A casa Real de Aragón foi a primeira dinastía que ostentou o título de reis de Aragón.

Casa de Aragón
caption
Títulos
FundadorSancho III o Maior
Último gobernanteFernando II de Aragón
Fundación1004
Destitución1516

Ao longo dos seus cinco séculos de vixencia (desde o Século XI até o Século XVI) gobernaron vinte e un monarcas, mantendo, en liñas xenais, unha certa proxección mediterránea e unha política de acercamento a Francia e a outras grandes casas reais europeas.[1]

Orixes editar

 
Miniatura da primeira metade do século XII que representa, barbado, a Ramiro I de Aragón e imberbe a Sancho Ramírez, fundadores da casa de Aragón.
 
Signum regis (sinatura real) de Afonso II, tamén empregada por outros reis precedentes da casa de Aragón, como Pedro I e Afonso I o Batallador.
 
Fernando II de Aragón.

A actual rexión de Aragón vivía, entre os séculos VIII e X unha certa autonomía que emanaba da súa resistencia aos musulmáns que invadiron a Península Ibérica. Tratouse dunha fase de transición dun protofeudalismo a un Estado Feudal, e todos os enclaves da zona mantiñan dinastías propias, aínda que frecuentemente enlazadas entre si.[1]

A orixe da casa de Aragón está en Sancho III o Maior (1004-1035) que, tras un reinado esplendoroso no que obtivo gran número de territorios decidiu dividilos á súa morte entre os seus fillos. Así, en 1035, dexaría ao seu fillo Ramiro o territorio de Aragón, que pasou ao seu descendente Sancho Ramírez xa convertido en Reino.

Etapas editar

As tres etapas, definidas pola historiografía actual,[1] apuntan a tres momentos claves: os primeiros pasos da casa, a súa asunción da casa de Barcelona e a inclusión nos Trastámara. Nos tres momentos seguiríase mantendo conciencia de casa de Aragón.[1]

Casa de Aragón-Pamplona editar

Artigo principal: Dinastía Ximena.

Nesta primeira etapa reinan Ramiro I de Aragón, Sancho Ramírez de Aragón, Pedro I de Aragón, Afonso I de Aragón, Ramiro II de Aragón e Petronila de Aragón, que casou con Ramón Berenguer IV o Santo e, en certo sentido, vese como a liña marcada por Sancho III o Maior, de acercamento ás grandes familias reais europeas, mantense.

Entre 1035 e 1164 consolídase unha dinastía forte, pero de influencia unicamente no ámbito aragonés. Por iso hai que prestar atención ao último enlace desta dinastía, entre Petronila e Ramón Berenguer IV de Barcelona, que se celebrou conforme ao dereito aragonés, nun tipo de matrimonio mediante o cal o marido integrábase na casa como un membro de pleno dereito (segundo a fórmula xurídica tradicional do "casamento na casa").[2]

En calquera caso, esta unión propicia, a través do seu sucesor, o paso a unha nova etapa, na que os reis da casa de Aragón gobernarían conxuntamente Aragón e o Condado de Barcelona.[3]

Casa de Aragón-Barcelona editar

Artigo principal: Condado de Barcelona.

Esta etapa está formada por dez reis de Aragón e condes de Barcelona, desde Afonso II de Aragón (1164) até Martiño I o Humano (morto en 1410), pasando por Pedro II de Aragón, Xaime I de Aragón, Pedro III de Aragón, Afonso III de Aragón, Xaime II de Aragón, Afonso IV de Aragón, Pedro IV de Aragón e Xoán I de Aragón.

Ao longo dsta dilatada etapa estimulouse e rematouse a reconquista, empezando polos macizos montañosos de Teruel e finalizando en Valencia en 1245.[3]

En todo caso, a pesar do paso dos anos os catro territorios da Coroa, Aragón, Barcelona, Mallorca e Valencia, seguiron conservando as súas identidades.[3]

O reinado de Pedro III (1276-1285) é de importancia capital para a proxección mediterránea da casa, dados os seus intereses en Sicilia.[3]

A morte de Martiño I en 1410 sen sucesor fixo que se elixise no Compromiso de Caspe (1412) como rei a Fernando de Antequera. Deste xeito implantouse a casa de Trastámara na Coroa de Aragón.

Casa de Aragón-Trastámara editar

A última etapa da casa de Aragón ten os seguintes monarcas: Fernando I de Aragón, Afonso V de Aragón, Xoán II de Aragón e Fernando II de Aragón (Fernando o Católico).[4]

Neste sentido, a unión de Fernando con Isabel I de Castela supuxo a unión de Castela e Aragón. A filla de ambos os monarcas, popularmente coñecida como Xoana ''a Tola'', a través do seu matrimonio con Filipe de Habsburgo, chamado o Fermoso, deu paso á implantación dunha nova Casa Real en Aragón, os Austrias, poñendo fin definitivamente a unha conciencia de casa de Aragón que si se mantivera na época dos Trastámara.[4]

Ramas menores editar

Con orixe na casa real xurdiron outras ramas menores da casa de Aragón, como a rama dos duques de Villahermosa e condes de Luna e a rama dos duques de Montalto.

Brasóns editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 La Casa de Aragón: Genealogía de una monarquía mediterránea, por Fuertes de Gilbert Rojo, M. (2004).
  2. 2,0 2,1 Menéndez Pidal de Navascués, Faustino (2000), pp. 97-99.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 García de Cortázar, J. Á. e Sesma Muñoz, J. Á. (2003). Historia de la Edad Media. Una síntesis interpretativa (3ª ed.). Madrid: Alianza Editorial. pp. 408–409. ISBN 84-206-8690-5. 
  4. 4,0 4,1 Mitre, E. (1979). La España medieval (1ª ed.). Madrid: Istmo. pp. 339-354. ISBN 84-7090-094-3. 
  5. «No que fai á cuestión heráldica, dado que [..] non hai dúbida de que o primeiro posuidor dos paus de ouro e gules foi Ramón Berenguer IV, non pode habela tampouco de que este emblema persoal o era entón (1150) dun membro da casa de Aragón, dentro da cal fíxose símbolo hereditario a partir da súa adopción polos tres fillos de aque, Afonso, Pedro e Sancho». Alberto Montaner Frutos (1995): El señal del rey de Aragón: Historia y significado. Zaragoza: Institución «Fernando el Católico», páxs. 27-28. ISBN 978-84-7820-283-8.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar