Chinchilla de Montearagón
Chinchilla de Montearagón é un concello español situado na provincia de Albacete, en Castela-A Mancha, na comarca da Mancha de Montearagón e a 15 km da capital da provincia.
Himno | Himno de Chinchilla | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
Provincia | provincia de Albacete | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.565 (2023) (6,71 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 680,03 km² | ||||
Altitude | 903 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Arcanxo Miguel | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Antonio Arturo Tendero Lopez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 02520 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 02029 | ||||
Páxina web | chinchillademontearagon.com | ||||
En 2011 tiña 4.015 habitantes, segundo datos do INE, aínda que segundo datos de consumo de auga estímanse uns 5.000, xa que moitos non están empadroados nesta localidade usada por moitos como "cidade dormitorio" de Albacete. Comprende as pedanías de Casa Blanca de los Rioteros, Estación de Chinchilla, La Felipa, Horna, Pinilla, Pozo Bueno, Pozo de la Peña e Villar de Chinchilla.
Historia
editarAo principio do período Neolítico, Chinchilla de Montearagón debeu de ser poboada rapidamente xa que se trataba dunha zona alta nunha chaira empantanada polos ríos que baixan do sur.
A tradición, con todo, atribúe a fundación de Chinchilla a Hércules, sobre o século VII antes de Cristo, que puxo as primeiras pedras sobre o lugar. Resulta totalmente incuestionable a súa orixe remota como demostran diversos sitios arqueolóxicos da zona, como os atopados da Vía Augusta (época romana), que delatan que foi un importante cruzamento de camiños. É, así mesmo, mencionada no Itinerario Antonino A-31.
En época musulmá, século VIII, hai xa referencias históricas de Chinchilla, pero é cara ao 928, baixo o califato cordobés, cando adquire notoriedade. Recibiu o nome de Ghenghalet e figurou entre as poboacións máis importantes do Reino de Murcia. Tamén baixo o mesmo dominio chamouse Yinyalá ou tamén Sintinyala.
As tropas de Afonso X, xunto coa Orde de Calatrava e os exércitos de Xaime I de Aragón á fronte de D. Paio Peres Correia comendador da Orde de Santiago, conquistárona aos árabes, en 1242.
No século XIV formou parte do marquesado de Villena. Xoán II (pai de Henrique IV e Isabel a Católica) incorporouna á Coroa de Castela. Durante este reinado o infante Henrique de Aragón, maestre da Orde de Santiago, intenta apoderarse do Señorío de Villena, apenas o consegue durante un ano, xa que Chinchilla opón unha dura resistencia e por esta fidelidade á monarquía castelá a vila recibe en 1422 o título de Cidade, sendo a capital da Mancha de Aragón. Esta é entregada como dote por Xoán II á súa irmá dona Catalina, esposa do Infante Don Henrique.
Dos conflitos entre a Coroa e os Infantes de Aragón, aliados co Rei de Navarra, xorde un novo poder: o de Diego López de Pacheco, que chegará a ser favorito de Henrique IV e marqués de Villena. El recompón a unidade territorial do Marquesado baixo o seu dominio, e no século XV os seus habitantes quedaron divididos ideoloxicamente: uns mostráronse partidarios da raíña Isabel e outros a favor de Xoana a Beltranexa e de don Diego López de Pacheco, marqués de Villena. O seu poder dura ata a guerra entre os partidarios de ambos. Derrotados os segundos, Chinchilla incorporouse a Castela o 1 de marzo de 1480.
Por mor destes feitos os Reis Católicos xuran os Privilexios desta Cidade sobre a Cruz de cristal de roca que se conserva no Museo da Igrexa Arciprestal de Santa María do Salvador o 6 de agosto de 1488, outorgándolle os títulos de Nobre e Moi Leal, que hoxe en día aínda perduran (podémolo ler no seu escudo).
Tras estes feitos e durante o reinado dos Reis Católicos, Chinchilla sofre unha decadencia en favor da súa antiga aldea, Albacete (con maior protagonismo político e económico), xa que esta última gozaba da comodidade do chairo. Os chinchillanos chegaron a queixarse ao seu rei Filipe II, ao cal dirixíronlle unha carta.
Situada nun enclave fortificado e estratéxico, foi escenario de numerosas accións en 1707, durante o conflito internacional da Guerra de Sucesión Española; as tropas do arquiduque Carlos apoderáronse de Chinchilla.
Durante a Guerra da Independencia apropiáronse do seu castelo as tropas francesas, as cales voaron o Torreón da Homenaxe.
Logo desta dominación, e baixo mandato de Fernando VII adquiriu o título de Fidelísima sendo a capital da efémera provincia de Chinchilla (Trienio liberal de 1820) e recobrando o protagonismo de Cidade ata o 1823. Pero a represión absolutista de Fernando VII acaba con este breve paréntese liberal. Ao final, en 1833 a capitalidade recae sobre Albacete coa división de Javier de Burgos. Con todo, e nas Guerras Carlistas, aínda sendo capital Albacete varias institucións como a Deputación resgardáronse no acubillo dos muros de Chinchilla de Monte-Aragón.
Patrimonio artístico
editarO centro da cidade é a Praza da Mancha na que se atopa o Concello, construído entre o século XVI e o século XVIII presidido polo busto de Carlos III, a Igrexa Arciprestal Santa María do Salvador, edificada entre o século XV e o século XVI e a Torre do Reloxo.
- Praza Maior.
- Concello.
- Igrexa Arciprestal de Santa María do Salvador. No seu interior atópase a imaxe do século XIV da Virxe das Neves, Patroa da cidade.
- Castelo (de orixes árabes), símbolo da cidade.
- Murallas.
- Convento de Santo Domingo.
- Covas do Buraco.
- Baños árabes.
- Colexio Público "Alcalde Galindo".
- Museo de Cerámica española.
Festividades
editar- Festas Maiores en honra á Virxe das Neves, semana do 5 de agosto.
- Semana Santa, declarada en 2002 pola Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha de Interese Turístico Rexional.
- Soldadesca na honra da Virxe das Neves, Patroa da Cidade. Coincide sempre co terceiro Domingo de maio.
- San Antón, sábado e Domingo anterior ou posterior ao 17 de xaneiro.
- "Os mércores". Mércores de Cinza. Tradición recuperada a finais do século XX e que consiste na representación nas rúas do municipio de escenas cotiás onde os protagonistas son bonecos feitos polos habitantes de Chinchilla de Monte-Aragón.
- Santa Ana, 26 de xullo.
- Santo Domingo, primeira semana de agosto. O 4 de agosto ás 6 da mañá, tradicionais Salves a Santo Domingo.
- San Xián, última fin de semana de agosto.
- San Miguel, 29 de setembro.
- Xoves Lardero.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chinchilla de Montearagón |