Carlos VI de Francia
Carlos VI de Francia, o Amado ou o Tolo, nado en París en 1368 e finado no mesmo sitio en 1422, foi rei de Francia (1380 - 1422).
Carlos VI de Francia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de decembro de 1368 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 21 de outubro de 1422 |
Lugar de falecemento | París |
Causa | malaria |
Soterrado | Basílica de Saint-Denis |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | cristianismo e Cristianismo Ocidental |
Ocupación | monarca |
Pai | Carlos V de Francia |
Nai | Joana de Bourbon |
Cónxuxe | Isabel de Baviera (raíña de Francia) |
Fillos | Isabel de Valois, Joana de França, Maria de Valois, Micaela de Valois, Luís, Delfim de França, João, Catarina de Valois, Carlos VII de Francia, Charles de France, Charles, Dauphin of France, Marguerite, bâtarde de France e Philippe de Valois |
Irmáns | Catherine of Valois, Countess of Montpensier e Luís de Valois, Duque d'Orleães |
Premios | Rosa de Ouro |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Orixes familiares Editar
Quinto fillo do rei Carlos V de Francia e da súa muller Xoana de Borbón, naceu na corte francesa de París o 3 de decembro de 1368. Por liña paterna era neto de Xoán II de Francia e de Bona de Luxemburgo, e por liña materna do duque Pedro I de Borbón e Isabel de Valois.
Matrimonio e descendentes Editar
O 17 de xullo de 1385 casou con Isabel de Baviera, filla de Estevo III de Baviera e Taddea Visconti en Amiens. Desta unión naceron:
- O príncipe Carlos de Francia (1386), delfín de Vienés.
- A princesa Xoana de Francia (1388 - 1390).
- A princesa Isabel de Valois (1389 - 1409), casou en 1396 con Ricardo II de Inglaterra e en 1406 co duque Carlos I de Orleáns.
- A princesa Xoana de Valois (1391 - 1433), casou en 1397 co duque Xoán V da Bretaña.
- O príncipe Carlos de Francia (1392 - 1401), delfín de Vienés.
- A princesa María de Francia (1393 - 1438), abadesa.
- A princesa Micaela de Valois (1395 - 1422), casou en 1409 co duque Filipe III de Borgoña.
- O príncipe Luís de Valois (1397 - 1415), Delfín de Vienés.
- O príncipe Xoán de Torena (1398 - 1417), delfín do Vienés, casou en 1415 coa condesa Jacqueline de Hainault.
- A princesa Catarina de Valois (1401 - 1437), casou en 1420 con Henrique V de Inglaterra e en 1429 con Owen Tudor.
- O príncipe Carlos VII de Francia (1403 - 1461), rei de Francia.
- O príncipe Filipe de Valois (1407).
Ascenso á coroa Editar
Á morte do seu pai en 1380, foi coroado como rei na catedral de Reims aos 12 anos. Do mesmo xeito que o seu pai, o inicio do reinado emprendeuno con enerxía. A súa minoría de idade comportou loitas internas francesas polo poder entre os seus parentes, os duques de Anjou, Borgoña, Berry e Borbón. En 1388 coa axuda do seu irmán Luís I de Orleáns eludiu a rexencia do seu tío, o duque Filipe II de Borgoña.
En 1392 sufriu un grave ataque de demencia, enfermidade xa amosada pola súa nai e os seus antepasados maternos, polo que caeu baixo o poder do seu irmán Luís I de Orleáns e do tío Filipe II de Borgoña.
Luís de Orleáns foi asasinado en 1407 por orde de Xoán I de Borgoña, fillo de Filipe II de Borgoña, ao que sucedera en 1404. Dende ese momento toda Francia dividíase en dous partidos: os Armagnac, os partidarios do duque de Orleáns e os borgoñóns, partidarios do duque de Borgoña.
Guerra dos Cen Anos Editar
O rei Henrique V de Inglaterra, casado coa irmá de Carlos VI, aliouse cos Borgoñóns e continuou a Guerra dos Cen Anos. O 25 de outubro de 1415 derrotou ao exército francés na batalla de Azincourt. En 1420 no Tratado de Troyes Carlos VI foi obrigado a aceptar a Henrique V como o seu sucesor, desherdando aos seus fillos e recoñecéndoos como ilexítimos.
O 22 de outubro de 1422 Carlos VI faleceu mentres Henrique V de Inglaterra morreu dous meses antes. A partir de entón, Henrique VI de Inglaterra e Carlos VII de Francia foron proclamados reis. A axuda de Xoana de Arco permitirá que o delfín Carlos VII fose coroado rei o 17 de xullo de 1429.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos VI de Francia |
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Famiglietti, R.C., Royal Intrigue: Crisis at the Court of Charles VI, 1392–1420, Nova York; AMS Press, 1986.
- Famiglietti, R.C., Tales of the Marriage Bed from Medieval France (1300–1500), Providence; Picardy Press, 1992.
- Potter, Philip J., Kings of the Seine: The French Rulers from Pippin III to Jacques Chirac, 2006, PublishAmerica, Baltimore, isbn 978-1-4137-8857-0.