Marquesado de Villena
O Marquesado de Villena é un título nobiliario español concedido por Xoán II, o 12 de novembro de 1445 a Juan Pacheco, Gran Mestre da Orde de Santiago, Adiantado Maior de Castela no Reino de Murcia e posteriormente primeiro duque de Escalona.
Marquesado de Villena | |
---|---|
![]() | |
Actual titular | Francisco de Borja de Soto y Moreno-Santamaría |
Primeira creación | |
Primeiro titular | Alfonso de Aragón o Vello |
Concesión | Concedido en 1366 |
Liñaxes | Casa de Aragón |
Segunda creación | |
Primeiro titular | Juan Pacheco |
Concesión | Xoán II de Castela 12 de novembro de 1445 |
Liñaxes | Casa de Pacheco Casa de Velasco Casa de Girón Martorell Soto |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O marquesado, como entidade territorial, provén do antigo Señorío de Villena, que reverteu na coroa. Xa foi marquesado anteriormente na persoa de Afonso de Aragón e Foix, aínda que volveu reverter na coroa até a súa concesión a Juan Pacheco. O fillo deste, Diego López Pacheco y Portocarrero perdeu gran parte das terras do marquesado, entre elas a capital, Villena. Non obstante, conservou o título, que perdurou.
Na actualidade, ostenta o título de Marqués de Villena Francisco de Borja Soto y Moreno-Santamaría, duque de Frías e descendente da Casa de Escalona.

Marqueses destacados
editar- Juan Pacheco: primeiro marqués e importante político do século XV. Naceu en Belmonte, pobo no que construíu o seu impoñente castelo tras nomear a vila capital do marquesado.
- Diego López Pacheco y Portocarrero (c. 1443—1529): famoso pola súa política de mecenado e apoio aos "alumeados", grupos de crentes cunhas prácticas que foron declaradas heréticas pola Inquisición a partir de 1525. A el vai dirixido o terceiro Abecedario, de Frei Francisco Osuna, aparecido en Toledo o 31 de agosto de 1527.
- Diego López Pacheco Cabrera: vicerrei de Navarra 1646—1652. Casado con Juana de Zúñiga Portocarrero.
- Juan Manuel Fernández Pacheco: fillo do anterior, fundador e primeiro director da Real Academia Española (entre 1713 e a súa morte en 1725).
- Mercurio Antonio López Pacheco: fillo do anterior, segundo director da Academia (entre a morte de seu pai, en 1725, e a súa propia morte, en 1738).
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|