Afonso II de Aragón

Afonso II de Aragón alcumado o Casto e o Trobador, nado en Huesca o 1 ou o 25 de marzo de 1157, e finado en Perpiñán o 25 de abril de 1196),[1] [2] foi conde de Barcelona (condado que incluía case todos os outros condados cataláns) desde 1162, e rei de Aragón (que incluía o Condados de Sobrarbe e de Ribagorza) desde o 18 de xullo de 1164,[3][4] reunindo así os dous dominios nun único Estato, coñecido como a Coroa de Aragón, asumindo o nome de Afonso II, e reinando até 1196.

Modelo:BiografíaAfonso II de Aragón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Ramon Editar o valor en Wikidata
25 de marzo de 1157 Editar o valor en Wikidata
Huesca (Reino de Aragón) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de abril de 1196 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Perpiñán (Coroa de Aragón) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Poblet Editar o valor en Wikidata
Conde de Pallars Jussà
1192 – sen valor
← Dolça de So (en) TraducirSupresión do cargo →
Conde de Rosellón
4 de xullo de 1172 – 1185 (doação (pt) Traducir)
← Girard II of Roussillon (en) TraducirSancho I, Conde da Cerdanha (pt) Traducir →
Conde de Provenza
1167 – 1173 (doação (pt) Traducir)
← Dulce II, Condessa da Provença (pt) TraducirRaimundo Berengário III, Conde da Provença (pt) Traducir →
Monarca do Reino de Aragón
11 de novembro de 1164 – 25 de abril de 1196
← Petronila de AragónPedro II de Aragón →
Monarca da Coroa de Aragón
11 de novembro de 1164 – 25 de abril de 1196
← sen valor – Pedro II de Aragón →
Conde de Barcelona
6 de agosto de 1162 – 25 de abril de 1196
← Ramón Berenguer IV o SantoPedro II de Aragón → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador, compositor, poeta, político Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoCastilian-Aragonese War of 1190-1191 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde de Pallars Jussà (1192–1196)
Conde de Rosellón (1172–1185)
Count of Gevaudan (en) Traducir (1167–1173)
Conde de Provenza (1167–1173)
Viscount of Millau (en) Traducir (1167–1173)
Viscount of Carlat (en) Traducir (1167–1173)
Rei de Aragón (1164–1196)
Count of Sobrarbe (en) Traducir (1164–1196)
Conde de Ribagorza (1164–1196)
Count of Osona (en) Traducir (1162–1196)
Condes de Girona (pt) Traducir (1162–1196)
Count of Berga (en) Traducir (1162–1196)
Conde de Barcelona (1162–1196) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Aragón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeSancha de Castela, Rainha de Aragão (1174, 1175 (Gregoriano)–1196) Editar o valor en Wikidata
FillosDulcia of Aragon, Ramon Berenguer of Aragon, Pedro II de Aragón, Constança de Aragão, Afonso II, Conde da Provença, Leonor de Aragão e de Castela, Sancha d'Aragona, Ferdinando d'Aragona Editar o valor en Wikidata
PaisRamón Berenguer IV o Santo Editar o valor en Wikidata  e Petronila de Aragón Editar o valor en Wikidata
IrmánsDoce de Aragón
Berenguer
Peter of Barcelona
Raimundo Berengário III, Conde da Provença
Sancho I, Conde da Cerdanha Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
30 de xaneiro de 1159casamento arranjado (pt) Traducir, per Mafalda de Portugal (pt) Traducir
Union of the Kingdom of Aragon and the County of Barcelona (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopedic Lexicon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1183336 WikiTree: Aragón-205

Tras o falecemento de seu pai Ramón Berenguer IV a comezos de agosto de 1162, Afonso II recibira a potestade rexia, pero non foi até 1164 cando a súa nai a raíña Petronila fixo a doazón do Reino no seu favor.[5]

Foi tamén o conde Afonso I da Provenza, de 1166 a 1196,[6]​ e o conde Alfonso I do Rosellón, de 1172 a 1196.

Fillo primoxénito de Ramón Berenguer IV o Santo, conde de Barcelona desde 1131 e, desde 1137 tamén príncipe de Aragón, e de Petronila I, raíña titular de Aragón, reinou co nome de Afonso en honor a Afonso I o Batallador, irmán do seu avó.[7] A documentación da época confirma que desde o seu nacemiento foi designado indistintamente cos nomes de Afonso e Ramón (co que fora bautizado).[8]

Tanto no pacto de Haxama (1158) como no seu testamento sacramental (1162), o conde de Barcelona Ramón Berenguer IV chamaba Ramón ao seu primoxénito.[9] Á súz vez, no testamento da raíña Petronila de Aragón, a súa nai chama ao seu herdeiro Afonso, e sinala que o seu marido o chamaba Ramón. Nos dous diplomas que se coñecen asinados persoalmente polo futuro Afonso II en vida de seu pai Ramón Berenguer IV, usou «Afonso» como o seu nome; unha vez que foi rei, todos os documentos asinounos co nome de Afonso, e non se documentou ningún caso en que asinara como Ramón. [8]

Os nomes dos dous fillos do matrimonio foron os que utilizaría a liñase da Casa de Aragón: Afonso e Pedro.[10]

Reinado

editar

Afonso II gobernou como rei de Aragón, conde de Barcelona e marqués da Provenza. Iglesias Costa sinala que xa se omitía o título correspondiente aos Condados de Sobrarbe e de Ribagorza.[11] Estes eran antigos condados unidos ao Reino de Aragón en tempos de Ramiro I. Tamén se omitían xa os condados que levaban varias xeraciónes unidos ao condado de Barcelona, como os de Girona, Osona e Besalú. No século XII, as absorcións mencionadas dos condados de Cerdaña-Berga, Besalú, Rosellón e Pallars Jussá non alongan a titulación do conde, porque encaixan nun sentido hiperbólico na denominación do condado de Barcelona. Así corroborábase a obsolescencia do modelo condal, que xa só se empregaría para designar as unidades que mantiveran a súa singularidade xurisdicional respecto da casa barcelonesa, é dicir, Empúries, Urgell e Pallars Sobirá.[12]

 
Afonso II e a súa esposa Sancha de Castela presidindo o Consello Real. (Miniatura de finais do século XII).

Incorporou ao seu reino as terras occitanas da Provenza, o Condado do Rosellón e o de Pallars Jussá.

Asinou con seu cuñado, o rei castelán Afonso VIII, o tratado de Cazola en 1179. Pero anos máis tarde e mediante o tratado de Huesca (1191), aliouse cos monarcas de León, Portugal e Navarra contra a hexemonía castelá.

Afonso foi moi apreciado pola súa fe católica, que se concretou en moitas ofrendas ás igrexas e mosteiros, facilitou a incorporación dos monces cistercienses no val do Ebro e, nun seu acordo máis querido, en 1202, doa ao Real Monasterio de Nuestra Señora de Rueda de Sástago, na Ribera Baja del Ebro, que sería o primeiro complexo de técnica hidráulica da Península Ibérica. Rematou a construción do Mosteirio de Santa Maria de Poblet (onde acabaría sendo enterrado). Loitou contra os mouros, acabando a reconquista de todo Aragón. E fixo vasalo seu ao rei musumlmán de Valencia.

Por outra parte, mantivo unhas moi boas relacións con Ricardo Corazón de León e, entre 1182 e 1183, durante a guerra na que Ricardo se opuxo ao seu irmán máis vello Henrique o Mozo, co-rei de Inglaterra con Henrique II, por Aquitania, Afonso II combateu ao lado de Ricardo.

Incorporación do Rosellón

editar

Xerardo II do Rosellón (1164-1172), enfermo e sen fillos, deixou o Condado en herdanza a Afonso II de Aragón, decisión tomada, segundo manifestara o conde, de acordo co consello dos seus súbditos. No seu testamento Xerardo II estableceu que o Rosellón «todo integramente o dou ao meu señor o rei dos aragoneses» pola fe depositada no seu soberano Afonso II, que foi inmediatamente recoñecido como rei en Perpiñán.[13]

Nos círculos políticos roselloneses, ante a extinción da liñaxe condal parece que se xulgou máis conveniente unirse ao dominio real aragonés, cuxos monarcas eran descendentes directos de Vifredo o Viloso,[14] en lugar de considerar os dereitos de Hugo III de Empúries sobre o Rosellón, pola descendencia das dinastías condais empordanesa e rosellonesa dun tronco común, o dos antigos condes de Empúries-Rosellón dos séculos IX e X, Suñer II (862-915), Gausberto (915-931) e Gausfredo I (931-991); á morte deste último, os seus fillos, Hugo I de Empúries (991-1040) e Guislaberto I do Rosellón (991-1014), repartiran o dominio recoñecéndose, porén, certos dereitos comúns sobre a totalidade do antiuo patrimonio.

Contando, pois, co apoio da aristocracia local, en 1173, despois de morto Xerardo II, Afonso o Casto convocou unha asemblea de nobres roselloneses en Perpiñán, na que estableceu uns estatutos de paz e tregua válidos para todo o Condado do Rosellón e a diocese de Elna.

Labor cultural

editar

Afonso II amparou as artes e as normas do amor cortés, e el mesmo exercitouse na poesía, e foi un poeta coñecido. Tiña fama de acoller xenerosamente aos trobadores na súa Corte e de fomentar a súa arte, e mantivo relacións con outros poetas e trobadores, da súa época, como Guilhem de Saint-Leidier, Raimbaut d'Orange, Dalfi d'Alvernha, Azalais de Porcairagues e, sobre todo, con Giraut de Bornelh, con quen compuxo un tenzón.[15]

Consérvanse dúas pezas que se lle atribúen: unha cançó (canción trobadoressca) e un partiment (catalán), partimen en occitano) ou joc partit ("xogo partido", un dos xéneros dialogados da lírica trobadoresca), con Giraut de Bornelh. A vida trovadoresca que figura nos Cançoners,[16] di o seguinte:

O rei de Aragón, aquel que trobaba, chamábase Afonso; e foi o primeiro rei de Aragón, fillo de Ramón Berenguer, que foi conde de Barcelona, que conquistou o Reino de Aragón e o tomóu dos sarracenos. Foise coroar a Roma; e cando regresaba, morreu en Polmon, no burgo de San Dalmacio. E ao seu fillo fixérono rei, Afonso, que foi o pai do rei Pedro, o cal foi pai do rei Xaime.

Composicións

editar

As dúas cpmposicións que se lle atribúen son:

  • (23,1)[17] Per mantas guizas m'es datz.
  • (23,1a = 242,22) Be me plairia, senh'En Reis (tenzón con Giraut de Bornelh).[18]

Matrimonio e descendencia

editar
 
Testimonio documental do nacemento de Afonso II de Aragón en Huesca. No lugar da datación sinálase que está escrita «o ano cando doña reina [Petronila de Aragón] pariu ao seu fillo Afonso na cidade de Huesca». Transcrición do parágrafo sombreado: «Facta carta era Mª. Cª. LXXXXª. VIª., regnante Raimundo Berengario in Aragone et in Superarbio [Sobrarbe] et in Ripacurcia [Ribagorza] et in Barchinona, ipso anno quando dompna regina peperit filium suum Adefonsum in civitate Oscha».[1] [19]

Afonso casou, o 18 de xaneiro de 1174, na Catedral del Salvador de Zaragoza, con Sancha de Castela (tía de Afonso VIII de Castela), á idade de 16 anos, á que, segundo o Dereito Canónico daquela, un home casado alcanzaba a maioría de idade.[20]

Ademais, con iso foi armado cabaleiro e puido actuar á fronte do seu reino sen a titoría dos magnates que a exerceran desde 1162.[20]

Deste matrimonio naceron oito fillos:[21] (ou nove, segundo outras fontes).[22]

Morte e sepultura

editar
 
Mosteiro de Poblet. Sepulcros reais.


Afonso II faleceu en Perpiñán o 25 de abril de 1196.[24][25]

Enterro en Poblet

editar

Tendo que escoller entre ser enterrado no mausoleo paterno do Mosteiro de Ripoll, ou ser sepultado no mausoleo conxugal (a fonte di "materno" pero a súa nai, Petronila, foi enterrada na Catedral de Barcelona do Mosteiro de Sigena, escolleu o Mosteirio de Poblet para non levantar suspicacias.[26]

NO seu testamento especificou que, no caso de ter conquistado Valencia en vida, debería ser enterrado en El Puig (Valencia), lugar que xa fora doado ao Mosteiro de Poblet en febreiro de 1176,[27] desexo expresado tamén polo seu fillo Pedro II de Aragón e morto tamén sen cumprilo.

Varios dos condes de Barcelona desde Vifredo o Viloso foran enterrados en Ripoll,[28] mentres que outros foron sepltados noutros lugares, entre eles o Mosteiro de San Pablo del Campo e nas catedrais de Barcelona e Girona.

O rei Afonso II foi enterrado no muro do presbiterio, unha caixa. Tras a reforma dos Sepulcros Reais do Mosteiro de Poblet impulsada por Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso, o sepulcro quedou instalado no primeiro arco do conxunto escultórico.[29]

Sucesión

editar

No seu testamento, Afonso II dispuxo que, á súa morte, os seus territorios se repartiran entre os seus dous fillos: Pedro, rei de Aragón e conde de Barcelona (1196-1213), e Afonso, conde da Provenza, Milhau e Gavaldá (1196-1209).

Con esta disposición testamentaria, ademais de dotar dun dominio ao seu fillo máis novo, o rei sancionou a necesidade de que a Provenza dispuxera dun gobernador propio. En 1185, Afonso II nomeara xa conde da Provenza ao seu fillo Afonso, que era aínda menor de idade; por iso, o rei encargou o goberno provenzal a procuradores, como Roger Bernat de Foix (1185-1188), Barral de Marsella (1188-1192) e Lope Jiménez.

Antepasados de Afonso II de Aragón

editar
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Ramón Berenguer I
 
 
 
 
 
 
 
8. Ramón Berenguer II
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Almodis de la Marca
 
 
 
 
 
 
 
4. Ramón Berenguer III
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Roberto de Hauteville
 
 
 
 
 
 
 
9. Mafalda de Puglia-Calabria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Sikelgaite de Salerno
 
 
 
 
 
 
 
2. Ramón Berenguer IV
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Berenguer de Rodés
 
 
 
 
 
 
 
10. Gerberto de Gavaldá
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Adela de Carlat
 
 
 
 
 
 
 
5. Dulce da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Godofredo I da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
11. Gerberga da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Dulce de Gavaldá
 
 
 
 
 
 
 
1. Afonso II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Ramiro I de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
12. Sancho Ramírez de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Ermesenda de Bigorra
 
 
 
 
 
 
 
6. Ramiro II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Hilduin IV de Montdidier
 
 
 
 
 
 
 
13. Felicia de Roucy
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Alicia Adela de Roucy
 
 
 
 
 
 
 
3. Petronila de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Guillermr VIII de Aquitania
 
 
 
 
 
 
 
14. Guillerme IX de Aquitania
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Hildegarda de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
7. Inés de Poitiers
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Guillerme IV de Tolosa
 
 
 
 
 
 
 
15. Filipa de Tolosa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Emma de Mortain
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Petronila I
Raíña propietaria (1157-1164)
Ramón Berenguer IV de Barcelona Dominator regni (1137-1162)
 
Rei de Aragón
Conde de Barcelona

1164-1196
Sucesor:
Pedro II
Predecesor:
Ramón Berenguer III da Provenza
Marqués da Provenza
1166-1196
Sucesor:
Afonso II da Provenza
  1. 1,0 1,1 Ubieto Arteta 1987, pp. 177-184.
  2. Afonso II o Casto, fillo de Petronila e Ramón Berenguer IV, naceu en Huesca en 1157. Cf. Mateu Ibars, Josefina (1980). Colectánea paleográfica de la Corona de Aragon: Siglo IX-XVIII 1. Publicacions de la Universidat de Barcelona. p. 546. ISBN 84-7528-694-1. 
  3. Petronila, raíña de Aragón e condesa de Barcelona «aragonensis regina et barchinonensis comitissa» doou ao seu fillo Afonso e á toda a súa descendencia —a quen no seu testamento o seu marido chamaba Ramón— todo o reino íntegro «dono [...] tibi, dilecto filio meo Ildefonso, regi aragonensi et comiti barchinonensi, qui in testamento eiusdem viri mei vocaris Raimundus, et omni posteriotati tue omne regnum integriter», en documento datado en Barcelona, a 18 de xuño de 1164. Cf. Miquel Rosell, Francisco (1945). Liber feudorum maior; cartulario real que se conserva en el Archivo de la Corona de Aragón 1. Escuela de Estudios Medievales (Consejo Superior de Investigaciones Científicas). 
  4. Diante das circunstancias de que Don Ramiro cedese a posesio e que Dona Petronila fose femia, derivouse que podía manter a potestas, pero non a gestio. Consecuentemente a posición do conde Ramón foi a de ser administrador da Casa, rexente do Reino, do que seguía sendo señor, pai e rei, Ramiro II, até que morreu o 16 de agosto de 1157. Logo a súa filla Dona Petronila sería a reina titular até que o 18 de xuño de 1164 renunciou en favor do seu fillo Afonso II, neno de sete anos, nacido en Huesca en marzo de 1157; renuncia que se efectuou cando xa había dous anos que o conde morrera no burgo de San Dalmacio, xunto a Turín, o 7 de agosto de 1162. Cf. Vicente de Cuéllar, Benito (1995). "Los "condes-reyes" de Barcelona y la "adquisición" del reino de Aragón por la dinastía bellónida". Hidalguía (Instituto Salazar y Castro) (252): 630–631. ISSN 0018-1285.  [...] a petición da nobreza aragonesa e de todo o mundo, o único irmán de Afonso, Ramiro o Monxe, así chamado porque entrara anos atrás nun convento, tivo que saír deste en 1134 e, contra os desexos do papado que non lle otorgara bula nin liberdade, casara con Inés de Poitiers, enxendrando con ela unha filla en 1136: dona Petronila. E foi pouco despois, en 1137, cando esa nena que non tiña sequera un ano foi dada en matrimonio ao conde de Barcelona Ramón Berenguer IV, quen xa se encontrara con Ramiro na defensa de Zaragoza en 1134 e logo en terras xerundenses en 1135 fronte a grupos islámicos, pero que tamén podían ser casteláns ou franceses.
  5. Martínez Ferrando, Jesús Ernesto (1958): Archivo de la Corona de Aragón. Guía abreviada. Dirección General de Archivos y Bibliotecas. p. 8.
  6. Ubieto Arteta 1987, p. 240.
  7. Suárez Fernández, Luis (1976). Historia de España Antigua y Media. Madrid: Ediciones Rialp, S. A. p. 599. ISBN 978-84-3211-882-1. }
  8. 8,0 8,1 Ubieto Arteta 1987, pp. 184-186.
  9. Ventura, Jordi (1961): Alfons el Cast. El primer comte-rei. Barcelona: Editorial Aedos, páx. 84.
  10. Rábade Obradó, María del Pilar; Ramírez Vaquero, Eloísa; Utrilla Utrilla, Juan F. (2005). La Dinámica Política. Madrid: Akal. pp. 376–378. ISBN 978-84-7090-433-2. 
  11. Iglesias Costa, Manuel (2001). Historia del condado de Ribagorza (PDF). Instituto de Estudios Altoaragoneses. p. 215. ISBN 978-84-8127-121-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de novembro de 2017. 
  12. Sabaté i Curull, Flocel (2006). Història de Catalunya: Catalunya medieval 2. Esfera dels llibres. p. 264. ISBN 978-84-9734-419-7. 
  13. Sesma Muñoz, José Ángel (2000): La Corona de Aragón, una introducción crítica . Zaragoza: Caja de Ahorros de la Inmaculada de Aragón (CAI). ISBN 84-9530-680-8, páxs. 59-60.
  14. Véxase ao respecto a explicación achegada por Santiago Sobrequés en Els Barons de Catalunya, Ed. Vicens-Vives, 4ª ed., 1989, páxs. 16-17.
  15. Diccionari d'Història de Catalunya, p. 23. Barcelona: Edicions 62, 1998. ISBN 84-2973-521-6.
  16. Cançoner provençal.
  17. Unha explicación sobre a numeración da poesía trobadoresca de acordo co repertorio de Pillet i Carstens encóntrase no artigo Alfred Pillet.
  18. Troubadours. "23. Alphonse d'Aragon - Anfos (mss.: Lo reis n'Anfos, lo reis d'Aragon)". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2017. 
  19. Como sinala Ubieto, o ano 1157 inclúe os meses de xaneiro a marzo do ano 1158 ao que fai referencia o documento.
  20. 20,0 20,1 Ubieto Arteta 1987, pp. 199-202.
  21. Reis de Aragón - Infante don RAMÓN de Aragón en Medieval Lands (en inglés).
  22. Ramon, who became King ALFONSO II Arquivado 05 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en Genealogy (en inglés).
  23. 23,0 23,1 Baptist Alzog, Johannes (1855). Vicente de la Fuente, ed. Historia eclesiástica o adiciones a la historia general de la Iglesia 2. Librería Religiosa. p. 289. 
  24. Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores, Tomus XII, Ex Gestis Comitum Barcinonensium, páx. 379 (en latín).
  25. Carmen Orcastegui Gros Crónica de San Juan de la Peña (Versión aragonesa). Edición critica. Institución «Fernando el Católico». Cuadernos de Historia Jerónimo Zurita, 51-52.
  26. Fernández-Ladreda, Clara (1988). Guía para visitar los santuarios marianos de Navarra. Ediciones Encuentro. p. 74. ISBN 978-84-7490-212-9. 
  27. Pons i Marques, Joan (1938). Cartulari de Poblet: edició del manuscrit de Tarragona. Institut d'Estudis Catalans. p. 19. 
  28. Morgades y Gili, José (1895). "El sepulcro de D. Ramón Berenguer IV, conde de Barcelona". Boletín de la Real Academia de la Historia 26. pp. 477–486. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 12 de novembro de 2017. 
  29. Sobrequés i Callicó, Jaume (2001). Els reis catalans enterrats a Poblet. Publicaciones de la Abadía de Poblet. p. 17. ISBN 8430090282. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Bibliografía en relación coa súa actividade literaria

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar