Albacete
Albacete é unha cidade española situada ao sueste da Meseta Central, concretamente na rexión histórica da Mancha, aínda que actualmente situada dentro da comarca dos Llanos de Albacete, da que é o seu único municipio. É a capital da provincia de Albacete, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha, e sede do Tribunal Superior de Xustiza da devandita comunidade autónoma.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
Provincia | provincia de Albacete | ||||
Capital de | |||||
Capital | Albacete (pt) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 173.206 (2023) (153,84 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.125.910.000 m² | ||||
Altitude | 686 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Xoán o Bautista e Virgin of Los Llanos (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 02001–02009, 02512, 02071, 02099, 02140, 02155, 02328 e 02511 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 967 | ||||
Código INE | 02003 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Vienne Reconquista (pt) Nanchang (pt) Houndé La Lisa San Carlos (pt) Bir Gandus (pt) Posadas Neath Port Talbot (pt) (1996–2015) Udine (2002–) | ||||
Páxina web | albacete.es | ||||
Albacete, cos seus 166.909 habitantes (212.599 no área de atracción metropolitana), segundo datos do INE de 2008, é a maior cidade en número de habitantes de toda Castela-A Mancha.
As orixes da cidade son incertos, aínda que as primeiras certezas da súa existencia se atopan durante o dominio andalusí da zona. Foi chamada a cidade orixinalmente Al-Basit, en árabe "A Chaira", en alusión ao carácter chairo da xeografía do lugar.
Demografía
editar- Fonte: INE (Wikipedia DE)
1842 | 1857 | 1860 | 1877 | 1887 | 1897 | 1900 | 1910 | 1920 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
13.143 | 16.607 | 17.088 | 18.591 | 20.671 | 21.449 | 21.373 | 24.981 | 32.163 |
1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2008 |
41.889 | 60.038 | 69.504 | 72.597 | 93.062 | 116.484 | 130.023 | 148.934 | 166.909 |
Monumentos e lugares de interese
editarO patrimonio monumental de Albacete, salvo escasas excepcións, non sobresae pola súa antigüidade ou espectacularidade, e ademais foi moi danado coa construción de novos bloques de vivendas durante a segunda metade do século XX. No entanto, destacan os seguintes edificios e lugares:
- Museos da cidade
- Biblioteca Municipal Depósitos do Sol
- Parque de Abelardo Sánchez
- IES Bacharel Sabuco
- Conxunto arquitectónico da praza de Gabriel Lodares, rúa Ancha e praza do Altozano
- Pasaxe de Lodares
- Pousada do Rosario
- Palacio da Deputación
- Teatro Circo
- Fábrica de Fariñas
- Catedral de San Xoán Bautista
- Concello
- Centro Cultural da Asunción
- Casa Perona
- Praza de touros
- Recinto feiral
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albacete |