Carlos V de Francia
Carlos V o Sabio, en francés Charles V le Sage, nado en Vincennes o 21 de xaneiro de 1338 e finado en Nogent-sur-Marne o 16 de setembro de 1380, foi un rei francés.
Carlos V de Francia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de xaneiro de 1338 |
Lugar de nacemento | Vincennes |
Falecemento | 16 de setembro de 1380 |
Lugar de falecemento | París |
Causa | doenza infecciosa |
Soterrado | Basílica de Saint-Denis |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | monarca e político |
Pai | Xoán II de Francia |
Nai | Bona de Luxemburgo |
Cónxuxe | Joana de Bourbon |
Fillos | Carlos VI de Francia, Luís de Valois, Duque d'Orleães, Catherine of Valois, Countess of Montpensier, Marie of Valois, Isabelle of Valois, Oudard d'Attainville e Jean de France |
Irmáns | Isabel de França, Condessa de Vertus, Xoana de Valois, raíña de Navarra, Maria de França, Duquesa de Bar, Filipe II, Duque da Borgonha, João, Duque de Berry e Luís I de Provenza |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo primoxénito de Xoán II de Francia foi o terceiro rei da dinastía Valois. En 1355 foi investido como duque de Normandía e delfín de Francia, sendo coroado rei en 1364. Ao ano seguinte apoiou a sublevación de Henrique de Trastámara contra o rei de Castela Pedro I, quen obtivo os apoios da nobreza galega e do príncipe inglés Eduardo de Woodstock, alcumado o Príncipe Negro. Deu comezo unha guerra civil, coa vitoria final de Henrique e o rei francés.
Continou tamén coa Guerra dos Cen Anos contra os ingleses. Durante o seu reinado Avignon deixou de ser sede pontificia e o papa Gregorio XI reinstaurou Roma como tal en 1377. Ao ano seguinte Gregorio faleceu e Carlos aceptou como novo papa a Urbano VI. Porén, os cardenais escolleron a Clemente VII, coñecido como o Antipapa Clemente VII. O monarca francés acabou apoiando a Urbano, quen lle prometera levar de novo a sede a Avignon.