Branca de Castela

raíña de Francia

Branca de Castela, nada en Palencia o 4 de marzo de 1188 e finada en Melun en 1252, foi unha infanta de Castela e raíña consorte de Francia polo seu matrimonio co rei Luís VIII. Foi nai do rei Luís IX, quen foi canonizado.

Branca de Castela
Blancheofcastile.jpg
Nacemento4 de marzo de 1188
Lugar de nacementoPalencia
Falecemento27 de novembro de 1252
Lugar de falecementoMelun
Causadoenza
SoterradaAbadia de Maubuisson
NacionalidadeReino de Castela
Relixióncatolicismo
Ocupaciónrexente e compositora
PaiAfonso VIII de Castela
NaiLeonor Plantagenet
CónxuxeLuís VIII de Francia
FillosLuís IX de Francia, Roberto I de Artois, Afonso III de Poitiers, Isabel de França, Carlos de Anjou, João de Maine, Philippe de France, Philippe de France e Philippe de France
IrmánsHenrique I de Castela, Berenguela de Castela, Urraca de Castela, Leonor de Castela, Sancho de Castilla, Sancha de Castilla, Ferdinand of Castile, Mafalda de Castilla e Constanza de Castilla
Na rede
Musicbrainz: bf0fb4a2-b51c-43b5-a0e0-5ba0d2ac002c WikiTree: Castilla-110 Find a Grave: 18883572 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Orixes familiaresEditar

Branca foi filla do rei Afonso VIII de Castela e da súa esposa, a raíña Leonor de Plantagenet. Os seus avós paternos foron os reis Sancho III de Castela e a súa esposa Branca Garcés de Navarra e os maternos o rei Henrique II de Inglaterra e a súa esposa Leonor de Aquitania. Foron os seus irmáns, entre outros, o rei Henrique I de Castela e a raíña Berenguela, nai de Fernando III de Castela, rei de Castela e León.[1]

TraxectoriaEditar

Nada en Palencia en 1188 foi aleitada por unha ama de cría proveniente do lugar de La Serna chamada Sancha López, a cal foi recompensada xunto ao seu marido Martín García con boas terras de labranza segundo o privilexio no cartulario do mosteiro de Santa María de la Vega. Afonso VIII confiou a Pedro Rodríguez de Castro e á súa muller Urraca Rodríguez de Guzmán a crianza da infanta Branca na súa casa de Itero de la Vega, puerula infantissa Domina Branca, nutriente in domo Petri roderici de Castro.[2] Na súa mocidade visitou varias veces a abadía de Santa María la Real de Las Huelgas,[3] fundada polos seus pais.[4]

Como consecuencia do tratado de Le Goulet, Filipe II Augusto de Francia e Xoán I de Inglaterra acordaron que o herdeiro ao trono de Francia, o futuro Luís VIII, casase cunha infanta de Castela. Os embaixadores de ambos os reinos en 1199 levaron a cabo as negociacións para o matrimonio e en 1200, a xa anciá Leonor de Aquitania, desprazouse a Castela, onde reinaba a súa filla Leonor, para coñecer as súas netas e decidir cal sería a futura «raíña da Flor de Lis».[5] A intención orixinal era levar como prometida do príncipe Luís a entón filla máis vella solteira dos reis de Castela, Urraca, pero ao final Leonor escolleu a súa segunda neta Branca, xa que ao seu parecer, esta infanta encaixaría mellor na corte de Francia. Con apenas doce anos a infanta Branca despediuse dos seus pais e irmáns e emprendeu viaxe coa súa avoa cara a Francia e pouco despois, o 22 de maio de 1200 celebrouse a voda co herdeiro da coroa.[5][3]

Ao morrer Filipe, o 14 de xullo de 1223, ocupou o trono o marido de Branca co nome de Luís VIII. Aos tres anos, Luís morreu de disentería á volta dunha campaña militar pola que pretendía recuperar o Mediodía para Francia.

Branca foi unha eficaz conselleira do seu marido. Nai de varios fillos, o segundo dos sobreviventes, Luís, foi proclamado rei á morte do seu pai, contando soamente doce anos de idade, en 1226. Branca foi nomeada rexente, enfrontándose aos problemas perentorios do seu tempo, como as pugnas con Inglaterra, o conflito cos cátaros e as presións da nobreza.

En 1236, doou as súas propiedades en Pontoise así como outras terras para a edificación dun mosteiro que fundou en 1242 co nome de Notre-Dame-la-Royale en honra á Virxe María, aínda que o nome que prevaleceu foi o de abadía de Maubuisson.[6][7]

En 1248, Branca volveu ser rexente durante a ausencia de Luís IX pola cruzada, proxecto ao que ela se opuxo fortemente. Nos desastres que seguiron, mantivo a paz, mentres baleiraba o país de homes e diñeiro para axudar o seu fillo en Oriente. Caeu enferma en Melun en novembro de 1252 e foi levada a París, mais viviu só uns poucos días.[8] Recibiu sepultura na abadía de Maubisson.[7] Luís soubo da súa morte a primavera seguinte e disque non falou con ninguén durante os dous días seguintes.[9][5]

Matrimonio e descendenciaEditar

Froito do seu matrimonio co rei Luís VIII de Francia naceron:

  • Felipe (1209-1218), príncipe herdeiro
  • Luís (1214-1270), quen sucedeu ao seu pai no trono.
  • Roberto (1216-1250), conde de Artois
  • Xoán (1219-1232)
  • Afonso (1220-1271), conde de Poitiers e de Tolosa.
  • Felipe Dagoberto (1222-1232)
  • Isabel (1225-1269)
  • Etienne (nada e morta en 1226)
  • Carlos (1227-1285), conde de Anjou e Maine e rei de Sicilia e de Nápoles.

AscendenciaEditar

NotasEditar

  1. Martínez Díez 2007, pp. 46-53.
  2. Salcedo Tapia 1992, p. 514-515.
  3. 3,0 3,1 Wheeler & Parsons 2002, p. 192-193.
  4. Shadis 2010, p. 40-41.
  5. 5,0 5,1 5,2 Martínez Díez 2007, p. 49.
  6. Michel 1907, pp. 448–449.
  7. 7,0 7,1 Klaniczay 2002, p. 236.
  8. Véxase ademais:
    • Élie Berger, "Histoire de Blanche de Castille, reine de France", en Bibliothèque des écoles françaises d'Athènes et de Rome, vol lxx. (París, 1895)
    • Le Nain de Tillemont, "Vie de Saint Louis", ed. por J. de Gaulle para Société de l'histoire de France (6 vols., 1847-1851)
    • Paulin Paris, "Nouvelles recherches sur les mœurs de la reine Blanche et de Thibaud", en Cabinet historique (1858).
  9. Bradbury 2007, p. 213.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar