Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha
A Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha (en castelán: Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha) ou simplemente Xunta de Comunidades, é a institución en que se organiza o autogoberno da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, España.
A Xunta de Comunidades está integrada polas Cortes de Castela-A Mancha, polo presidente da Xunta de Comunidades e polo Consello de Goberno.
Cortes de Castela-A Mancha
editar- Artigo principal: Cortes de Castela-A Mancha.
As Cortes de Castela-A Mancha son a Asemblea Lexislativa da Comunidade Autónoma, á que corresponde a elaboración e aprobación das Leis e a elección e cesamento do Presidente da Xunta de Comunidades.
Presidente da Xunta de Comunidades
editar- Artigo principal: Presidente de Castela-A Mancha.
O Presidente da Xunta de Comunidades é o supremo representante da Comunidade Autónoma e o representante ordinario do Estado na mesma; a súa elección ten lugar polo voto favorable da maioría absoluta do Pleno das Cortes de Castela-A Mancha e o seu nomeamento corresponde ao Rei.
Consello de Goberno
editarO Consello de Goberno é o órgano político e administrativo superior da Comunidade, ao que corresponde o exercicio da potestade regulamentaria e o desempeño da función executiva; está composto polo Presidente da Xunta de Comunidades, que o preside, e polos Conselleiros nomeados por el para facerse cargo das distintas Consellerías.
Tras a última remodelación do Goberno de Castela-A Mancha producida o 5 de xullo de 2015, o Consello de Goberno está formado polos seguintes conselleiros:
Composición do Consello de Goberno da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha - IX Lexislatura | ||
---|---|---|
Consellería | Titular | |
Presidente da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha | Emiliano García-Page Sánchez | |
Vicepresidente do Goberno |
||
Consellería de Economía, Empresas e Emprego |
||
Consellería de Facenda e Administracións Públicas |
||
Consellería de Sanidade |
||
Consellería de Agricultura, Medio Ambiente e Desenvolvemento Rural |
||
Consellería de Educación, Cultura e Deportes |
||
Consellería de Fomento |
||
Consellería de Benestar Social |