saint-Valery-sur-Somme, filla de Tomé de Saint-Valery e de Adela de Ponthieu. Tiveron varios fillos:

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Chronica Albrici Monachi Trium Fontium 1229, MGH SS XXIII, p. 852.
  • Ex Chronico Fiscannensis Cœnobii, RHGF, tomo XVIII, p. 350.
  • Willelmi Chronica Andrensis 252, MGH SS XXIV, p. 772.
  • Annales of Dunstaplia, p. 139.
  • RHGF, tomo XXIII, Ex Chronico Monasterii sancti Taurini Ebroicensis, p. 466.
  • Dugdale Monasticon IV, Stodely Nunnery, Oxfordshire, III, p. 253.

Ligazóns externasEditar