Pedro I de Castela

Pedro I de Castela, o Cruel ou o Xusticeiro, nado en Burgos en 1334 e finado en Montiel, Cidade Real, en 1369, foi rei de Castela e León entre o 26 de marzo de 1350, pouco antes de facer os 16 anos, até a súa morte en 1369. A finais do seu reinado ostentaba os títulos de rei de Castela, Toledo, León, Galiza, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, o Algarve, Alxeciras e señor de Biscaia e de Molina.[1]

Pedro
Escultura de alabastro de Pedro I, 1504.
Rei da coroa de Castela
1350–1366 / 1367-1369
PredecesorAfonso XI
SucesorHenrique II de Trastámara
Rei de Galiza
1350–1369
PredecesorAfonso XI
SucesorFernando I de Portugal

Nacemento30 de agosto de 1334
Burgos, Castela
Falecemento23 de marzo de 1369
Montiel, Toledo
Cónxuxe/sBranca de Borbón
Xoana de Castro
DescendenciaCostanza, duquesa de Lancaster
Sabela, duquesa de York
ProxenitoresAfonso XI de Castela
María de Portugal

Na rede
WikiTree: Castilla-79 Find a Grave: 95257735 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Orixes familiares editar

Segundo fillo de Afonso XI de Castela e a súa segunda esposa María de Portugal. Nada máis nacer foi nomeado herdeiro do reino tras a morte, un ano antes do seu nacemento, do seu irmán máis vello o infante Fernando de Castela.

Guerra civil editar

O inicio do seu reinado estivo marcado pola debilidade do poder real ante os diversos fillos que o seu pai Afonso XI tivera con Elionor de Guzmán; os infantes de Aragón, curmáns do rei; e pola súa propia nai. En 1354 sufriu unha revolta iniciada polo seu medio irmán Henrique de Trastámara e debeu fuxir a Francia. En 1366 pero co apoio da Coroa de Aragón e da propia Francia volveu a Castela a facerse novamente co poder. Isto propiciou o inicio da Guerra Civil castelá entre os dous irmáns polo poder real. A medida que Pedro ía conquistando cidades foi executando os sublevados, motivo polo cal o denominaron o Cruel.

Casamento editar

Casou en 1351 en Francia e despois en Valladolid o 3 de xuño de 1353 con Branca de Bourbon (1339-1361), envelenada en Medina Sidonia, 2ª filla de Sabela de Valois (1313-1383) (filla de Matilde de Chatillon, condesa de St-Pol e de Carlos I de Valois e, por tanto neta de Filipe III de Francia e de Sabela de Aragón) e de Pedro I, duque de Bourbon (1312-1356). Era irmá xemelga da Raíña Xoana de Bourbon, esposa de Carlos V de Francia. Non tiveron descendencia.

Branca trouxo un dote de 300 mil floríns de ouro. O seu séquito, comandado polo vizconde de Narbona, chegou a Valladolid en 25 de febreiro de 1353, mais Pedro estaba en Torrijos, con María de Padilla a piques de parir. En 3 de xuño tivo lugar a cerimonia da voda, apadriñada por Juan Afonso de Albuquerque e Leonor de Aragón. Tres días máis tarde, o rei volveu para Puebla de Montalbán, onde o esperaba María de Padilla. Houbo despois unha reconciliación de breves días en Valladolid, Pedro partiu para Olmedo e non volvería ver á súa esposa. María de Portugal levou a nora para Tordesillas e despois para Medina del Campo, mais o marido fíxoa encerrar en Arévalo e no alcázar de Toledo. Juan Nuñez del Prado e Juan Afonso de Albuquerque éranlle simpáticos. O partido político adverso a Pedro explotou o traxe de que el, secretamente, mentres Branca vivía, casou con María de Padilla. Beltrán de la Sierra, nuncio do papa, intimou o rei a retomar Branca, así como esixiu súa tía Leonor de Aragón. O rei non obstante a mantivo presa, levándoa de Sigüenza para Xerez da Fronteira e para Medina Sidonia e alí ela foi asasinada polo besteiro Xoán Perez de Rebolledo. Con iso alienou Carlos V de Francia, cuxa muller era xemelga de Branca, e deu pretexto á intervención de Francia (du Guesclin) en favor do bastardo Henrique de Trastámara, futuro rei.

Casou despois secretamente coa súa amante María de Padilla (1335- 1361 en Sevilla) - Branca aínda vivía. Era filla de Xoán Garcez de Padilla, en 1355 señor de Villagera, e de Maria de Henestrona. A desgraza do rei foi esta paixón. A amante, de familia nobilísima, tivo del cinco fillos até a peste de 1361, que a levou, semanas despois do asasinato da raíña.

En 1354, casou en Cuéllar, mentres aínda vivían as dúas esposas, con D. Xoana de Castro, señora de Ponferrada (1325), morta en 1374 en Galicia, que era viúva de Diego de Haro, señor de Biscaia, e filla de D. Sabela Ponce de Asturias e de Pedro Fernandes de Castro, o da Guerra, cabaleiro do reino de Galiza, señor de Lemos e, por tanto, media-irmá de Inés de Castro, amante e despois esposa de Pedro I de Portugal, e por tanto, tía de Pedro I de Castela.

Notas editar

Véxase tamén editar

  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Dos Borgoña á monarquía de Trastámara. Os tempos de Pedro I e Henrique II.
(Nós Diario, 24.10.2022)

Bibliografía editar


Pedro I de Castela
Nacemento: 30 de agosto de 1334 Falecemento: 23 de marzo 1369


Títulos Reais
Precedido por
Afonso XI


Rei de Castela, Toledo, León, Sevilla,
Murcia, Córdoba, Xaén e de Alxeciras

1350–1369
Sucedido  por
Henrique II de Trastámara
Rei de Galiza
1350–1369
Sucedido  por
Fernando I de Portugal