Abrir o menú principal

Estatuto de Autonomía de Castela-A Mancha

O Estatuto de Autonomía de Castela-A Mancha é a norma institucional básica da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha (España). O Estatuto de autonomía regula os órganos de autogoberno desta rexión, chamados de forma xenérica como Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha.

A Lei Orgánica 9/1982 de 10 de agosto do Estatuto de Autonomía de Castela-A Mancha foi aprobada polas Cortes Xerais e sancionada polo rei Xoán Carlos I e o presidente do Goberno Leopoldo Calvo Sotelo no Palacio de Marivent (Palma) o 10 de agosto de 1982.

Índice

ReformasEditar

foi reformado en tres ocasións: en 1991, 1994 e 1997 para aumentar as competencias autonómicas e as atribucións do Presidente da Xunta e comprende 54 artigos, organizados en 6 títulos, ademais das disposicións adicionais, transitorias, derogatorias e final.

Proposta de reforma de 2007-2008Editar

O 29 de xaneiro de 2007, o Pleno das Cortes rexionais de Castela-A Mancha aprobou por unanimidade a reforma do Estatuto de Autonomía de Castela-A Mancha. O texto está composto por 170 artigos cos que a Comunidade Autónoma expresa as súas ansias de autogoberno e que inclúe un novo modelo de financiamento e a caducidade, en 2015, do transvasamento Texo-Segura.[1] O 1 de febreiro foi levado a trámite ao Congreso dos Deputados, onde foi defendido polo portavoz do Grupo Socialista nas Cortes rexionais, José Molina, e o deputado autonómico do PP Leandro Esteban.

O 14 de outubro do mesmo ano, o Congreso dos Deputados aprobou o primeiro trámite para a tramitación da reforma por 315 votos a favor, 3 en contra e ningunha abstención.[2][3]

NotasEditar

Véxase taménEditar