Henrique I de Castela

Henrique I de Castela, nado en Valladolid o 14 de abril de 1204 e finado en Palencia o 6 de xuño de 1217, chamado tamén Henrique de Borgoña, foi rei de Castela[1] entre 1214 e 1217.

Modelo:BiografíaHenrique I de Castela

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1204 Editar o valor en Wikidata
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 1217 Editar o valor en Wikidata (13 anos)
Palencia, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de las Huelgas Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de Castela
1214 – 1217 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Castela Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMafalda de Portugal (1215 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso VIII de Castela Editar o valor en Wikidata  e Leonor Plantagenet Editar o valor en Wikidata
IrmánsBranca de Castela
Leonor de Castela
Berenguela de Castela
Urraca de Castela
Sancho de Castilla
Sancha de Castilla
Mafalda de Castilla
Ferdinand of Castile
Constanza de Castilla Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX867950 WikiTree: Castilla-111

Traxectoria

editar

Fillo mais novo de Afonso VIII e de Leonor de Plantagenet, accedeu ó trono con dez anos ó morrer os seus seis irmáns homes. A súa minoridade supuxo a apertura dun período de rexencia de 24 días por parte da súa nai. Trala súa morte asumiu a rexencia a súa irmá mais vella, Berenguela, que residía na corte castelá trala anulación do seu matrimonio con Afonso IX de León polo papa Inocencio III en 1204.

A rexencia de Berenguela foi contestada pola familia Lara, nobres casteláns que xa se destacaran polas súas intrigas durante a minoría de idade de Afonso VIII. Encabezados polo conde Álvaro Núñez de Lara, negaban a oportunidade de que unha muller se fixese cargo da rexencia do reino, empuxando a Berenguela a renunciar á rexencia para evitar os mesmos conflitos que caracterizaron os primeiros anos do reinado do seu pai Afonso VIII.

A tutela do conde de Lara produciu desavinzas entre a nobreza castelá, que temía o enorme poder que con ela obtiñan os Lara, que desde un primeiro momento manobraron para consolidar a súa posición concertando en 1215 o matrimonio de Henrique coa infanta Mafalda de Portugal, filla do rei Sancho I. O matrimonio nunca foi consumado e acabou sendo anulado ó ano seguinte por Inocencio III, debido ó grao de parentesco entre eles.

 
Sepulcro do rei, no Monasterio de las Huelgas de Burgos.

Isto motivou ó conde Álvaro Núñez de Lara a concertar un novo matrimonio de Henrique con Sancha, filla de Afonso IX, co que se pretendía unir os reinos de Castela-Toledo e Galiza-León e apartar da liña sucesoria dos dous reinos a Fernando, fillo de Berenguela e do propio rei galego-leonés.

Porén, antes de celebrar os esponsais, Henrique I faleceu en Palencia de forma accidental, ó caer sobre el unha tella desprendida dunha das torres do pazo episcopal de Palencia, onde xogaba con outros nenos.

Á súa morte apareceu un problema sucesorio. Elixida Berenguela, irmá de Henrique e esposa de Afonso IX, como raíña en 1217, renunciou en favor do seu fillo, o herdeiro dos reinos de Galiza e León Fernando III o Santo.

  1. A titulación completa era Rex Castelle et Toleti (Rei de Castela e Toledo)
Reino de Castela

Segue a:
Afonso VIII de Castela
Henrique I de Castela
Precede a:
Berenguela de León e Castela
Borgoña