Abrir o menú principal

Dinastía Hohenstaufen

dinastía de emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico

HistoriaEditar

A casa de Hohenstaufen era orixinaria da rexión de Suabia, na acutal Baviera, por iso os Hohenstaufen tamén se coñecen como os suabos.

O nome de Hohenstaufen adoptárono dun castllo situado entre Göppingen e Schwäbisch Gmünd (Suabia).

 
A rexión administrativa de Suabia, dentro do Land de Baviera.

O primeiro representante desta liñaxe do que se ten comprobada a súa existencia é Federico de Büren. O seu fillo Federico I, primeiro duque de Suabia, casou coa única filla de Henrique IV en 1079, recibindo o Ducado de Suabia, que desta forma foi incorporado aos dominios desta familia. En 1125 herdaron as posesiónes da dinastía Salia cando se esta se extinguiu.

Os Hohenstaufen intentaron obter a coroa do reino de Alemaña e desde entón mantiveron unha rivalidade constante cos güelfos. Alcanzaron as súas aspiracións cando algúns dos seus membros foron elixidos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico e reis de Alemaña (entre 1138 e 1254).

Henrique VI, despois do seu matrimonio coa princesa Constanza de Sicilia, da normanda casa dos Hauteville, apoderouse do Reino de Sicilia, feito que xerou un enfrontamento entre os Hohenstaufen e o papado.

En 1268 morreu decapitado o último dos seus representantes, Conradino.

Membros da dinastía dos HohenstaufenEditar

Emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico e reis de AlemañaEditar

 
Henrique VI e Constanza de Sicilia.
 
Postal sobre Hohenstaufen de 1905.

Reis de SiciliaEditar

Duques de SuabiaEditar

Emperatrices RomanasEditar

BrasónsEditar

Foi Federico I o primeiro que usou en heráldica a aguia imperial, un símbolo xa asociado ao Imperio Romano Xermánico. Só a partir do século XIII foron codificadas as regras da heráldica e comezou o uso de superpoñer o escudo da casa á aguia negra imperial (Schwarzer Adler).[1]

O escudo da casa de Suabia era de "ouro con tres leóns negros pasantes". A rama siciliana adoptou unha versión modificada da aguia imperial, substituindo o campo de oro por un de prata, cunha aguia negra co bico e as patas vermellas.[2]

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Franco Cardini e Marina Montesano (2006): Storia medievale. Firenze: Le Monnier Università. ISBN 88-0020-474-0.
  • Odilo Engels (2005): Die Staufer. 8. Auflage. Stuttgart: Kohlhammer. ISBN 3-17-017997-7.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar