Beatriz de Suabia

Beatriz de Suabia (bautizada como Isabel), nada en 1205 e finada en Toro o 5 de novembro de 1235, foi unha nobre alemá que foi raíña consorte de Castela e de León entre 1220 e 1235 polo seu matrimonio con Fernando III de Castela.

Modelo:BiografíaBeatriz de Suabia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Elisabeth von Schwaben Editar o valor en Wikidata
1205 Editar o valor en Wikidata
Núremberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte5 de novembro de 1235 Editar o valor en Wikidata (29/30 anos)
Toro, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIglesia Catedral de Santa María Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña consorte Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Hohenstaufen Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFernando III de Castela (1219 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosAfonso X o Sabio, Frederic de Castella, Ferdinando di Castiglia, Leonor de Castilla, Berenguela de Castilla, Henrique de Castela, Filipe, Sancho de Castela, Manuel de Castilla, Maria de Castilla Editar o valor en Wikidata
PaisFilipe de Suabia Editar o valor en Wikidata  e Irene Angelina Editar o valor en Wikidata
IrmánsCunegunda da Suábia
Beatriz de Hohenstaufen
Maria von Staufen Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Staufer-63 Find a Grave: 8080858 Editar o valor en Wikidata

Foi filla de Filipe, duque de Suabia e rei de romanos, e de Irene Anxo, filla de Isaac II Anxo, emperador de Constantinopla.

Traxectoria

editar

Despois da morte do seu pai permaneceu baixo a tutela do seu curmán Frederico II, Sacro Emperador Romano Xermánico. Este deu a súa autorización para o seu casamento con Fernando III, rei de Castela e de León, unión que se concretou a finais de novembro de 1219 no Monasterio de San Zoilo de Carrión de los Condes (Palencia).

Descendencia

editar

Sepultura

editar
 
Sepulcro de Beatriz de Suabia. Capela Real da Catedral de Sevilla

Á súa morte, o corpo da raíña Beatriz de Suabia recibiu sepultura no mosteiro de Las Huelgas de Burgos, nun sepulcro colocado xunto ao do rei Henrique I de Castela. O seu fillo, Afonso X o Sabio, ordenou que os seus restos mortais fosen trasladados á Catedral de Sevilla en 1279, canda os restos mortais de Fernando III.[1]

En 1948, con motivo do sétimo centenario da conquista da cidade de Sevilla por Fernando III, que capitulou en 1248, construíuse o sepulcro actual, situado no lado da Epístola da Capela Real da Catedral de Sevilla. A estatua orante da raíña, realizada en pedra e alabastro, representa a raíña na súa mocidade, con touca e coroa. No manto aparecen esculpidos castelos e leóns. O resto do mausoleo da raíña é idéntico ao do seu fillo Afonso X o Sabio, situado enfronte del.

O mausoleo está formado por dous corpos superpostos flanqueados por columnas nos extremos. O primeiro corpo contén a urna cos restos mortais da raíña, en cuxa frontal se atopa unha cartela onde se le Beatriz de Suabia. O segundo corpo do mausoleo, rematado por un frontón, ocúpao un medallón circular co escudo do reino de Castela e León.[2]

Na primitiva Capela Real da Catedral de Sevilla estaba colocada unha estatua da raíña en posición sedente, situada ante a imaxe da Virxe dos Reis, á súa esquerda. Tamén se atopaban na capela as imaxes sedentes de Fernando III e de Afonso X, sepultados alí. En 1356 Pedro I de Castela, tataraneto de Afonso X o Sabio, despoxou as imaxes de Afonso X e da súa nai, a raíña Beatriz de Suabia, de todos os metais e pedras preciosas que as adornaban.

Predecesor:
Mafalda de Portugal
Raíña consorte de Castela
1220 - 1235
Sucesor:
Xoana d'Aumale
Predecesor:
Berenguela de Castela
Raíña consorte de León
Raíña consorte de León
1220 - 1235
Sucesor:
Xoana d'Aumale

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Arco y Garay, Ricardo del (1954): Sepulcros de la Casa Real de Castilla'. Madrid, Instituto Jerónimo Zurita. CSIC.
  • Elorza, Juan C.; Vaquero, Lourdes; Castillo, Belén; Negro, Marta (1990): El Panteón Real de las Huelgas de Burgos. Los enterramientos de los reyes de León y de Castilla. Editorial Evergráficas S.A. Xunta de Castela e León. Consellería de Cultura e Benestar Social. 84-241-9999-5.
  • Gómez Moreno, Manuel (1946): El Panteón de las Huelgas Reales de Burgos. Instituto Diego Velázquez. CSIC.
  • González Jiménez, Manuel (2004): Alfonso X el Sabio. Barcelona, Editorial Ariel S. A. ISBN 84-344-6758-5.
  • Herrero Sanz, María Jesús (2004): Guía Santa María la Real de Huelgas. Burgos. Madrid, Reales Sitios de España. Patrimonio Nacional. ISBN 84-7120-337-5.
  • Ibáñez de Segovia Peralta y Mendoza, Gaspar (1777): Memorias históricas del Rei D. Alonso el Sabio i observaciones a su chronica.
  • Loaysa, Jofré de; García Martínez, Antonio (1982): Crónicas de los Reyes de Castilla Fernando III, Alfonso X, Sancho IV y Fernando IV (1248-1305). Murcia, Academia Alfonso X el Sabio. ISBN 84-00-05017-7.
  • Mariana, Juan de (1855): Historia General de España. Madrid, Imprenta y librería de Gaspar y Roig.
  • Morales, Alfredo J. (1979): La Capilla Real de Sevilla. Xerez da Fronteira, Deputación de Sevilla. ISBN 84-500-3316-0.