Mafalda de Portugal
Mafalda de Portugal nada o 11 de xaneiro de 1197 e finada o 1 de maio de 1256, foi unha infanta de Portugal e raíña consorte de Castela.
Mafalda de Portugal | |
---|---|
Raíña de Castela | |
![]() | |
Reinado | 1215-1216 |
Nacemento | 11 de xaneiro de 1197 |
Falecemento | 1 de maio de 1256 Amarante, ![]() |
Sepultura | Abadía de Arouca (Portugal) |
Predecesor | Leonor Plantagenet |
Sucesor | Beatriz de Suabia |
Cónxuxe/s | Henrique I de Castela |
Casa real | Casa de Borgoña |
Proxenitores | Sancho I de Portugal Dulce de Aragón |
![]() | |
Na rede | |
![]() | |
Traxectoria Editar
Filla de Sancho I de Portugal o Poblador e da súa muller, Dulce de Barcelona.[1] En 1215 contraeu matrimonio con Henrique I de Castela pero a mocidade de ambos fixo que o matrimonio non se chegase a consumar. Ao ano seguinte, o matrimonio foi declarado nulo polo Papa Inocencio III por parentesco en grado prohibido.[1]
Á morte do seu pai, Mafalda, segundo as disposicións do testamento, tiña que recibir o castelo de Seia e a porción restante do termo municipal así como todas as rendas que aí se producían. Ademais, concedíaselle o dereito a utilizar o título de raíña.
Isto xerou un conflito co seu irmán Afonso II de Portugal que, desexando un poder centralizado, obstaculizou que a súa irmá puidese recibir os títulos e dereitos que lle correspondían. Afonso temía que algo parecido puidese suceder cos seus outras dúas irmás, Tareixa e Sancha, e cos eventuais herdeiros destas, creando un problema de soberanía que podía chegar a dividir o país.
Unha boa parte dos nobres portugueses puxéronse de parte de Mafalda e as súas irmás, pero terminaron derrotados. Á morte de Afonso II, o seu fillo Sancho II concedeu ás súas tías algunhas terras e castelos, pero fíxolles renunciar ao título de princesa-reina. A paz definitiva chegou en 1223.
Vida relixiosa Editar
Beato Mafalda de Portugal | |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de xaneiro de 1197 |
Pasamento | 1 de maio de 1256 en Amarante, Reino de Portugal |
Proceso de canonización | |
Beatificación | 27 de xuño de 1793 por Pío VI |
Veneración | |
Venerado/a en | Igrexa católica |
Festividade | 2 de maio |
Finalmente, tanto Mafalda como as súas irmás fixéronse monxas cistercienses. Mafalda fundou a Abadía de Arouca. O 1 de maio de 1256 faleceu no mosteiro de río Tinto. Ao querer trasladar o seu corpo ata Arouca atopárono incorrupto, o que xerou unha forte devoción cara á infanta portuguesa.
O 27 de xuño de 1793 foi beatificada polo Papa Pío VI, acompañando así ás súas irmás Tareixa e Sancha, declaradas beatas desde principios do século XVIII. A súa festividade celébrase o 2 de maio.
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 Fernandes Marques 2008, p. 62.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Fernandes Marques, Maria Alegria (2008). Estudos sobre a Ordem de Cister em Portugal (en portugués). Coímbra: Estudos da Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra. ISBN 972-772-019-6.
- Rodrigues Oliveira, Ana (2010). Rainhas medievais de Portugal. Dezassete mulheres, duas dinastias, quatro séculos de História (en portugués). Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 978-989-626-261-7.
Predecesor: Leonor Plantagenet |
Raíña consorte de Castela 1215–1216 |
Sucesor: Beatriz de Suabia |